Saltar ao contido

Carmen García Mateo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarmen García Mateo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1963 Editar o valor en Wikidata (60/61 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesora universitaria Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Vigo, profesora (2007–) Editar o valor en Wikidata

BUSC: garcia-mateo-carmen Dialnet: 365218

Carmen García Mateo, nada en Vigo en 1963,[1] é catedrática de Teoría do Sinal e Comunicacións na Universidade de Vigo, onde tamén ten desempeñado o cargo de vicerreitora de Titulacións e Converxencia Europea. En 2014 recibiu o premio María Wonenburger concedido pola Xunta de Galicia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Carmen García Mateo estudou enxeñaría de telecomunicación na Universidade Politécnica de Madrid (1987), onde tamén doutorouse en 1993 cunha tese sobre “Técnicas de Representación do Espectro en Codificación de Voz e Baixa Velocidade”.[2]

Dende 1987 traballa como profesora na Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo (Uvigo), onde é catedrática do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións.[3] Entre os anos 2006 e 2010 foi vicerreitora de Titulacións e Converxencia Europea.[4] É directora do Grupo de investigación en Tecnoloxías Multimedia (GTM) do centro de investigación AtlantTIC da UVigo.[3] A súa investigación céntrase na tecnoloxía da fala en galego e castelán, segmentación de son e recoñecemento biométrico de persoas.[5] Ten participado en numerosas publicacións científico-técnicas e multitude de proxectos, entre eles Cotovía, o primeiro conversor texto-voz bilingüe en galego e castelán.[1]

Ademais, é membro do Consello da Cultura Galega desde 2016[1][6][7] e socia fundadora da Sociedade Española para a Acústica Forense (SEAF).[5]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Foi galardoada en 2014 co Premio María Josefa Wonenburger Planells,[8] que a Xunta de Galicia outorga anualmente desde o ano 2007, a través da Unidade de Muller e Ciencia. En 2023 a revista Gciencia considerouna unha das 20 mulleres de ciencia en Galicia que había que coñecer.[9]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Biografía de Carmen García Mateo". Consello da Cultura Galega. Consultado o 14-8-2020. 
  2. "Carmen García Mateo". igualdade.xunta.gal. Consultado o 2020-08-14. 
  3. 3,0 3,1 "Carmen García Mateo" (PDF). Escola de Telecomunicación da Universidade de Vigo. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15-08-2020. Consultado o 14-8-2020. 
  4. García, Victoria (2019-03-07). "Vinte mulleres de ciencia en Galicia que tes que coñecer". GCiencia. Consultado o 2020-08-14. 
  5. 5,0 5,1 Referentes. "Carmen García Mateo". Executivas (en castelán). Consultado o 2020-08-14. 
  6. "Wisibilizalas Carmen G. Mateo". espazoweb.com. Consultado o 2020-08-14. 
  7. "Carmen García Mateo • STEM TALENT GIRL" (en castelán). Consultado o 2020-08-14. 
  8. "García Mateo, una mujer de éxito en enseñanzas técnicas". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2020-08-14. 
  9. García, Victoria (2019-03-07). "Vinte mulleres de ciencia en Galicia que tes que coñecer". GCiencia. Consultado o 2023-02-11.