Saltar ao contido

Enseada de Sydney

Modelo:Xeografía físicaEnseada de Sydney
Imaxe
TipoEnseada Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaNova Gales do Sur, Australia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 33°51′31″S 151°12′42″L / -33.858611111111, 151.21166666667
Afluentes
Características
Altitude13 m Editar o valor en Wikidata
Vista cara a 1930.

A enseada de Sydney (en inglés: Sydney Cove) é unha pequena enseada na beira sur da Baía de Jackson, comunmente coñecida, aínda que incorrectamente, como a Baía de Sydney, na costa do estado de Nova Gales do Sur na Australia.

Esta pequena cala foi o lugar escollido polo capitán Arthur Phillip para fundar, o 26 de xaneiro de 1788, a colonia penal británica que agora é a cidade de Sydney. Nomeouna con este nome en honra de Thomas Townshend, Lord Sydney, o ministro do interior británico e a persoa que autorizou o estabelecemento do asentamento.

As instrucións do capitán eran estabelecer o asentamento na Baía de Botany, outra baía grande ao sur da Baía de Jackson, mais como non había boas fontes de auga doce e tampouco un lugar seguro no que poder aportar, navegou cara ao norte achando as condicións ideais nesta pequena enseada. A Cala de Sydney oferecía ambas cousas, un lugar profundo e resguardado no que aportar e un regato de auga fresca que pronto sería coñecido como Tank Stream.

Hoxe en día,[cando?] a zona está completamente urbanizada. O brazo esquerdo, que era onde estaba o regato, está baixo as rúas do distrito financeiro de Centro de Sydney, a parte central está ocupada pola terminal do transbordador de Circular Quay e o brazo dereito está baixo a Casa da Ópera.