Saltar ao contido

Enterococcus resistente á vancomicina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Enterococo resistente á vancomicina»)
Micrografía electrónica de varrido duns enterococos resistentes á vancomicina

Os Enterococcus resistentes á vancomicina (ERV ou VRE, do inglés vancomycin-resistant Enterococcus) son cepas bacterianas pertencentes ao xénero Enterococcus que son resistentes ao antibiótico vancomicina.[1]

Mecanismo de adquisición da resistencia

[editar | editar a fonte]
Vancomicina

Os enterococos mostran seis tipos de resistencia á vancomicina, que son: Van-A, Van-B, Van-C, Van-D, Van-E e Van-G.[2] Os VRE Van-A son resistentes á vancomicina e á teicoplanina,[3] os VRE Van-B son resistentes á vancomicina pero susceptibles á teicoplanina,[4][5] e os VRE Van-C son resistentes só en parte á vancomicina.

O mecanismo de resistencia á vancomicina encontrado en enterococos implica a alteración da vía de síntese do peptidoglicano da parede celular.[6] A variación D-alanil-D-lactato orixina a perda dun enlace de hidróxeno entre a vancomicina e o péptido (ten catro en vez dos cinco que hai con D-alanil-D-alanina). A variación D-alanil-D-serina causa a perda de afinidade (á sexta parte) entre a vancomicina e o péptido, probablemente debido a impedimentos estéricos.[7][8]

Diagnóstico e proba de detección

[editar | editar a fonte]

Unha vez que unha persoa ten unha infección por enterococo resistente vancomicina é importante saber que cepa ten.[9]

A proba ou screening de detección e identificación de enterococos resistentes á vancomicina pode realizarse de diversas maneiras. Para inocular unha mostra perirrectal/anal ou espécimes de feces directamente, un método utiliza placas de ágar de bile esculina azida que conteñen 6 µg/ml de vancomicina. As colonias negras deberían identificarse como un enterococo a nivel de especie e posteriormente confirmalo como resistente á vancomicina por un método MIC (concentración inhibitoria mínima).[10]

A resistencia á vancomicina pode determinarse para colonias de enterococos en cultivo puro inoculando unha suspensión do organismo nunha infusión BHIA de placa de agar de corazón cerebro comercial que contén 6 µg/ml de vancomicina. O National Committee for Clinical Laboratory Standards (NCCLS) dos Estados Unidos recomenda realizar unha proba MIC de vancomicina e tamén probas de motilidade e de produción de pigmento para distinguir as especies con resistencia adquirida (vanA e vanB) das que teñen vanC con resistencia intrínseca.[10]

Tratamento de infeccións

[editar | editar a fonte]
Linezolid

O uso de cefalosporina é un factor de risco para a colonización e infección por VRE, e a restrición do uso de cefalosporina foi asociado cunha diminución da infección por VRE e a transmisión nos hospitais.[11] Lactobacillus rhamnosus GG (LGG), que é unha cepa de L. rhamnosus, utilizouse con éxito por primeira vez para tratar a portadores de VRE gastrointestinal.[12] Nalgúns países, como EUA, utilízase comunmente linezolid para tratar as infeccións por VRE.[13]

Para converterse en resistentes á vancomicina, os enterococos sensibles á vancomicina obteñen tipicamente novo ADN en forma de plásmidos ou transposóns, que codifican xenes que confiren resistencia á vancomicina.[14] Esta resistencia á vancomicina adquirida distínguese da resistencia natural á vancomicina de certas especies de enterococos como o E. gallinarum e E. casseliflavus.[15]

Os Enterococcus faecium e E. faecalis resistentes á vancomicina de alto nivel son illamentos clínicos que foron atopados na década de 1980.[16] Nos Estados Unidos, o E. faecium resistente á vancomicina foi asociado cun 4% das infeccións asociadas a centros sanitarios informadas á Rede de Seguridade Sanitaria Nacional dos CDC dos Estados Unidos desde xaneiro de 2006 a outubro de 2007.[17] Os VRE poden ser portados por persoas con boa saúde que estiveron en contacto coa bacteria, xeralmente nun centro hospitalario[18] (infección nosocomial),[19] aínda que se cre que unha porcentaxe significativa de polos criados intensivamente en granxas avícolas son tamén portadores de VRE.[20] Noutras rexións do mundo atopouse unha distribución similar, pero cun aumento da incidencia de VRE. Por exemplo, un estudo de 2006 de VRE nosocomial revelou un rápido espallamento da resistencia entre os enterococos xunto cunha emerxencia da distribución de VRE na rexión de Oriente Próximo, en países como Irán. Os fallos no tratamento en infeccións enterocócicas é o resultado dunha información inadecuada en canto á resistencia ao glicopéptido dos enterococos endémicos debido a factores como a presenza de VanA e VanB. O estudo de Irán informou o primeiro caso de illamentos de VRE que levaban o xene VanB en cepas de enterococos en Irán. Este estudo tamén informou do primeiro illamento nosocomial de E. raffinosus e E. mundtii na rexión de Oriente Próximo.[21]

