Saltar ao contido

Cefradina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Veracef»)
Cefradina
Identificadores
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Cefradina é un antibiótico beta-lactámico pertencente á primeira xeración de cefalosporinas. Xa non está comercializada nalgúns países coma España ou Estados Unidos[1].

Espectro de acción

[editar | editar a fonte]

Ten actividade fundamentalmente fronte a bacterias grampositivas, aínda que é menos activa que cefadroxilo ou cefazolina. Presenta leve actividade fronte a bacterias gramnegativas, tales coma Escherichia coli e Proteus mirabilis[2].

Dosificación

[editar | editar a fonte]

Existen formulacións orais e intravenosas. A dose oral estándar é de 500 miligramos cada 12 horas. A dose debe reducirse en insuficiencia renal.

Non hai datos claros sobre o emprego de cefradina durante o embarazo. No leite materno poden detectarse trazas de cefradina, polo que se recomenda precaución durante a lactación[3].

  1. "Ficha técnica de "cefradina" da FDA" (en inglés). Consultado o 13 September 2018. 
  2. Felix Leitner (Xullo de 1979). "BACTERICIDAL ACTIVITY OF CEFADROXIL, CEPHALEXIN, AND CEPHRADINE IN AN IN VITRO PHARMACOKINETIC MODEL". The Journal Of Antibiotics (en inglés). Consultado o 13 setembro 2018. 
  3. Vademecum (en Castelán). Consultado o 13 setembro 2018.