Antibiótico
Un antibiótico (do grego αντί - anti, "en contra" + - biotikos, "dado á vida"[1][2]) é un composto químico producido por un ser vivo ou derivado sintético, que mata ou impide o crecemento de certas clases de microorganismos sensibles, xeralmente bacterias, pero non exclusivamente. Os que só actúan contra bacterias chámanse antibacterianos. Os antibióticos utilízanse en medicina humana, veterinaria e horticultura para tratar infeccións provocadas por xermes. Normalmente os antibióticos presentan toxicidade selectiva, que é moi superior para os organismos invasores que para os animais ou os seres humanos que os hospedan,[3] aínda que ocasionalmente pode producirse unha reacción adversa, como afectar á flora bacteriana normal do organismo ou outros efectos secundarios. Os antibióticos xeralmente axudan ás defensas dun individuo ata que as respostas locais sexan dabondo para controlar a infección.[4] Un antibiótico é bacteriostático se impide o crecemento dos xermes, e bactericida se os destrúe, pero pode xerar tamén ambos os efectos, segundo os casos.[5]
En termos estritos ou históricos, un antibiótico é unha substancia segregada por un microorganismo, que ten a capacidade de afectar a outros microorganismos. O termo antibiótico foi utilizado por primeira vez por Selman Waksman en 1942 para describir certas «influencias antibióticas», é dicir, aquelas formulacións antagonistas ao crecemento de microorganismos e que derivan doutros organismos vivos.[6] Esa definición exclúe a aquelas substancias naturais, como o zume gástrico ou o peróxido de hidróxeno, que poden matar a un microorganismo paro que non son producidas por outros microorganismos. Na actualidade a definición de antibiótico está sendo usada para incluír aos antimicrobianos sintéticos ou quimioterapéuticos antimicrobianos como as quinolonas, sulfamidas e outros axentes antimicrobianos derivados de produtos naturais e aqueles con propiedades antibióticas descubertas empiricamente.[6]
Moitos antibióticos son compostos de masa molecular relativamente pequena de menos de 2000 Da. Cos avances na química farmacéutica a maioría dos antibióticos actuais son quimicamente modificacións semisintéticas de diversos compostos naturais.[7] Estes inclúen, por exemplo, os beta-lactámicos, como as penicilinas (producidas por fungos e despois modificadas no laboratorio), as cefalosporinas, e os carbapenems. Compostos que aínda se obteñen illándoos de organismos vivos son os aminoglicósidos. Outros son resultado exclusivamente de síntese química no laboratorio, como as sulfonamidas, as quinolonas, e as oxazolidinonas. Por tanto, estes produtos poden clasificarse de acordo coa súa orixe química en naturais, semisintéticos, e sintéticos.
O obxectivo do tratamento con antibióticos é a erradicación do microorganismo patóxeno. Para isto cómpre seguir unha posoloxía (doses) que consiga que no foco da infección se acade unha concentración do medicamento superior á mínima concentración capaz de inhibir ao microorganismo[8] durante o tempo suficiente. A automedicación con antibióticos supón un serio problema de saúde pública, porque a elección inadecuada do antibiótico e, especialmente, unha incorrecta posoloxía, pode xerar poboacións de bacterias resistentes a dito antibiótico. Por outro lado, os antibióticos e antimicrobianos son totalmente ineficaces nas enfermidades virais, polo que o seu uso debe evitarse neses casos.[9]
Historia
[editar | editar a fonte]A pesar de que os potentes compostos antibióticos para o tratamento de doenzas humanas causadas por bacterias, tales como a tuberculose, peste bubónica ou a lepra, non se illaron e identificaron ata o século XX, o uso máis remoto dos antibióticos tivo lugar en China hai máis de 2500 anos.[10] Sabíase entón que a aplicación da callada balorenta da soia sobre certas infeccións tiña beneficios terapéuticos.
Moitas outras culturas antigas, entre elas a dos antigos exipcios e gregos usaban mofos e certas plantas para o tratamento de infeccións debido a que contiñan antibióticos (aínda que non os coñeceran como tales). Este fenómeno recibe o nome de antibiose.[11] O principio de antibiose foi descrito en 1877 cando Louis Pasteur e Robert Koch observaron que un bacilo procedente do aire podía inhibir o crecemento da bacteria Bacillus anthracis.[12]
O primeiro antibiótico descuberto foi a penicilina. O primeiro que traballou con este produto, en 1897 foi Ernest Duchesne en Francia, cando traballaba con fungos do xénero Penicillium, aínda que o seu traballo non recibiu a atención da comunidade científica, e a penicilina non chegaría a ser coñecida ata os traballos de Fleming. A investigación no eido da terapéutica antibacteriana moderna comezou en Alemaña co desenvolvemento do primeiro composto sintético con actividade antibacteriana de curto espectro, o Salvarsan (arsfenamina) por Paul Ehrlich en 1909. En realidade é un composto sintetizado no laboratorio, polo que non é un produto natural feito por microorganismos (que é a definición orixinal e máis estrita de antibiótico).[3] Ese descubrimento permitiu o tratamento efectivo da sífilis, que era un gran problema de saúde pública na época.[13] Ese medicamento, efectivo tamén para combater outras infeccións por espiroquetas, xa non se emprega no presente.
Máis adiante Alexander Fleming (1881-1955), un médico británico, estaba cultivando unha bacteria (Staphylococcus aureus) nunha placa de ágar, a cal foi contaminada accidentalmente por esporas de mofos. Fleming decatouse de que o medio de cultivo arredor do mofo estaba libre de bacterias, e comezou a investigar cal era a causa. Fleming xa traballara previamente nas propiedades antibacterianas do encima lisozima, e grazas a iso puido facer unha interpretación correcta do que viu: o fungo estaba segregando algo que inhibía o crecemento da bacteria. Aínda que non puido purificar o material obtido (o anel principal da molécula non era estable cos métodos de purificación que utilizou), publicou o seu descubrimento. Debido a que o fungo era do xénero Penicillium (concretamente P. notatum), denominou ao produto penicilina.
Máis de 10 anos despois, Ernst Boris Chain e Howard Walter Florey continuaron os traballos de Fleming e produciron unha forma purificada da penicilina. Un antigo alumno de Fleming, Cecil George Paine, realizou as primeiras experiencias clínicas con penicilina en neonatos con oftalmía neonatal conseguindo o éxito en 1930.[14] Paine non publicou estes resultados, cousa que si fixeron Chain e Florey máis adiante. Os tres investigadores, Fleming, Chain e Florey, compartiron o premio Nobel de Medicina en 1945. En 1939, René Dubos illou a gramicidina, un dos primeiros antibióticos usados fabricados comercialmente e indicado no tratamento de feridas e úlceras.[15] Debido á necesidade imperiosa de tratar as infeccións provocadas por feridas durante a segunda guerra mundial, investíronse moitos recursos en investigar e purificar a penicilina, e un equipo liderado por Howard Florey tivo éxito en producir grandes cantidades do principio activo puro en 1940. Os antibióticos axiña se fixeron de uso xeneralizado desde o ano 1943.
O descubrimento dos antibióticos, así como da anestesia e a adopción de prácticas hixiénicas polo persoal sanitario (por exemplo, o lavado de mans e a utilización de instrumentos estériles), revolucionou a sanidade e converteuse nun dos grandes avances da historia en materia de saúde. Aos antibióticos se lles denomina frecuentemente "balas máxicas", termo usado por Ehrlich, por faceren branco nos microorganismos sen prexudicaren ao hóspede.[13]
Mecanismo de acción
[editar | editar a fonte]Debido a que os antibióticos teñen efectos sobre unha gran variedade de bacterias, os seus mecanismos de acción difiren segundo as características vitais de cada organismo e, polo xeral, atacan obxectivos que non existen nas células de mamíferos.
