Enrique Taboada Chas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1870 A Coruña, España |
Morte | 18 de decembro de 1933 (62/63 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista |
Enrique Taboada Chas, nado na Coruña en 1870 e finado na mesma cidade o 18 de decembro de 1933[1], foi un sindicalista e militante anarquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou como augadeiro na cadea da Coruña, e foi fundador e presidente da sociedade de resistencia do seu oficio, polo que foi encadeado en 1901. Formou parte das directivas de Germinal e da coral Unión y Libertad. Rexentou o quiosque El Sol para a venda da produción editorial libertaria e desempeñou diversos oficios. Traballou como camareiro marítimo nos buques da Mala Real Inglesa e foi directivo da Sociedad de Camareros y Cocineros Marítimos La Cosmopolita. Promoveu a Biblioteca El Sol, a La Internacional e a Biblioteca Aurora nas que editou folletos de diversos autores. Fundou o periódico Cultura Libertaria. Foi sometido a Consello de guerra pola folga xeral de 1917. Continuou colaborando con Solidaridad Obrera e co Ateneo Libertario Nueva era, do que foi fundador.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Dolores Sánchez Pérez.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 19-12-1933, p. 5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). Positivas, ed. O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela. p. 254. ISBN 84-87783-79-1.