Saltar ao contido

Enrique Sáez Ponte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEnrique Sáez Ponte
Biografía
Nacemento1947 Editar o valor en Wikidata (76/77 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1066089 Dialnet: 3153841

Enrique Sáez Ponte, nado na Coruña en 1947 é un economista e escritor galego.

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Economía e Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, ten feito un máster de administración e negocios no IESE de Barcelona. Profesional da empresa privada, traballou durante trinta anos no Banco Pastor, onde ocupou postos de alta dirección nos derradeiros catorce. Asistiu a cursos de especialización na Universidade do Noroeste de Chicago e na Universidade de Cambridge, no Reino Unido. Na Universidade Menéndez y Pelayo dirixiu un curso sobre temas financeiros e colaborou noutros sobre economía internacional. Desde o 2003 é empresario e ocupa cargos de administrador en varias sociedades.

Especialista na análise económica do desenvolvemento, da organización dos estados modernos e da situación de Galiza, intervén decote en actividades de ensino universitario.

Labor social

[editar | editar a fonte]

É presidente da Fundación Juana de Vega, patrón do Museo do Pobo Galego, da Fundación Via Galego e membro do consello asesor do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI). Desde 2009 preside a Unión de Alamcenistas de Hierros de España e forma parte, desde o 2011, da Xunta Directiva da Plataforma Multisectorial contra la Morosidad.

Obra en galego

[editar | editar a fonte]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]

Obra en castelán

[editar | editar a fonte]
  • La energía oscura del dinero.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]