Parede celular
[editar | editar a fonte]Algúns antibióticos exercen a súa función en rexións e orgánulos intracelulares, polo que son ineficaces en bacterias que conteñan unha parede celular, a menos que se consiga inhibir a síntese desta estrutura exterior, presente en moitas bacterias, pero non en animais. Moitos antibióticos van dirixidos a bloquear a síntese, exportación, organización ou formación da parede celular, especificamente os enlaces cruzados do peptidoglicano, o principal compoñente da parede celular, sen interferiren cos compoñentes intracelulares.[16] Isto permite alterar a composición intracelular do microorganismo por medio da presión osmótica. Como a maquinaria intracelular permanece intacta, isto aumenta a presión interna sobre a membrana ata o punto en que esta cede, o contido celular libérase ao exterior, e a bacteria morre. Tamén permiten a entrada doutros axentes antimicrobianos que non poden atravesar a parede celular.[3] Algúns exemplos clásicos son:
- a bacitracina: do grupo dos péptidos, inhibe ao transportador lipídico do peptidoglicano cara ao exterior da célula.
- a penicilina: do grupo dos beta-lactámicos, inhibe a transpeptidación, unha reacción na que se producen os enlaces cruzados da parede celular e bloquea os inhibidores das autolisinas.
- as cefalosporinas: outro tipo de moléculas que inhiben a transpeptidación, por unión ás proteínas PBPs, implicadas na última fase da formación da parede celular.
Membrana celular
[editar | editar a fonte]Certos antibióticos poden lesionar directa ou indirectamente (ao inhibiren a síntese dos constituíntes) a integridade da membrana plasmática das bacterias e de certos fungos. Por exemplo, as polimixinas producidas por Paenibacillus polymyxa son antibióticos que actúan como surfactantes ou deterxentes que reaccionan cos lípidos da membrana celular das bacterias. Isto afecta á permeabilidade da membrana. Os elementos hidrosolubles e algúns que son tóxicos para o xerme, poden así entrar sen restrición ao interior celular.[16] A gramicidina A forma poros ou canais nas bicapas lipídicas.
Acción sobre ácidos nucleicos (ADN e ARN) e proteínas
[editar | editar a fonte]Algúns antibióticos actúan bloqueando a síntese do ADN, ARN, ribosomas, ácidos nucleicos ou encimas que participan na sínteses das proteínas, e como resultado fórmanse proteínas defectuosas.[3] A mitomicina é un composto con estrutura asimétrica, que se fixa ás hélices do ADN e inhibe ou bloquea a expresión do encima ADN polimerase e, por tanto, a replicación do ADN e a ensamblaxe das proteínas. A actinomicina ten un mecanismo de actuación similar ao da mitomicina, mais é unha molécula simétrica.
As sulfamidas son análogos estruturais de moléculas biolóxicas e parécense ás moléculas normalmente usadas pola célula diana. Ao fecer uso destas moléculas farmacolóxicas, as vías metabólicas do microorganismo son bloqueadas, provocando unha inhibición na produción de bases nitroxenadas e, finalmente, a morte celular.
As quinolonas e fluoroquinolonas actúan sobre encimas bacterianos do tipo das xirases e topoisomerases do ADN, responsables da topoloxía dos cromosomas, alterando o control celular sobre a replicación bacteriana e producindo unha alteración na lectura da mensaxe xenética.[16]
Acción sobre os ribosomas
[editar | editar a fonte]Aproximadamente a metade dos antibióticos actúan por inhibición dos ribosomas bacterianos, os orgánulos responsables da síntese de proteínas, que son distintos en composición e tamaño aos ribosomas de mamíferos. Algúns exemplos inclúen os aminoglicósidos (únense de forma irreversible á subunidade 30S do ribosoma bacteriano), as tetraciclinas (bloquean a unión do aminoacil-ARNt ao complexo ARNm-ribosoma), eritromicina (fíxase de xeito específico á porción 50S dos ribosomas bacterianos) e a doxiciclina.[16]
Clases de antibióticos
[editar | editar a fonte]Atendendo á relación entre actividade e concentración, pódese falar de tres categorías de antimicrobianos:[5]
- Os que producen unha acción bactericida pouco relacionada coa concentración. Isto ocorre cos beta-lactámicos e os glicopéptidos.
- Os que posúen actividade bactericida dependente da concentración, como os aminoglicósidos e as fluoroquinolonas.
- Os que se comportan preferentemente como bacteriostáticos como os macrólidos, tetraciclinas e cloranfenicol.
Segundo a súa estrutura química poden clasificarse como: aminoglicósidos, ansamicinas, carbacefem, carbapenem, cefalosporinas, glicopéptidos, macrólidos, monobactámicos, penicilinas, polipéptidos, quinolonas, sulfonamidas, tetraciclinas e outros.
Nome xenérico | Nome comercial | Usos frecuentes | [17] Posibles efectos adversos | [17] Mecanismo de acción |
---|---|---|---|---|
Aminoglicósidos | ||||
Amikacina[18] | Amikin | Infeccións graves causadas por bacterias gramnegativas, como Escherichia coli e Klebsiella. A tobramicina é especialmente activa fronte a Pseudomonas aeruginosa. A neomicina indícase para a profilaxe de cirurxía abdominal. Efectivo contra bacterias anaerobias (non para as facultativas). Pobre actividade fronte bacterias grampositivas. A netilmicina é activa fronte a varios organismos resistentes á xentamicina e tobramicina.[19] |
|
Únese á subunidade de 30S do ribosoma, provocando unha aliñación r recoñecemento anormal polo ARN, polo que inhibe a síntese de proteínas. |
Xentamicina | Garamicina | |||
Kanamicina | Kantrex | |||
Neomicina | Neosporin | |||
Netilmicina | Netromicina | |||
Estreptomicina | ||||
Tobramicina | Nebcin | |||
Paromomicina | Humatin | |||
Ansamicinas | ||||
Xeldanamicina | Experimental: antibiótico antitumor |
|
A xeldanamicina impide a incorporación da hsp23 ao trímero 90/90- Imph; isto bloquea a formación do oncoxene HER-2. A herbimicina reduce a fosforilación en residuos tirosina de substratos celulares e diminúe selectivamente a COX-2 sen modificar COX-1.[21] | |
Herbimicina | Herbamicina A | |||
Carbacefem | ||||
Loracarbef | Lorabid | Infeccións respiratorias altas e infeccións urinarias. | Ocasionalmente trombocitopenia.[22] | Inhibición da síntese da parede celular bacteriana. |
Carbapenem | ||||
Ertapenem | Invanz | Bactericidas para as grampositivas e gramnegativas polo que se usa para cobertura de amplo espectro de maneria empírica. (Nota: o SARM é resistente a esta clase.) Imipenem combínase con cilastatina para reducir a inactivación e toxicidade nos túbulos renais. Ertapenem ten mellor actividade fronte a enterobacterias.[23] |
|
Mecanismo betalactámico: prevén a división celular bacteriana inhibindo a síntese da parede celular. |
Doripenem | Finibax | |||
Imipenem/Cilastatina | Primaxina | |||
Meropenem | Merrem | |||
Cefalosporinas (de primeera xeración) | ||||
Cefadroxilo | Duricef | Igual que as penicilinas, todas as cefalosporinas teñen un anel beta-lactámico, polo que son tamén antibióticos bactericidas. Cocos grampositivos, Proteus, Escherichia coli e Klebsiella. | Igual que os outros beta-lactámicos: interrompen a síntesis de peptidoglicano, unha capa da parede celular, aínda que son menos sensibles ás betalactamases. | |
Cefazolina | Ancef | |||
Cefalotina | Keflin | |||
Cefalexina | Keflex | |||
Cefradina | Veracef | |||
Cefalosporinas (de segunda xeración) | ||||
