Eduardo Alonso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de maio de 1948 ![]() Vigo, España ![]() |
Educación | Universidade Complutense de Madrid ![]() |
Actividade | |
Ocupación | director teatral ![]() |
Familia | |
Fillos | Eva Alonso Gómez ![]() |
Premios | |
![]() |
Eduardo Vicente Alonso Rodríguez,[1] nado en Vigo o 28 de maio de 1948, é un autor e director teatral galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É enxeñeiro técnico naval pola Escola de Enxeñeiros Técnicos de Ferrol, licenciado en Ciencias da Imaxe e licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Cursou estudos de Arquitectura na Escola Superior de Sevilla e de Arte Dramática na Escola Superior de Córdoba.[2]
Comezou a súa actividade teatral en 1965, sendo cofundador das compañías teatrais Teatro Zoo de Madrid (1970-1977), Teatro Andrómena de Santiago de Compostela (1979), Teatro do Estaribel, Cooperativa Teatral Galega (1980-1981), da produtora de cine, vídeo e teatro Produccións do Noroeste (1986-1991), e da compañía de teatro Teatro do Noroeste coa actriz Luma Gómez (1987).[2]
En 1984 elaborou, a instancias da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, un proxecto de Centro Dramático para Galicia, sendo posteriormente encargado de levalo á práctica, creándose así o Centro Dramático Galego do que foi primeiro director. En 1985 foi nomeado polo Ministro de Cultura, membro do Consello Nacional de Teatro. En 1987 elabora, encargado pola Consellería de Cultura e Benestar Social, un proxecto de Instituto Galego das Artes do Espectáculo, organismo para a potenciación en Galicia do cine, o teatro, a danza e as artes audiovisuais. Ten publicados varios traballos teóricos relacionados coas representación teatrais.[2]
Traduciu Monólogos da cociña (2005).[3] Tamén colaborou no libro Shakespeare and Spain (2002), The Edwin Meller Press, facéndose cargo do apartado: "Some Galician Stagings Based on Shakespeare's Plays".
Forma parte do Consello da Cultura Galega.
Obra
[editar | editar a fonte]- Niños, no hacer trampas (1968, estreada en 1971)
- Mac y Marjorit (1968, estreada en 1970)
- Sin título, sin autor (El poema del niño) (1969, estreada en 1970)
- La Máquina que sabía hacer actores (1977). Infantil.
- Xan, O Perruzo (1981)
- Atlántico (escrita en 1982).
- O país acuático (2000). Infantil
- Alta Comedia (2001)
- As damas de Ferrol (2002)
- Ensaio (2004)
- Confesión (2005)
- Mort sobrada (2005)
- Imperial. Café Cantante, Vigo 1936 (2006)
- Extrarradios (Comedia de las mujeres desamparadas) (2008)
- Glass city. Cidade de cristal (2009)
- Último cowboy (2011)
- Linda and Freddy; Linda and Freddy ilusionistas (2013)
- Palabras malditas (2016)
- Animais de compañía (2017)
- Estado de graza (2017)
- As virxes salvaxes (2020)
- Gloria nacional (2021)
- Último verán en Santa Cristina (2022)
Director
[editar | editar a fonte]- Laudamuco, Señor de ningures (1978)
- Lenta Raigame (1979)
- Bailadela da Morte ditosa (1980)
- Celtas sen filtro (1983)
- Os Vellos non deben de namorarse (1985)
- O enfermo imaxinario (1986), de Molière (adaptación en colaboración con Manuel Guede e publicada en 1987 por Edicións Xerais)
- Xogos de damas (1987)
- Medea, adaptación xunto a Manuel Guede de textos de Eurípides, Séneca e Anouilh (1988); dirixiu a adaptación feita en 1987 polo Centro Dramático Galego.
- O Coronel ten a quen lle escribir (1988)
- Galicia, S.L. (1988)
- De par en par (1989)
- As Alegres Casadas (1989), de William Shakespeare (Adaptación en colaboración con Manuel Guede e publicada en 1997 por Edicións Xerais)
- Rei Lear (1990), de William Shakespeare (adaptación en colaboración con Cándido Pazó, publicada en 1998 por Edicións Xerais)
- Tagen Ata (1990), sobre un relato de Méndez Ferrín (adaptación en colaboración con Manuel Guede)
- Os Xustos (1991)
- Un soño de Verán (1992), de William Shakespeare (adaptación en colaboración con Manuel Guede)
- Galileo Galilei (1993)
- A vía láctea (1993)
- As vodas de Fígaro, tradución e adaptación xunto a Cándido Pazó da obra de Pierre-Augustin de Beaumarchais (1994); dirixiu a adaptación feita en 1994 por Teatro do Noroeste.
