Entalladura
Aparencia
Chámase entalladura ou entalla[1] a toda pedra dura gravada en oco, especialmente a empregada como selo. As pedras finas que se empregan para tales efectos adoitan ser ágatas, cornalinas, esmeraldas, ametistas, granates e lapislázuli.
A arte de producir camafeos e outros obxectos semellantes coma entalles chámase glíptica (do grego glypho, 'gravar') e é un xeito especial da arte da escultura. As producións da glíptica serviron desde os tempos máis remotos da Historia para realizar selos, artigos de ornamentación e obxectos piadosos ou propios da superstición.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para entalla.