Cefaclor | Ceclor | Son máis eficaces que a penicilina fronte aos bacilos gramnegativos, e igual de eficaces fronte aos cocos grampositivos.[3] Cocos grampositivos, Haemophilus influenzae, Enterobacter, Neisseria, Proteus, Escherichia coli e Klebsiella. |
|
Igual que os outros beta-lactámicos: interrompen a síntesis de peptidoglicano da parede celular. |
Cefminox | Tencef | |||
Cefamandol | Mandol | |||
Cefoxitina | Mefoxitin | |||
Cefprozil | Cefzil | |||
Cefuroxima | Ceftina, Zinnat | |||
Cefalosporinas (de terceira xeración) | ||||
Cefixima | Suprax | As cefalosporinas empréganse no tratamento de serias infecciones por organismos resistentes a outros beta-lactámicos, como certas presentacións de meninxite, e na profilaxe previa a cirurxía ortopédica, do abdome e pelve. |
|
Igual que os outros beta-lactámicos: interrompen a síntese de peptidoglicano da parede celular. |
Cefdinir | Omnicef | |||
Cefditoren | Meiact | |||
Cefoperazona | Cefobid | |||
Cefotaxima | Claforan | |||
Cefpodoxima | Vantin | |||
Ceftazidima | Fortaz | |||
Ceftibuten | Cedax | |||
Ceftizoxima | Cefizox | |||
Ceftriaxona | Rocephin | |||
Cefalosporinas (de cuarta xeración) | ||||
Cefepime | Maxipime | Maior cobertura contra de Pseudomonas e organismos grampositivos. |
|
Impiden a síntese de peptidoglicano. |
Cefaclidina | Cefclidin | |||
Cefalosporinas (de quinta xeración) | ||||
Ceftobiprol | Zevtera | Actividade adicional contra o Staphylococcus aureus resistente á meticilina |
|
Impiden a síntese de peptidoglicano. |
Glicopéptidos | ||||
Teicoplanina | Targocid | Pacientes criticamente enfermos e con hipersensibilidade demostrada aos beta-lactámicos | Reversibles:
|
|
Vancomicina | Vancocina | |||
Macrólidos | ||||
Azitromicina | Zitromax, Sumamed, Zitrocin | Infeccións por estreptococo, sífilis, infección respiratoria, infección por Mycoplasma, enfermidade de Lyme | Únese á subunidade de 50S do ribosoma, polo que inhibe a síntese de proteínas. | |
Claritromicina | Klaricid | |||
Diritromicina | Dynabac | |||
Eritromicina | Eritocina, Eritroped | |||
Roxitromicina | Roxitrol | |||
Troleandomicina | (TAO) | |||
Telitromicina | Ketek | Pneumonía | Trastornos visuais, toxicidade hepática.[24] | |
Espectinomicina | Trobicin | Antimetabolito, anticáncer e activo contra gonococos[25] | ||
Monobactámicos | ||||
Aztreonam | Azactam | Activo fronte a bacterias gramnegativas aerobias, como as enterobacterias e as especies dos xéneros Yersinia, Plesiomonas, Aeromonas e Neisseria.[26] Inactivo fronte a cocos grampositivos, anaerobios e Acinetobacter.[23] | Rash cutáneo, alteración de certas funcións hepáticas. Seguro na maioría dos pacientes alérxicos á penicilina.[23] | Igual que os outros beta-lactámicos: interrompen a síntese de peptidoglicano da parede celular. Preferencia polo encima PBP-3 de bacterias gramnegativas.[23] |
Penicilinas | ||||
Amoxicilina | Novamox, Amoxil | Ampla gama de infeccións, a penicilina aínda se indica en infeccións estreptocócicas, sífilis e enfermidade de Lyme |
|
Igual que os outros beta-lactámicos: interrompen a síntesis de peptidoglicano. |
Ampicilina | Unasayn | |||
Azlocilina | Securopen | |||
Carbenicilina | Pyopen | |||
Cloxacilina | Anaclosil | |||
Dicloxacilina | Dicloran | |||
Flucloxacilina | Floxapen | |||
Mezlocilina | Baypen | |||
Meticilina | Staphcillin | |||
Nafcilina | Nallpen | |||
Oxacilina | Prostafilina | |||
Penicilina | ||||
Piperacilina | Pipracil | |||
Ticarcilina | Timentin | |||
Polipéptidos | ||||
Bacitracina | Infeccións do ollo, oído e vexiga urinaria, usualmente aplícase directamente no ollo ou ben inhalado aos pulmóns, rara vez inxectado | Dano renal e de certos nervios (cando se dá inxectado) | Inhibe a síntese de compoñentes do peptidoglicano da parede celular bacteriana[27] | |
Colistin | Interactúa coa membrana plasmática bacteriana, alterando a súa permeabilidade. | |||
Polimixina B | ||||
Quinolonas | ||||
Ciprofloxacino | Cipro, Ciproxin, Ciprobay | Infeccións do tracto urinario, prostatite bacteriana, pneumonía adquirida na comunidade, diarrea bacteriana, infeccións por micoplasma, gonorrea. Pouca actividade fronte a organismos anaerobianaerobios.[23] | Náusea (raro), tendinose (raro), pode causar acumulación de teofilina cando se combinan.[23] | Inhibe a topoisomerase, ADN xirase e outros encimas bacterianos, inhibindo a replicación e transcrición do ADN. |
Enoxacino | Enoxin | |||
Gatifloxacino | Tequin | |||
Levofloxacina | Tavanic | |||
Lomefloxacino | Loflox | |||
Moxifloxacino | Avelox | |||
Norfloxacino | Noroxin | |||
Ofloxacino | Ocuflox | |||
Trovafloxacino | Trovan | |||
Sulfonamidas | ||||
Mafenide | Infeccións urinarias (coa excepción de sulfacetamida e mafenida); a mafenida úsase como tópico para queimaduras |
|
Inhibición da síntese de ácido fólico, entre outras funcións inhibitorias da síntese de ADN e ARN. | |
Prontosil (arcaico) | ||||
Sulfacetamida | ||||
Sulfametizol | ||||
Sulfanilimida (arcaico) | ||||
Sulfasalazina | ||||
Sulfisoxazol | ||||
Trimetoprim | ||||
Trimetoprim-Sulfametoxazol (Co-trimoxazol) (TMP-SMX) | Bactrim | |||
Tetraciclinas | ||||
Demeclociclina | Sífilis, infeccións por Chlamydia, Mycoplasma e Rickettsia, así como acne | Únese á subunidade de 30S do ribosoma polo que inhibe a síntese de proteínas.[28] | ||
Doxiciclina | Vibramicina | |||
Minociclina | Minocin | |||
Oxitetraciclina | Terramicina | |||
Tetraciclina | Sumycin | |||
Outros | ||||
Arsfenamina | Salvarsan | Infeccións por espiroquetas (obsoleto) | Intoxicación tipo arsénico | Liberación sostida do composto RAs(OH)2, especialmente tóxico para o Treponema pallidum. |
Cloranfenicol | Chloromycetin | Efectividade contra grampositivos e gramnegativos, e anaerobios | Principalmente toxicidade dependente da dose que afecta á medula ósea, dando lugar a anemia aplásica,[29] a cal en casos raros pode ser irreversible. | Únese de maneira reversible á subunidade de 50S do ribosoma, polo que inhibe a síntese de proteínas.[19] |
Clindamicina | Cleocin | Infeccións por bacterias anaerobias, acne, profilaxe previa á cirurxía e algúns casos de Staphylococcus aureus resistente á meticilina.[30] | Principalmente diarrea causada por Clostridium difficile, a cal adoita comportar unha colite pseudomembranosa.[31] | Ten efecto bacteriostático por inhibición da síntese de proteínas a nivel dos ribosomas por unión á subunidade de 50S.[32] |
Lincomicina | Lincocin | Infeccións por acne, profilaxe previa cirurxía e certos organismos como actinomicetes, micoplasma e algunhas especies de Plasmodium. | Colite, ocasionalmente letal. | Similar aos macrólidos, uníndose á subunidade de 50S do ribosoma bacteriano. |
Etambutol | Myambutol (abrev: EMB) | Antituberculose[33] | Principalmente neurite óptica.[34] polo que está contraindicado en menores de 6 anos. | Inhibe a formación da parede celular. |
Fosfomicina | Monurol | Algúns casos de infección urinaria. | Ben tolerado, alta resistencia microbiana. | Inhibe a síntese da parede celular bacteriana. |
Ácido fusídico | Fucidin | Fundamentalmente bacterias grampositivas como certas especies de Staphylococcus, Streptococcus e Corynebacterium. | Ictericia, urina de cor escura, ambas as dúas reversibles ao suspender o tratamento. | Inhibición da síntese de proteínas previndo a recaptación do factor de elongación do ribosoma. |
