Luisa Martínez Lorenzo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1970 ![]() Ceuta, España ![]() |
Educación | Universidade das Palmas de Gran Canaria Universidade de Vigo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | bióloga, escritora ![]() |
![]() ![]() |
Luisa Martínez Lorenzo, nada en Ceuta en 1970, é unha bióloga e escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1994 licenciouse en Ciencias do Mar pola Universidade das Palmas de Gran Canaria e en 2002 doutorouse pola Universidade de Vigo coa tese Aplicación de modelos bio-ópticos al cálculo de la producción primaria en distintas regiones oceanográficas: Antártida, frente subtropical (región de Azores) y afloramiento de Galicia, dirixida por Francisco Gómez Figueiras. En 2007 redirixiu a súa carreira científica cara á divulgación científica como responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia. Dende 2019 dirixe a colección de divulgación científica Lanterna de Aristóteles.
Obras
[editar | editar a fonte]- Puf! vaia peido! Seres sorprendentes con nomes ben ocorrentes, 2018.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- A ciencia do mexillón. Ciencias e tecnoloxías mariñas implicadas no cultivo, trasformación e comercialización do mexillón (Mytilus galloprovincialis), 2010.
- Que teñen que ver as vacas co cambio climático?, 2022.