Ensalada grega
Ensalada grega | |
Un prato de ensalada grega | |
Orixe | Grecia |
Unha ensalada grega (en grego: χωριάτικη σαλάτα) é aquela ensalada tradicional elaborada en Grecia cos ingredientes característicos deste lugar.
Ingredientes
[editar | editar a fonte]A ensalada xenuinamente grega está elaborada de tomate, cogombro, pemento e cebola vermella, todo iso con sal, pementa negra e ourego, aliñada con aceite de oliva. Tamén se lle engaden anacos de queixo feta, alcaparras e olivas kalamata. A leituga non é un ingrediente propio da ensalada grega. Existe unha variante de ensalada grega que se denomina μαρούλι ("leituga") que consiste en leituga, cebola do monte e aneto fresco, adubado con aceite de oliva e vinagre ou zume de limón.
Outros usos
[editar | editar a fonte]O termo "ensalada grega" emprégase comunmente en Estados Unidos, Australia, Suráfrica e Reino Unido para referirse á ensalada de leituga que posúe os ingredientes gregos.