Furazolidona | Furoxone | Diarrea e enterite causadas por bacterias ou por protozoos, cólera e xiardíase. | É frecuente a toxicidade que causa tremores, trastornos gastrointestinais, neurite etc. | Entrecruzamento do ADN bacteriano. |
Isoniazida | Laniazid | Antituberculose | Múltiples efectos adversos | Bloqueo da biosíntese de ácidos graxos |
Linezolid | Zyvoxid | Infeccións por bacterias grampositivas resistentes a outros antibióticos. | Leves en tratamentos a curto prazo, efectos máis serios aparecen co uso prolongado do medicamento. | Inhibición da biosíntese de proteínas a nivel ribosomal. |
Metronidazol | Flagyl ou Flegyl | Protozoos e xermes anaerobios entre os que están Bacteroides fragilis, Fusobacterium, Veillonella, Clostridium difficile e Clostridium perfringens, Eubacterium, Peptococcus, Giardia e Peptostreptococcus. | Urina avermellada, malestar bucal. O seu prolongado pode causar neuropatía periférica.[19] | Actúa sobre as proteínas que transportan electróns na cadena respiratoria das bacterias anaerobias, mentres que noutros microorganismos se intercala entre as cadeas de ADN inhibindo a síntese de ácidos nucleicos.[35][36] |
Mupirocina | Bactroban | Bacteriostático a baixas concentracións e bactericida a concentracións elevadas. | Resistencia bacteriana frecuente. | Inhibición da síntesis de proteínas. |
Nitrofurantoína | Macrodantina, Macrobido | Fundamentalmente casos de infección urinaria. | Principalmente náuseas, vómitos e ocasionalmente síndrome pulmonar. | Danos ao ADN bacteriano. |
Platensimicina | Droga experimental | Descoñecidos, aínda en ensaio. | Inhibición da biosíntese de ácidos graxos. | |
Pirazinamida | Abrev: PZA | Antituberculoso | Principalmente dor articular leve.[37][38] | Inhibición da biosíntese de ácidos graxos. |
Quinupristin/Dalfopristin | Synercid | Estafilococos e Enterococcus faecium resistente á vancomicina. | Dor articular e muscular, náuseas, vómitos, dor de cabeza etc. | Inhibición da síntese proteica a nivel ribosomal. |
Rifampina ou Rifampicina | Rifaldin | Maiormente grampositivas e micobacterias | Suoración, bágoas e urina avermellada. | Únese á subunidade β da ARN polimerase inhibindo a transcrición. |
Tinidazol | Uretrite e vaxinite, amebiase e xiardíase | Mareo, dor de cabeza, somnolencia. | Produción de radicais libres tóxicos para os parasitos. | |
Nome xenérico | Nome comercial | Usos frecuentes | [17] Posibles efectos adversos | [17] Mecanismo de acción |
Criterios para o uso de antibióticos
[editar | editar a fonte]Os antibióticos só deben ser usados baixo observación e prescrición dun especialista da saúde autorizado. En xeral non se pode consumir alcohol durante a terapia antibiótica, porque aínda que non inhibe a acción do antibiótico na maioría dos casos, produce efectos secundarios moi similares aos dos antibióticos, potenciando o efecto indesxeable das reaccións adversas.[39] O alcohol tamén compite con encimas do fígado facendo que a concentración no plasma sanguíneo da droga sexa inadecuada,[40] como é o caso do metronidazol, algunhas cefalosporinas, disulfiram, doxiciclina, eritromicina, entre outros.[41]
Outras consideracións a ter en conta antes da prescrición de antibióticos son:[16]
- Coñecemento bibliográfico, para dar tratamento empírico.
- Cultivo e antibiograma (procura da sensibilidade de antibióticos).
- Biodispoñibilidade.
- Idade e peso do paciente.
- Embarazo e lactación.
- Enfermidades concomitantes.
- Alerxias.
- Vía de administración.
- Condicións xerais do paciente.
- Dosificación do medicamento.
- Duración do tratamento.
- Gravidade do caso.
- Estado inmunolóxico do paciente.
- Dispoñibilidade do medicamento na comunidade.
Efectos adversos
[editar | editar a fonte]Os posibles efectos secundarios do uso de antibióticos son variados e dependen tanto do antibiótico utilizado coma do paciente. Estas consecuencias adversas poden incluír febre e náuseas, e certas reaccións alérxicas. Un dos efectos secundarios máis comúns é a diarrea; esta xeralmente prodúcese cando o antibiótico perturba o balance normal da microbiota intestinal e prolifera a bacteria aerobia Clostridium difficile.[42] Este tipo de perturbacións non son exclusivas do aparato dixestivo, senón que alteran tamén, por exemplo, a microbiota vaxinal como no caso da infección polo fungo Candida (candidíase).[43] A interacción medicamentosa con outros fármacos pode provocar outros efectos secundarios como, por exemplo, un elevado risco de dano nun tendón cando se combinan antibióticos do grupo das quinolonas e un corticoesteroide sistémico.
Existe a hipótese de que algúns antibióticos poderían interferir coa eficacia das pílulas anticonceptivas.[44] Porén, non existen estudos concluíntes que demostren ese feito; polo contrario, a maioría dos estudos de investigación suxiren que os antibióticos non teñen efectos de interferencia cos anticonceptivos orais.[45]
Abuso dos antibióticos
[editar | editar a fonte]As formas usuais de abuso dos antibióticos inclúen a toma de antibióticos para unha enfermidade non infecciosa ou infección non bacteriana con febre, en particular o uso de antibióticos durante unha infección viral, como un arrefriado ou unha gripe;[9] e a administración incompleta do antibiótico, xeralmente debido a que o paciente se sente mellor unha vez que a infección comeza a ceder.[46] Estas situacións poden facilitar a aparición de poboacións bacterianas que desenvolven resistencia antibiótica.
Animais
[editar | editar a fonte]Existe un debate sobre a conveniencia de incluír os antibióticos na dieta dos animais de granxa sans.[46] Os opositores a esta práctica indican que leva a favorecer a aparición de resistencia aos antibióticos, mesmo en bacterias que infectan aos humanos, como os xéneros e especies Salmonella, Campylobacter, Escherichia coli e Enterococcus. Porén, a práctica continúa en moitos lugares debido a que os antibióticos na alimentación do gando proporcionan un aumento de peso e porque ten sentido económico para as granxas ou facendas individuais. Entre outras razóns, o uso de antibióticos na alimentación vacúa parece promover unha diminución no grosor do intestino animal, mellorando como consecuencia a absorción de alimentos e o peso do animal.[47]
Por exemplo, estímase que máis dun 70% dos antibióticos usados nos Estados Unidos danse cos alimentos para os animais, como no caso de galiñas, porcos e gando vacún.[48]
Na Unión Europea e Estados Unidos, os animais de granxa reciben ao ano máis de 10.000 toneladas de antibióticos para acelerar o crecemento e previr enfermidades.[49]
Humanos
[editar | editar a fonte]Un estudo de infeccións do tracto respiratorio encontrou que os médicos tenden a prescribir antibióticos a pacientes que se pensaba que requirían ese medicamento, pero só 1 de cada 4 deses pacientes efectivamente os requiría.[50] Existen diferentes formas de intervir, tanto nos pacientes coma nos seus médicos, coa finalidade de reducir a prescrición inadecuada de antibióticos.[51] O uso excesivo de antibióticos de maneira profiláctica entre viaxeiros pode tamén ser clasificado como un uso inadecuado destes medicamentos. En xeral é un erro común a utilización da profilaxe para evitar a colonización por calquera microorganismo.[52]
Resistencia a antibióticos
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Resistencia a antibióticos.
