16 de novembro
Aparencia
<< | Novembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | |
2024 Todos os días |
O 16 de novembro é o 320º día do ano no Calendario Gregoriano e o 321º nos anos bisestos. Quedan 45 días para rematar o ano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 534: na Roma, o emperador Xustiniano promulga a revisión do Codex Justinianus.
- 1117 - Afonso VII é recibido como rei en Toledo a instancias do seu aio o conde Pedro Froilaz.
- 1384 - Jadwiga de Polonia é coroada Rei (sic) de Polonia.
- 1909 - John Ambrose Fleming inventa a válvula termoiónica (tamén chamada tubo de baleiro).
- 1913 - Inaugúrase a estación telegráfica de Cabo Fisterra, no monte Facho.
- 1919 - Concédese a Jose Alix Martínez (Zaragoza), a primeira patente polo invento dunha "ola para toda clase de guisos que se denominará ola exprés".
- 1938 - Fin da batalla do Ebro, na que morren 30 000 persoas e 20 000 son apresadas. O resultado, desfavorable para a República, marcará decisivamente o final da guerra civil española.
- 1945 - Fúndase en Londres a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO.
- 1963 - Presentación oficial do I Plan de Desarrollo na España franquista.
- 2002 - Prodúcese o primeiro gromo da Síndrome respiratoria aguda grave (SARS) en Guangdong, China.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1836 - Kalākaua, último rei do Reino das Hawai (m. 1891).
- 1845 - Leopoldo Meruéndano Arias, teólogo, avogado e político galego (m. 1920).
- 1876 - Manuel García Barros, Ken Keirades, mestre e escritor en lingua galega (m. 1972).
- 1877 - Faustino Santalices, en Bande (Ourense), zanfonista, gaiteiro e investigador musical.
- 1889 - Luís Porteiro Garea, avogado e político galego (m. 1918).
- 1895 - Paul Hindemith, compositor, violista e director de orquestra alemán (m. 1963).
- 1897 - Áurea Rodríguez, a primeira gaiteira galega.
- 1901 - Ernest Nagel, filósofo checo (m. 1985).
- 1916 - Francisco Río Barja, xeógrafo galego.
- 1919 - Anatoli Dobrynin, político soviético (m. 2010)
- 1922 - José Saramago, autor portugués gañador do Premio Nobel de Literatura, en 1998.
- 1928 - Antón Santamarina Delgado, escritor e político galego.
- 1936 - Francisco Cacharro Pardo, exsenador e expresidente da Deputación de Lugo.
- 1952 - Shigeru Miyamoto, deseñador de videoxogos.
- 1968 - Román Rodríguez González, xeógrafo e político galego.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1796 - Frederico Guillerme II, rei de Prusia (n. 1744).
- 1885 - Louis Riel, líder da tribo rebelde dos métis no Canadá, executado por alta traizón.
- 1925 - Carolina Michaëlis de Vasconcelos, lingüista alemá, especializada en filoloxía galaico - portuguesa (n. 1851).
- 1960 - Clark Gable, actor estadounidense (n. 1901).
- 1973 - Lorenzo Fernández, futbolista galego, campión olímpico con Uruguai (n.1900).
- 1989 - Ignacio Ellacuría, filósofo e teólogo vasco nacionalizado salvadoreño (n. 1930).
- 2005 - Henry Taube, químico canadense (n. 1915).
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]- Día Internacional para a Tolerancia [1]
- Día Internacional do Patrimonio Mundial [2]
Outros
[editar | editar a fonte]- Santoral: Santa Xertrude.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Tolerance day" (en inglés)..
- ↑ "Día Internacional del Patrimonio Mundial de la Unesco" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2022. Consultado o 18 de novembro de 2022..