18 de novembro
Aparencia
<< | Novembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | |
2024 Todos os días |
O 18 de novembro é o 322º día do ano no Calendario Gregoriano e o 323º nos anos bisestos. Quedan 43 días para rematar o ano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1307 - Segundo a lenda Guillerme Tell disparou unha frecha á mazá colocada sobre a cabeza do seu fillo, comezando así a revolta que deu a Suíza a súa liberdade.
- 1421: en Países Baixos, entre a noite do 18 e a madrugada do 19, unha torrencial tormenta rompe un dique en Wieldrecht. Unhas 72 aldeas son tragadas polas augas e morren entre 2000 e 10 000 persoas. Toda Holanda e Zelandia quedan baixa a auga. (Inundación do día de Santa Isabel).
- 1541 - Michelangelo finaliza o fresco do Xuízo final da Capela Sistina.
- 1723 - Fundación da cidade de Ekaterimburgo en Rusia, onde será asasinada a familia imperial rusa en 1918.
- 1903 - O Tratado de Hay-Buneau-Varilla cede o Canle de Panamá ós Estados Unidos
- 1916 - Termina a primeira batalla do río Somme, en Francia, na primeira guerra mundial
- 1918 - Independencia de Letonia
- 1918 - Finaliza a Asemblea Nazonalista de Lugo e publícase o Manifesto ao Pobo Galego.
- 1952 - España é admitida na UNESCO, e ingresa formalmente o 30 de xaneiro de 1953.
- 1978 - Suicidio colectivo en Jonestown, Güiana de 913 adeptos do reverendo Jim Jones, creador da seita Templo do Pobo
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1787 - Louis Daguerre, francés, inventor do daguerrotipo (precursor da fotografía) (m. 1851).
- 1789 - Carl Maria von Weber, compositor romántico alemán (m. 1829).
- 1809 - Manuel Blanco Romasanta, o lobishome de Allariz, delincuente galego (m. 1854).
- 1824 - Franz Sigel, militar alemán (m. 1902).
- 1869 - Maximino Magariños, escultor, ebanista e imaxineiro galego (m. 1927).
- 1882 - Jacques Maritain, filósofo metafísico francés (m. 1973).
- 1883 - Vicente Varela Radío, médico e político galego (m. 1950).
- 1899 - Eugene Ormandy, director de orquestra e violinista húngaro (m. 1985).
- 1901 - George Gallup, sociólogo norteamericano (m. 1984).
- 1929 - Odón Luís Abad Flores, escritor e enxeñeiro agrónomo galego.
- 1930 - J.G. Ballard, escritor de ficción científica británico (m. 2009).
- 1934 - Dino Pacio Lindín, sociólogo e profesor galego fundador de Solidaridad Humana.
- 1953 - Alan Moore, guionista de banda deseñada.
- 1968 - Owen Wilson, actor estadounidense.
- 1974 - Chloë Sevigny, deseñadora de modas e ex-modelo estadounidense.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1922 - Marcel Proust, escritor francés (n. 1871).
- 1941 - Walther Hermann Nernst, físico e químico alemán (n. 1864).
- 1952 - Paul Éluard, poeta francés (n. 1895).
- 1954 - Dionizy Kajetanowicz, presbítero católico armeno-polaco, no gulag.
- 1962 - Niels Bohr, científico dinamarqués (n. 1885).
- 1996 - Eliseo Alonso, escritor galego (n. 1924).
- 2002 - James Coburn, actor estadounidense (n. 1928).
- 2009 - Antonio Olives Quintás, político galego (n. 1952).
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]- Día da Independencia, en Letonia
- Día Europeo para o uso prudente dos Antibióticos[1][2]
Outros
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Día europeo para el uso prudente de los antibióticos". European Centre for Disease Prevention and Control.
- ↑ "Día Europeo para el Uso Prudente de los Antibióticos". Ministerio de Sanidad.