Un dos efectos colaterais do mal uso ou abuso dos antibióticos é que as bacterias se volvan resistentes aos seus efectos. Debido á selección xenética que se pode producir, para previr a aparición dunha resistencia microbiana requírese que case o 100% dos organismos infectantes sexan erradicados. Se unha subpoboación de pequeno tamaño consegue sobrevivir ao tratamento e se lle permite multiplicarse, a susceptibilidade media desta nova poboación será menor que a orixinal, porque descenden de organismos que xa sobreviviron unha vez ao tratamento orixinal polas súas características xenéticas.[46] Con frecuencia, esta sobrevivencia provén dun composto que lle dá resistencia que podía producir a bacteria que sobreviviu, capacidade que será transmitida á súa descendencia.[53]
Por exemplo, en 1984 a metade dos casos con tuberculose activa nos Estados Unidos estaba causada por unha variedade microbiana que resistía polo menos a un antibiótico. Entre 1985 e 1991 a tuberculose aumentou nun 12% nos Estados Unidos e un 300% en África onde o VIH e a tuberculose adoitan encontrarse conxuntamente. O Staphylococcus aureus resistente á meticilina é un microorganismo particularmente nocivo, que é moi común en hospitais. O estafilococo era unha bacteria moi susceptible á penicilina na década de 1940, pero no presente, case todas as cepas desa bacteria son resistentes á penicilina e moitas delas son tamén resistentes á nafcilina e outros beta-lactámicos, de modo que só queda a vancomicina (un glicopéptido) como droga para o tratamento dalgunhas cepas resistentes, e mesmo apareceron xa cepas resistentes á vancomicina, aínda que pouco estendidas polo momento. Outra bacteria resistente a poderosos antibióticos son certas cepas de Enterococcus resistentes á vancomicina.[54]
Igual que o S. aureus, moitas outras bacterias causantes de enfermidades no mundo están facéndose resistentes aos tratamentos antibióticos máis comúns. Isto acontece cando na bacteria ocorren cambios ou adaptacións que lle permiten sobrevivir aínda en presenza dun antibiótico que anteriormente podía matar ou inhibir ao microbio.[9] Varios estudos demostraron unha forte asociación entre a asistencia a garderías e un aumento na frecuencia de nenos portadores de Streptococcus pneumoniae especialmente cepas resistentes á penicilina e outros antibióticos.[55]
Un informe dos Centros de Control e Prevención de Enfermidades dos Estados Unidos (CDC) determinou que en 1974 un 2% das infeccións hospitalarias nese país eran causadas polo S. aureus resistente á meticilina, mentres que en 1995 eran xa o 22%, e pasaron a ser o 63% en 2004.[56]
Nalgúns casos, como en certos hospitais, o uso de antibióticos de baixo custo vese limitado pola cantidade de resistencia xa existente nos patóxenos. Isto leva á necesidade de administrar antibióticos menos usados, o que á súa vez comporta un aumento do risco da aparición de resistencias a eses fármacos.
A resistencia a antibióticos prodúcese por catro posibles mecanismos:[46]
- A inactivación ou modificación do medicamento.
- Alteración do sitio diana do antibiótico.
- Alteración da ruta metabólica inhibida polo antibiótico.
- Produción de mecanismos que dilúen ou reducen a acumulación do antibiótico.
A resistencia que un microorganismo adquiriu transmítese a través dos xenes á súa proxenie. Esta resistencia tamén pode ser transmitida dunha bacteria a outra que non é a súa proxenie por medio de fragmentos de ADN chamados plásmidos. Os plásmidos permiten a unha bacteria transmitir a súa capacidade de resistencia, ademais de calquera outra información incluída no plásmido, mesmo en bacterias de especies diferentes (ver transferencia horizontal de xenes).[3]
Certos organismos de saúde como a FDA estadounidense, prohibiron o uso de antibióticos como a enroflaxina, de uso veterinario, por causar a aparición de resistencia a bacterias como as do xénero Campylobacter, por exemplo.[57]
Co obxectivo de sensibilizar sobre a ameaza que representa a resistencia ós antibióticos para a saúde pública e procurar un uso prudente dos mesmos, a Unión Europea acordou declarar o 18 de novembro como o Día Europeo para o uso prudente dos Antibióticos [2] [3], pois a resistencia ós antibióticos constitúe hoxe en día un grave problema de saúde.
Adxuvantes
[editar | editar a fonte]O incremento dos microorganismos resistentes a múltiples antibióticos estimulou o desenvolvemento de terapias con adxuvantes. Unha solución para combater a resistencia a antibióticos é o desenvolvemento de compostos farmacéuticos que revertan a resistencia microbiana. Estes axentes coñécense como modificadores de resistencia e a súa diana é o mecanismo empregado polo microorganismo para conferirlle resistencia aos antibióticos. Entre estes compostos están:
- Inhibidores das bombas de fluxo ou de expulsión bacteriana do antibiótico (Phe-Arg-β-naftilamida).[58]
- Inhibidores de beta-lactamases, como o ácido clavulánico e o sulbactam.
Alternativas aos antibióticos
[editar | editar a fonte]Tamén están aparecendo terapias alternativas ao uso de antibióticos, como a terapia con bacteriófagos, que emprega certos virus para invadir as bacterias e alterar a programación xenética que lle confire resistencia aos antibióticos.[59][60] Sobre a terapia con fagos aínda se están a facer os estudos iniciais e a súa aplicación real é moi limitada.[61][62]
As bacteriocinas son toxinas de natureza proteica producidas por bacterias para inhibir o crecemento doutras bacterias.[63] Estudouse o uso destas moléculas como axentes terapéuticos en substitución dos antibióticos.[64] Algunhas das bacteriocinas estudadas con este propósito son as microcinas e os lantibióticos. A súa aplicación propúxose fundamentalmente para aplicación tópica e gastrointestinal.[65]
Produción comercial
[editar | editar a fonte]Aínda que a penicilina se descubriu en 1928, ata 1941 non se desenvolveron métodos para producila comercialmente para uso humano, grazas aos traballos de Florey e Chain.[66] Como naquela época estaba librándose a segunda guerra mundial, os esforzos de produción de penicilina se enfocaban á súa distribución entre os soldados aliados. Cando Inglaterra, onde traballaban Florey e Chain, perdeu a capacidade industrial para producir o antibiótico o proceso trasladouse aos Estados Unidos, onde se desenvolveron novos procedementos para a produción masiva dos medicamentos. Pouco antes da conclusión da segunda guerra mundial, a penicilina xa estaba comercialmente dispoñible para o público en xeral.
Aínda que algúns dos máis empregados os producen de forma natural microorganismos (como a penicilina), utilizáronse técnicas de biotecnoloxía para incrementar a produtividade e o rendemento das cepas empregadas. Deste modo, as cepas comerciais empregadas na actualidade producen 40.000 veces máis antibiótico do que o illado orixinal de Fleming.[67] Cara a finais da década de 1960, os investigadores descubriron que as bacterias crecían mellor no espazo exterior. Nas condicións do espazo os microorganismos que ata agora foron avaliados poden producir máis cantidade de antibióticos, ata un 200 % máis, que as mesmas especies nas condicións da Terra.[68]
O número de antibióticos coñecidos aumentou desde preto de 500 en 1960 ata máis de 11 mil en 1994, máis da metade producidos a partir de especies de Streptomyces.[6] Outros microorganismos produtores de cantidades masivas de antibióticos son fungos filamentosos e bacterias actinomicetes distintas do Streptomyces e Actinomyces.