- Historias Peregrinas (1995)
- Noite de Reis (1996), de William Shakespeare (adaptación en colaboración con Imma António)
- Unha rosa é unha rosa, unha comedia de medo (1997)
- El embrujado (1998)
- A Celestina, comedia dos tolos amores de Calisto e Melibea (2000), de Fernando de Rojas. Tamén adaptación.
- A Cacatúa verde (2001) de Arthur Schnitzler (adaptación en colaboración con Manuel Guede).
- As damas de Ferrol (2002)
- Ensaio (2004)
- Imperial. Café Cantante, Vigo 1936 (2006). Autoría, dirección e iluminación.
- Romeo e Xulieta (2007), de William Shakespeare. Dramaturxia, dirección, iluminación.
- Extrarradios (Comedia de las mujeres desamparadas) (2008)
- Glass city. Cidade de cristal (2009)
- Último cowboy (2011)
- Linda and Freddy; Linda and Freddy ilusionistas (2013)
- Tixola polo mango, A. Muller, non é para tanto (2013), de Lola Correa
- La mamma (2014), de Lino Braxe
- Selección natural (2014), de Lola Correa
- Palabras malditas (2016)
- Animais de compañía (2017)
- Estado de graza (2017)
- De la avaricia, la lujuria y la muerte; Ligazón. La cabeza del Bautista. La rosa de papel (2018), de Valle-Inclán.
- As virxes salvaxes (2020)
- Gloria nacional (2021)
- Polo de Franco (2021)
- Último verán en Santa Cristina (2022)
Tamén adaptou:
- El Principito, de Saint-Exupery (1971)
- Lisístrata ou de cando as mulleres reviraron (1996), de Aristófanes (en colaboración con Manuel Guede)
- Feirantes (1999), (versión escénica dalgúns relatos de Álvaro Cunqueiro recollidos no libro de descricións: Os outros feirantes)
Iluminador
[editar | editar a fonte]Todos os espectáculos que dirixiu e tamén:
- Fas e Nefás, de Eduardo Blanco Amor (1999)
- A Mostra, de Cándido Pazó (1999)
- Xogos a hora da sesta de Roma Mathieu (2002)
- Campo Sur (2002)
- A Comedia do Gurgullo, sobre textos de Plauto (2003)
- A Paz do Crepúsculo, de Itziar Pascual (2003)
- As Laranxas máis laranxas de todas as laranxas, de Carlos Casares (2004)
- García, de Cándido Pazó (2005)
- Merda, de Ricardo de Barreiro, Rafael G. García e Xavier Estévez (2005)
- La naturaleza del animal, de Marcelo Marán (2005)
- Perón-Perón (2007)
- Aeroplanos (2008), de Carlos Gorostiza
- Náufragos (2008), de André Roussin
- Limpeza de sangue (2010)
- Cyrano (2014), de Edmon Rostand
Premios
[editar | editar a fonte]- 1981: O espectáculo “Bailadela da Morte ditosa” obtivo unha mención honorífica con categoría de premio nos Premios da Crítica Galega.
- 1981: Xan, O Perruzo, premio do Ministerio de Cultura para axuda ós xoves autores.
- 1984: Premio "I Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia" polo seu labor especial a prol do teatro galego. 1992: Premio á mellor iluminación teatral polo espectáculo teatral “Os Sustos” de Albert Camus
- 1997: Premio María Casares á mellor iluminación teatral polo espectáculo teatral “Noite de Reis” de William Shakespeare.
- 2010: Premio Cultura Galega das Artes Escénicas.
- 2017: Premio de honra Marisa Soto concedido pola Asociación de actores e actrices de Galicia a toda a súa carreira.[1]
- 2023: A MIT outorga a Luis Álvarez Pousa e Eduardo Alonso o Premio de Honra Roberto Vidal Bolaño.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Eduardo Vicente Alonso Rodríguez". www.academiagalegadeteatro.gal. Consultado o 2023-06-17.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Eduardo Alonso Rodríguez Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2023-06-17.
- ↑ "Eduardo Alonso: Eduardo Alonso Rodríguez CDAEM, Teatro Español". www.teatro.es (en castelán). Consultado o 2023-06-17.
- ↑ culturagalega.org (2023-06-15). "Recoñece o papel clave que xogaron na creación das bases para o teatro profesional galego". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2023-06-17.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 23-24. ISBN 84-8064-113-4.