  1. "Vancomycin-resistant Enterococci (VRE) in Healthcare Settings". VRE in Healthcare Settings - HAI. CDC. Consultado o 2015-06-09. 
  2. Fong, I. W.; Drlica, Karl (2007-11-15). Antimicrobial Resistance and Implications for the 21st Century. Springer Science & Business Media. ISBN 9780387724188. 
  3. Mendez-Vilas, A. (2011). Science and Technology Against Microbial Pathogens: Research, Development and Evaluation, Proceedings of the International Conference on Antimicrobial Research (ICAR2010), Valladolid, Spain 3 - 5 November 2010. World Scientific. ISBN 9789814354868. 
  4. Ahmad, Iqbal; Aqil, Farrukh (2008-11-21). New Strategies Combating Bacterial Infection. John Wiley & Sons. ISBN 9783527622948. 
  5. Grayson, M. Lindsay; Crowe, Suzanne M.; McCarthy, James S.; Mills, John; Mouton, Johan W.; Norrby, S. Ragnar; Paterson, David L.; Pfaller, Michael A. (2010-10-29). Kucers' The Use of Antibiotics Sixth Edition: A Clinical Review of Antibacterial, Antifungal and Antiviral Drugs. CRC Press. ISBN 9781444147520. 
  6. "Figure 4 : The rise of the Enterococcus: beyond vancomycin resistance : Nature Reviews Microbiology". www.nature.com. Consultado o 2015-06-09. 
  7. Meziane-Cherif, Djalal; Saul, Frederick A.; Haouz, Ahmed; Courvalin, Patrice (2012). "Structural and Functional Characterization of VanG d-Ala:d-Ser Ligase Associated with Vancomycin Resistance in Enterococcus faecalis". The Journal of Biological Chemistry 287 (45): 37583–37592. ISSN 0021-9258. PMC 3488035. PMID 22969085. doi:10.1074/jbc.M112.405522. 
  8. Coates, Anthony R. M. (2012-08-31). Antibiotic Resistance. Springer Science & Business Media. ISBN 9783642289507. 
  9. "Vancomycin-Resistant Enterococci (VRE) Diagnosis | NIH: National Institute of Allergy and Infectious Diseases". www.niaid.nih.gov (en inglés). Consultado o 2017-03-24. 
  10. 10,0 10,1 "Vancomycin-resistant Enterococci (VRE) and the Clinical Laboratory" (en inglés). Centers for Disease Control and Prevention. Consultado o 21 de maio de 2017.  Este artigo incorpora texto dos CDC en dominio público
  11. McKinnell, James A.; Kunz, Danielle F.; Chamot, Eric; Patel, Mukesh; Shirley, Rhett M.; Moser, Stephen A.; Baddley, John W.; Pappas, Peter G.; Miller, Loren G. (2012). "Association of Vancomycin-Resistant Enterococcus Bacteremia and Ceftriaxone Usage". Infection Control and Hospital Epidemiology 33 (7): 718–724. ISSN 0899-823X. PMC 3879097. PMID 22669234. doi:10.1086/666331. 
  12. Phoenix, David A.; Harris, Frederick; Dennison, Sarah R. (2014-08-25). Novel Antimicrobial Agents and Strategies. John Wiley & Sons. ISBN 9783527676156. 
  13. Balli, Eleni P.; Venetis, Chris A.; Miyakis, Spiros (2014). "Systematic Review and Meta-Analysis of Linezolid versus Daptomycin for Treatment of Vancomycin-Resistant Enterococcal Bacteremia". Antimicrobial Agents and Chemotherapy 58 (2): 734–739. ISSN 0066-4804. PMC 3910884. PMID 24247127. doi:10.1128/AAC.01289-13. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2017. Consultado o 19 de novembro de 2017. 
  14. Gould, Dinah; Brooker, Christine (2008-08-20). Infection Prevention and Control: Applied Microbiology for Healthcare. Palgrave Macmillan. ISBN 9781137045928. [Ligazón morta]
  15. "VRE and the Clinical Laboratory - HAI". Healthcare-associated Infections. CDC. Consultado o 2015-06-09. 
  16. Robinson, D. Ashley; Feil, Edward J.; Falush, Daniel (2010-03-16). Bacterial Population Genetics in Infectious Disease. John Wiley & Sons. ISBN 9780470600115. 
  17. Hidron AI, Edwards JR, Patel J, et al. (novembro de 2008). "NHSN annual update: antimicrobial-resistant pathogens associated with healthcare-associated infections: annual summary of data reported to the National Healthcare Safety Network at the Centers for Disease Control and Prevention, 2006-2007". Infect Control Hosp Epidemiol 29 (11): 996–1011. PMID 18947320. doi:10.1086/591861. 
  18. "Diseases and Organisms in Healthcare Settings". Healthcare-associated Infections (HAIs). CDC. Consultado o 2015-06-09. 
  19. Kouchak, Farideh; Askarian, Mehrdad (2012). "Nosocomial Infections: The Definition Criteria". Iranian Journal of Medical Sciences 37 (2): 72–73. PMC 3470069. PMID 23115435. 
  20. Nilsson, Oskar (2012). "Vancomycin resistant enterococci in farm animals – occurrence and importance". Infection Ecology & Epidemiology 2. PMC 3426332. PMID 22957131. doi:10.3402/iee.v2i0.16959. 
  21. Fathollahzadeh, Bahram; Hashemi, Farhad B.; Emaneini, Mohammad; Aligholi, Marzieh; Nakhjavani, Farrokh A. (2006). "Frequency of Vancomycin-Resistant Enterococci from Three Hospitals in Iran". Daru 14 (3): 141–146. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 2015-12-30. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros rtigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]