En 1945 obtivéronse máis de 646 billóns de unidades de penicilina.[69] En 1980, o antibiótico máis producido era a cefalosporina, seguida da ampicilina e a tetraciclina. En total estimábase que a produción mundial de antibióticos ese ano superaba as 100.000 toneladas. Actualmente, o mercado anual mundial está valorado en máis de 20.000 millóns de dólares.[68] O custo de introducir un novo antibiótico no mercado, desde a súa fase de investigación e desenvolvemento, é de aproximadamente 1.200 millóns de dólares.[53] Deste modo, no século XXI os antibióticos prodúcense industrialmente a grande escala e véndense nun mercado competitivo.[70]
A produción industrial de antibióticos faise por un proceso de fermentación, na que o microorganismo crece en grandes tanques (de 100.000-150.000 litros cada un) que conteñen medio de cultivo líquido. A concentración de oxíxeno, a temperatura, o pH e os niveis de nutrientes son controlados a un nivel óptimo para cada microorganismo. O antibiótico, que é un metabolito do xerme, é extraído e purificado ata obter un produto cristalizado. Dependendo do antibiótico requírense uns pasos de purificación ou outros, como por exemplo un intercambio iónico, a súa precipitación etc.
O xénero Streptomyces é un dos máis investigados para a procura de novos antibióticos,[71] na que se manipula xeneticamente a maquinaria de produción dos ribosomas para producir novos e mellores antibióticos.[72]
Residuos de antibióticos
[editar | editar a fonte]O uso de antibióticos na gandaría é común para a prevención e o tratamento de enfermidades dos animais.[73] O descubrimento desta aplicación dos antibióticos e certas vacinas facilitou a cría de gando en grandes cantidades ao reducir as enfermidades nos animais. O uso de antibióticos nestes casos tamén se indica para ofrecer un rendemento mellorado no crecemento e a eficiencia alimenticia, e para sincronizar ou regular o ciclo reprodutivo e o rendemento de reprodución dos animais nesta industria.[47] Os residuos de antimicrobianos a miúido producen efectos residuais nocivos para os humanos, incluíndo unha redución substancial na eficacia do arsenal antimicrobiano para uso en humanos.[48] De maneira que a presenza de residuos de antibióticos e a súa adecuada detección no leite, carne e ovos de produción comercial é unha preocupación da industria para asegurar ao público que a distribución destes e outros produtos é segura.[74] Os antibióticos así usados na ganadaría son tamén un dos contaminantes asociados coa descarga de residuos animais en lagos, ríos e no aire.[75]
Probas de susceptibilidade antimicrobiana
[editar | editar a fonte]En moitos casos é posible illar en cultivo axénico (puro) a bacteria causante dunha doenza. Como algunhas cepas bacterianas son resistentes a antimicrobianos e a susceptibilidade destes microorganismos está continuamente mudando, é fundamental realizar probas de cada mostra de bacterias con axentes antimicrobianos. Estas probas de susceptibilidade, chamadas antibiogramas, realízanse no laboratorio clínico, e dan información ao especialista de saúde sobre o mellor tratamento dun proceso infeccioso.[76]
Algúns microorganismos de crecemento difícil ou esixentes, como as especies do xénero Mycobacterium e as bacterias anaerobias estritas (é dicir, as que morren se están en contacto con baixas presións parciais de oxíxeno) requiren probas especiais para determinar a súa susceptibilidade, a maioría dos cales están automatizadas.
Entre outras consideracións, avalíase a produción de β-lactamase por parte dos organismos, e compróbase a presenza de Staphylococcus aureus resistente á meticilina.
Probas cuantitativas
[editar | editar a fonte]Algunhas das probas de susceptibilidade antimicrobiana máis comúns que producen resultados cuantitativos son:
- Susceptibilidade por caldos diluídos: realizada por medio dunha serie de dilucións do antibiótico, en concentracións decrecentes, a partir dun caldo de crecemento bacteriano puro, ata obter a menor concentración do antibiótico que ten a capacidade de causarlle a morte ao illado no tubo.
- Probas de ágar diluído: unha serie de diferentes concentracións de antibióticos dentro do rango terapéutico mestúranse en tubos con ágar e póñense en varias placas de Petri; a estes tubos engádeselles posteriormente o cultivo microbiano e rexístrase a concentración da placa de Petri que inhibiu o seu crecemento.
- Proba de epsilometría ou E-test: na que se sementa o microorganismo sobre unha placa de cultivo sólido e se lle coloca unha tira con diferentes concentracións do antibiótico, rexistrando o punto da tira que indica o comezo da inhibición bacteriana.
Probas cualitativas
[editar | editar a fonte]As probas cualitativas son moi efectivas e usadas amplamente. O método Kirby-Bauer, un dos máis empregados, consiste en situar sobre unha placa de cultivo inoculada "en céspede" (é dicir, que en ausencia de axentes selectivos a bacteria crecería en toda a superficie da placa de Petri formando unha especie de "céspede") un número de discos de celulosa impregnados con distintos antibióticos; trala incubación do dispositivo, a bacteria non crecerá arredor dos discos impregnados do antibiótico ao que a bacteria é sensible. Ademais, o diámetro do halo de inhibición está relacionado coa efectividade do antibiótico para esa cepa.[76] Outras probas menos usadas son o test de Schilchter, que determina a dilución do plasma sanguíneo do paciente necesario para que o patóxeno morra, empregado ocasionalmente en enfermidades como a endocardite bacteriana e a osteomielite. Outros exames determinan a concentración do antibiótico no soro sanguíneo do paciente, indicado especialmente en terapias con aminoglicósidos, cloranfenicol e vancomicina.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "'αντί" en Liddell and Scott. An Intermediate Greek-English Lexicon. Oxford. Clarendon Press. 1889.
- ↑ "βιοτικός" en Liddell and Scott. An Intermediate Greek-English Lexicon. Oxford. Clarendon Press. 1889.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Enciclopedia Microsoft Encarta Online, ed. (2008). "Antibiótico". Arquivado dende o orixinal o 04/02/2009. Consultado o 2 de septembro de 2008.
- ↑ Townsend 2005, p. 277
- ↑ 5,0 5,1 Florez, Jesús. Masson, ed. Farmacolgía humana (3º ed. ed.). p. 1062.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Strohl W. R. (1997). Biotechnology of Antibiotics. Informa Health Care (en inglés). ISBN 0-8247-9867-8.
- ↑ von Nussbaum F.; et al. (2006). "Medicinal Chemistry of Antibacterial Natural Products – Exodus or Revival?". Angew. Chem. Int. Ed. 45 (31): 5072–5129. PMID 16881035. doi:10.1002/anie.200600350.
- ↑ Townsend 2005, p. 271
- ↑ 9,0 9,1 9,2 Centros para o Control e a Prevención de Enfermidades, ed. (setembro de 2006). "Lo que necesita saber de los antibióticos". Campaña para promover el uso correcto de los antibióticos. Consultado o 8 de setembro de 2008.
- ↑ Perry Romanowski. "How Products Are Made: Antibiotics". Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2008. Consultado o 1 de setembro de 2008.
- ↑ Encyclopædia Britannica Online. "Antibiosis" (en inglés). Consultado o 1 de setembro de 2008.
- ↑ H. Landsberg (1949). "Prelude to the discovery of penicillin". Isis 40 (3): 225–227. doi:10.1086/349043.
- ↑ 13,0 13,1 Jacques Levin (febreiro, 2007). "O conceito de "bala mágica"". Recanto das Letras (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2010. Consultado o 1 de setembro de 2008.
O conceito de “Bala Mágica” foi criado por Paul Ehrlich, nos primeiros anos do século 20, na Alemanha, em suas pesquisas para a criação de uma droga específica para combater uma doença específica. Segundo ele, a droga era como um projétil que destruiria o inimigo sem causar danos às células saudáveis do corpo.
