Mariám Mariño Costales
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1965 (59/60 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Empregador | Consello da Cultura Galega |
Mariám Mariño Costales, nada en Vigo en 1965, é unha antropóloga galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela en 1993 especializándose na investigación en Antropoloxía feminista.
Traballa en exclusión e discriminación social, sexualidade, espazo, sexo/xénero, feminismos, redes sociais e construción de identidades.
Investigou e publicou sobre a relación das mulleres e os museos, a presenza de mulleres nos rueiros urbanos, as organizacións de lesbianas e sobre o movemento feminista en Galicia.
Desde 2005 traballa nas liñas de igualdade do Consello da Cultura Galega, coordina o Álbum de Mulleres e a coordinación e edición d'A Saia. É coautora do informe Recuperación da documentación e memoria do Movemento Feminista Organizado en Galicia.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Recuperación da documentación e memoria do Movemento Feminista Organizado en Galicia. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. 2013. p. 168. ISBN 978-84-92923-45-8. Consultado o 14 de xuño de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mariám Mariño Costales no sitio web do Consello da Cultura Galega.
- A Saia. Publicacións periódicas feministas e LGBTIQ+.
- Álbum de Galicia.