Saltar ao contido

Román Rodríguez González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRomán Rodríguez González

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de novembro de 1968 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
O Vento, España Editar o valor en Wikidata
Conselleiro da Xunta de Galicia
2015 –
Deputado do Parlamento de Galicia
2009 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, xeógrafo Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX932459 BUSC: rodriguez-gonzalez-roman-1968 Dialnet: 108898


Román Rodríguez González, nado no Vento (Lalín) o 16 de novembro de 1968, é un xeógrafo e político galego do PPdeG.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1991) e doutor en Xeografía (1996). Foi profesor na Universidade de León e despois titular do Departamento de Xeografía da USC. No ano 2000 foi recoñecido co Premio da Crítica Galicia na modalidade de investigación polo seu estudo De aldeas a cidades.

Principiou a carreira política como concelleiro en Lalín dende as eleccións municipais de 1999, con responsabilidades en cultura, medio ambiente, urbanismo e desenvolvemento, ata 2015. Foi elixido deputado no Parlamento de Galicia por primeira vez en 2009, e foi voceiro de Educación e de Urbanismo e Ordenación do Territorio do grupo do Partido Popular de Galicia.

En febreiro de 2015 foi designado Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria[1]. Volveu ser elixido deputado nas autonómicas de 2016 aínda que pouco logo renunciou ao escano canda outros catro conselleiros para se dedicaren en exclusiva ás responsabilidades de goberno[2]. Mediada a lexislatura, as competencias de Educación e Universidade foron asumidas por Carmen Pomar, en canto que Rodríguez seguiu a cargo de Cultura e Turismo cunha consellaría de seu.

Após as eleccións de 2020 volveu ao goberno da Xunta coas competencias reagrupadas agás Turismo, que pasou a depender do vicepresidente Alfonso Rueda. En setembro de 2021 volveu deixar o escano a canda moitos dos outros deputados que tamén eran conselleiros[3].

Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixido deputado por Pontevedra,[4] e continuou formando parte do gabinete de Alfonso Rueda á fronte da Consellería de Educación e Ciencia.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

É fillo de Xosé Manuel Rodríguez e Esther González. Está casado con María Begoña Mosteiro Blanco (directora do Instituto da Xuventude de Galicia) e ten dous fillos, Román e Xosé Manuel Rodríguez Mosteiro.

  • Lalín, un proceso de urbanización e desenvolvemento : 1960-1990, 1995.
  • La urbanización del espacio rural en Galicia, 1997.
  • De aldeas a cidades, 1999.
  • A Estrada : xente e paisaxe, 2003.
  • Xeografía, entre cultura e profesión territorial, 2004.
  • Reformar la administración territorial : municipios eficientes y viables, 2009.


Predecesor:
Xesús Vázquez Abad
 
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
 
2015 - 2018
Sucesor:
Carmen Pomar Tojo (Educación e Universidade)
Predecesor:
el mesmo
 
Conselleiro de Cultura e Turismo
 
2018 - 2020
Sucesor:
el mesmo
Predecesor:
Carmen Pomar Tojo (Educación e Universidade)
 
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
 
2020 - 2024
Sucesor:
José Carlos López Campos (Cultura, Lingua e Xuventude)
Predecesor:
el mesmo
 
Conselleiro de Educación e Ciencia
 
2024 - actualidade
Sucesor:
no cargo
  1. Román Rodríguez y Valeriano Martínez, nuevos conselleiros, nova aparecida no diario El País o 9 de febreiro de 2015. (en castelán)
  2. AMP.- Renuncian á súa acta de deputado os conselleiros de Facenda, Infraestruturas, Cultura, Sanidade e Medio Rural
  3. "Feijóo hace renunciar al escaño del Parlamento de Galicia a 7 de sus conselleiros". La Región (en castelán). 2021-09-15. Consultado o 2021-09-15. 
  4. Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]