- ↑ Wainwright, M & Swan, HT (1986). "C.G. Paine And The Earliest Surviving Clinical Records Of Penicillin Therapy". Medical History 30 (1): 42–56. PMID 3511336. Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2013. Consultado o 22 de xuño de 2013.
- ↑ Van Epps HL (2006). "René Dubos: unearthing antibiotics". J. Exp. Med. 203 (2): 259. PMID 16528813.
- ↑ 16,0 16,1 16,2 16,3 16,4 Harrison Principios de Medicina Interna 16a edición (2006). McGraw-Hill, ed. "Sección 4. Fundamentos de la terapéutica de las enfermedades bacterianas". Harrison online en español. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2008. Consultado o 9 de septembro de 2008.
- ↑ 17,0 17,1 17,2 17,3 For common Uses and possible side effects reference is: Robert Berkow (ed.) The Merck Manual of Medical Information - Home Edition. Pocket (setembro 1999), ISBN 0-671-02727-1.
- ↑ por MedlinePlus (2003). "Inyección de Sulfato de amikacina". Enciclopedia médica en español. Consultado o 2 de septembro.
- ↑ 19,0 19,1 19,2 Townsend 2005, p. 275
- ↑ Supko JG, Hickman RL, Grever MR y Malspeis L. (1995). "Preclinical pharmacologic evaluation of geldanamycin as an antitumor agent". Cancer Chemother Pharmacol 36 (4): 305–15. PMID 7628050. Consultado o 4 de abril de 2011.
- ↑ Blanco AN, Habib A, Levy-Toledano S, Maclouf J (1995). "Participación de las tirosin-quinasas en la inducción de la ciclooxigenasa-2 en células endoteliales humanas". Revista Medicina 55 (5): 509. ISSN 0025-7680. Consultado o 4 de abril de 2011.
- ↑ Aljitawi, O.S.; Krishnan, K.; Curtis, B.R.; Bougie, D.W.; Aster, R.H. (2003-5). "Serologically documented loracarbef (Lorabid)-induced immune thrombocytopenia". American Journal of Hematology 73 (1): 41–43. doi:10.1002/ajh.10307. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2019. Consultado o 01 de abril de 2019.
- ↑ 23,0 23,1 23,2 23,3 23,4 23,5 Townsend 2005, p. 274
- ↑ Splete, Heidi; Kerri Wachter (2006). "Liver toxicity reported with Ketek". Internal Medicine News.
- ↑ E Navas Elorza (2002). "Tetraciclinas, fenicoles, lincosamidas, polimixinas, espectinomicina, fosfomicina". Medicine 8 (70): 3763–3770.
- ↑ Celaya Rodriguez M, Moreno Navarrete J. (2001). "Estudio bacteriológico y determinación de la sensibilidad a 21 antibióticos, en una población de pacientes atendidos en el Hospital General de México durante el año 1999" (PDF). Enf. Infec. y Micro. 21 (4): 129–144.
- ↑ K. John Stone and Jack L. Strominger Mechanism of Action of Bacitracin: Complexation with Metal Ion and C55-Isoprenyl Pyrophosphate PNAS 1971 vol. 68 no. 12 pg. 3223-3227. Consultado o 29 de abril de 2011.
- ↑ Doxycycline Arquivado 31 de marzo de 2015 en Wayback Machine. Life-Extension-Drugs.com Consultado o 29 de abril de 2011.
- ↑ Rich M, Ritterhoff R, Hoffmann R (1950). "A fatal case of aplastic anemia following chloramphenicol (chloromycetin) therapy.". Ann Intern Med 33 (6): 1459–67. PMID 14790529.
- ↑ Daum RS (2007). "Clinical practice. Skin and soft-tissue infections caused by methicillin-resistant Staphylococcus aureus". N Engl J Med 357 (4): 380–90. PMID 17652653. doi:10.1056/NEJMcp070747.
- ↑ Thomas C, Stevenson M, Riley TV (2003). "Antibiotics and hospital-acquired Clostridium difficile-associated diarrhoea: a systematic review" (PDF). J Antimicrob Chemother 51 (6): 1339–50. PMID 12746372. doi:10.1093/jac/dkg254.
- ↑ Merck & Co., ed. (2005). "Lincosamides, Oxazolidinones, and Streptogramins". Merck Manual of Diagnosis and Therapy. Arquivado dende o orixinal o 23-11-2011. Consultado o 01-12-2007.
- ↑ Yendapally R, Lee RE (2008). "Design, synthesis, and evaluation of novel ethambutol analogues". Bioorg. Med. Chem. Lett. 18 (5): 1607–11. PMC 2276401. PMID 18242089. doi:10.1016/j.bmcl.2008.01.065.
- ↑ Lim SA (2006). "Ethambutol-associated optic neuropathy" (PDF). Ann. Acad. Med. Singap. 35 (4): 274–8. PMID 16710500.
- ↑ Swaney, Steve M.; Aoki, Hiroyuki; Ganoza, M. Clelia; Shinabarger, Dean L. (1998-12). "The Oxazolidinone Linezolid Inhibits Initiation of Protein Synthesis in Bacteria". Antimicrobial Agents and Chemotherapy (en inglés) 42 (12): 3251–3255. ISSN 0066-4804. PMC 106030. PMID 9835522. doi:10.1128/AAC.42.12.3251. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2022. Consultado o 02 de xuño de 2022.
- ↑ Ament PW, Jamshed N, Horne JP (2002). "Linezolid: its role in the treatment of gram-positive, drug-resistant bacterial infections". American Family Physician 65 (4): 663–70. ISSN 0002-838X. PMID 11871684. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2008. Consultado o 22 de xuño de 2013.
- ↑ East and Central African/Medical Research Council Fifth Collaborative Study (1983). "Controlled clinical trial of 4 short-course regimens of chemotherapy (three 6-month and one 9-month) for pulmonary tuberculosis". Tubercle 64 (3): 153–166. PMID 6356538. doi:10.1016/0041-3879(83)90011-9.
- ↑ British Thoracic Society (1984). "A controlled trial of 6 months chemotherapy in pulmonary tuberculosis, final report: results during the 36 months after the end of chemotherapy and beyond". Br J Dis Chest 78 (4): 330–336. PMID 6386028. doi:10.1016/0007-0971(84)90165-7.
- ↑ James M. Steckelberg. Mayo Foundation for Medical Education and Research, ed. "Antibiotics and alcohol: Should I avoid mixing them?". Consultado o 15-04-2011.
- ↑ McGill University, Canadá (ed.). "Antibiotics FAQ". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2008. Consultado o 17 de febreiro de 2008.
- ↑ Stockley, IH (2002), Stockley's Drug Interactions. 6th ed. Londres: Pharmaceutical Press.
- ↑ University of Michigan Health System: Antibiotic-Associated Diarrhea Arquivado 20 de xuño de 2008 en Wayback Machine., 26 de novembro de 2006
- ↑ Pirotta MV, Garland SM (2006). "Genital Candida species detected in samples from women in Melbourne, Australia, before and after treatment with antibiotics". J Clin Microbiol. 44: 3213–3217. PMID 16954250. doi:10.1128/JCM.00218-06.
- ↑ Micki Cuppett, Katie M Walsh (2007). Elsevier, España, ed. Medicina general aplicada al deporte. p. 59. ISBN 8481749915.
- ↑ "Drugs Affecting Birth Control Pills". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2008. Consultado o 17 de febreiro de 2008.
- ↑ 46,0 46,1 46,2 46,3 National Institute of Allergy and Infectious Diseases (NIAID). Antimicrobial (Drug) Resistance. Último acceso 8 de septembro de 2008.
- ↑ 47,0 47,1 Nisha AR (2008). "Antibiotic Residues - A Global Health Hazard". Veterinary World (en inglés) 1 (12): 375–377. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2017. Consultado o 17 de maio de 2011.}
- ↑ 48,0 48,1 Mellon, M et ál. (2001). Union of Concerned Scientists, ed. "Hogging It!: Estimates of Antimicrobial Abuse in Livestock" (PDF) (1ª ed.). Cambridge, MA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de outubro de 2012. Consultado o 22 de xuño de 2013.
- ↑ http://wol.jw.org/es/wol/d/r4/lp-s/102002929?q=antibióticos&p=par
- ↑ Ong S, Nakase J, Moran GJ, Karras DJ, Kuehnert MJ, Talan DA (2007). "Antibiotic use for emergency department patients with upper respiratory infections: prescribing practices, patient expectations, and patient satisfaction". Annals of emergency medicine 50 (3): 213–20. PMID 17467120. doi:10.1016/j.annemergmed.2007.03.026.
- ↑ Metlay JP, Camargo CA, MacKenzie T; et al. (2007). "Cluster-randomized trial to improve antibiotic use for adults with acute respiratory infections treated in emergency departments". Annals of emergency medicine 50 (3): 221–30. PMID 17509729. doi:10.1016/j.annemergmed.2007.03.022.
- ↑ Reina Gómez, Goliat y Barban Lores, Digmara (2001). "Política de antibióticos en Ortopedia". Revista Cubana de Ortopedia y Traumatología 15 (1-2): 61–64. ISSN 0864-215X.
- ↑ 53,0 53,1 Fresno Chavez, Caridad (2001). "El diseño de nuevos antibióticos" (PDF). Revista Cubana de Medicina General Integral 17 (2): 196–199. ISSN 0864-2125.
- ↑ National Institute of Allergy and Infectious Diseases (NIAID). Vancomycin-Resistant Enterococci (VRE). Último acceso 8 de septembro de 2008.
- ↑ GOMEZ-BARRETO, Demóstenes, CALDERON-JAIMES, Ernesto, S RODRIGUEZ, Romeo et al. Portadores nasofaríngeos de neumococo antibiótico-resistente en niños asistentes a guardería. Salud pública Méx [online]. 2002, vol. 44, no. 1 [citado 2008-09-08], pp. 26-32. Disponible en: [1]. ISSN 0036-3634. doi: 10.1590/S0036-36342002000100004.
- ↑ Centros de Control e Prevención de Enfermidades dos Estados Unidos (outubro de 2007). MRSA in Healthcare Settings. Último acceso 8 de septembro de 2008.
- ↑ FDA News (julio de 2005). FDA Announces Final Decisión About Veterinary Medicine (en inglés). Último acceso 8 de septembro de 2008.
- ↑ B. Marquez. (2005). Bacterial efflux systems and efflux pumps inhibitors. Biochimie87 1137–1147
- ↑ Lu TK, Collins JJ (2007). "Dispersing biofilms with engineered enzymatic bacteriophage". Proceedings of the National Academy of Sciences, USA 104 (27): 11197–11202. PMC 1899193. PMID 17592147. doi:10.1073/pnas.0704624104.
- ↑ Williams SR, Gebhart D, Martin DW, Scholl D (2008). "Retargeting R-type pyocins to generate novel bactericidal protein complexes". Applied and Environmental Microbiology 74 (12): 3868–3876. PMC 2446544. PMID 18441117. doi:10.1128/AEM.00141-08.
- ↑ Abedon ST, Calendar RL, ed. (2005). The Bacteriophages.
- ↑ Mattey M, Spencer J (2008). "Bacteriophage therapy--cooked goose or phoenix rising?". Curr. Opin. Biotechnol. 19 (6): 608–12. PMID 18926909. doi:10.1016/j.copbio.2008.09.001.
- ↑ Farkas-Himsley H (1980). "Bacteriocins--are they broad-spectrum antibiotics?". J. Antimicrob. Chemother. 6 (4): 424–6. PMID 7430010. doi:10.1093/jac/6.4.424.
- ↑ Gillor O, Kirkup BC, Riley MA (2004). "Colicins and microcins: the next generation antimicrobials". Adv. Appl. Microbiol. 54: 129–46. PMID 15251279. doi:10.1016/S0065-2164(04)54005-4.
- ↑ Kirkup BC (2006). "Bacteriocins as oral and gastrointestinal antibiotics: theoretical considerations, applied research, and practical applications". Curr. Med. Chem. 13 (27): 3335–50. PMID 17168847. doi:10.2174/092986706778773068.
- ↑ "Howard Florey (1898-1968) and Ernst Chain (1906-79)". sciencemuseum.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2011. Consultado o 24 de maio de 2011.
- ↑ Shu-Jen Chiang (2004). "Strain improvement for fermentation and biocatalysis processes by genetic engineering technology". Journal of Industrial Microbiology and Biotechnology (en inglés) 31 (3): 99–108. doi:10.1007/s10295-004-0131-z. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 22 de xuño de 2013.
- ↑ 68,0 68,1 Karen Miller, Dr. Tony Phillips (marzo de 2002). NASA: Desenvolvemento de Produtos Espaciais - Centro Marshall para Voos Espaciais, ed. "Antibióticos del Espacio". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2015. Consultado o 4 de septembro de 2008.
- ↑ Parascandola, John. The History of Antibiotics: a Symposium. Publication No. 5, 1980.
- ↑ Allen I. Laskin, Geoffrey M. Gadd, Sima Sariaslani (2008). Academic Press, ed. Advances in Applied Microbiology (en inglés). ISBN 0-444-53191-2.
- ↑ Bhattacharyya, Barun K., PAL, Sushil C. y SEN, Sukanta K. (1998). "Antibiotic production by Streptomyces hygroscopicus d1.5: Cultural effect". Revista de Microbiologia (en inglés) 29 (3). ISSN 0001-3714. doi:10.1590/S0001-37141998000300003.
- ↑ Guojun Wang, Takeshi Hosaka y Kozo Ochi (2008). "Dramatic Activation of Antibiotic Production in Streptomyces coelicolor by Cumulative Drug-Resistance Mutations" (PDF). Applied and Environmental Microbiology (en inglés) 74 (9): 2834–2840. doi:10.1128/AEM.02800-07. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de setembro de 2011. Consultado o 22 de xuño de 2013.
- ↑ Doug Gurian-Sherman (abril de 2008). Union of Concerned Scientists, ed. "CAFOs Uncovered: The Untold Costs of Confined Animal Feeding Operations" (PDF) (en inglés). Cambridge, MA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de xaneiro de 2013. Consultado o 22 de xuño de 2013.
- ↑ North Carolina State University Cooperative Extension, Department of Food Science. "Preventing Antibiotic Residues In Milk" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2011. Consultado o 16 de maio 2011.
- ↑ "Concentrated animal feeding operations" Arquivado 30 de maio de 2013 en Wayback Machine., Centers for Disease Control and Prevention, United States Department of Health and Human Services.
- ↑ 76,0 76,1 Prescott, L.M. (1999). McGraw-Hill Interamericana de España, S.A.U., ed. Microbiología. ISBN 84-486-0261-7.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Townsend, Courtney M. (2005). Elsevier, España, ed. Sabiston Tratado de Cirugia e-dition: Libro con acceso a sitio web (17 ed.). ISBN 848174848X.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Antiviral
- Péptido antimicrobiano
- Resistencia a antibióticos
- Bacteriostático
- Bactericida
- Quimioterapia antimicrobiana
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Resistencia aos antibióticos nos animais Arquivado 02 de decembro de 2011 en Wayback Machine. (Consumer.es)
Commons ten máis contidos multimedia sobre: antibióticos |
- Baron, Samuel (1996). The University of Texas Medical Branch at Galveston, ed. Medical Microbiology, 4th ed. ISBN 0-9631172-1-1.
- "Ejemplo: resistencia a antibióticos" Educared (en castelán).
- Revista Recent Patents on Anti-Infective Drug Discovery
- The BURDEN of Resistance and Disease in European Nations Arquivado 26 de maio de 2013 en Wayback Machine.