Pedro Froilaz de Traba
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1075 (Gregoriano) Reino de Galicia |
Morte | c. 1126 (50/51 anos) Santiago de Compostela, España |
Lugar de sepultura | Panteón Real da Catedral de Santiago |
Conde de Galicia | |
Conde de Trastámara | |
Conde de Traba | |
– Fernán Pérez de Traba → | |
Actividade | |
Carreira militar | |
Conflito | Batalla de Viadangos |
Outro | |
Título | Conde |
Familia | Casa de Traba |
Cónxuxe | Urraca Froilaz de Traba Maior Rodríguez |
Fillos | Aldara Pérez de Traba () Maior Rodríguez García Pérez de Traba () Maior Rodríguez Lupa Pérez de Traba () Urraca Froilaz de Traba Bermudo Pérez de Traba () Urraca Froilaz de Traba Fernán Pérez de Traba () Urraca Froilaz de Traba Rodrigo Pérez de Traba () Maior Rodríguez |
Pais | Froila Bermúdez e Elvira Méndez de Faro |
Irmáns | Gonzalo Froilaz de Traba Visclávara Froilaz Rodrigo Froilaz Munia Froilaz Adosinda Froilaz Hermesenda Froilaz |
Pedro Froilaz (tamén escrito Pero,[1] así como Froylaz[2] ou Fróilaz[3]), foi un nobre galego nado no século XI, conde de Traba (ou Trava)[4], Trastámara[5], Galiza[6] e señor doutras tenencias e castelos. Foi o máis importante partidario do conde de Galiza Raimundo de Borgoña, quen lle confiou a crianza do seu fillo Afonso Raimúndez. Na defensa dos dereitos sucesorios do neno enfrontouse á raíña Urraca, nai do infante, e ao seu esposo Afonso o Batallador. No ano 1111, cando Afonso só contaba seis anos de idade, coroouno xunto ao bispo Xelmírez como rei de Galiza na catedral de Santiago de Compostela. Nos anos posteriores guiouno e protexeuno até coroalo tamén en Toledo (1117) e León (1126). Finou no ano 1126 sendo sucedido nos seus títulos e posesións polo seu herdeiro Fernán Pérez de Traba, terceiro dos seus quince fillos. Foi soterrado no cemiterio da igrexa de Santiago e os seus restos consérvanse actualmente nun sartego no Panteón Real da Catedral.
Orixes familiares e patrimonio territorial
[editar | editar a fonte]Biografía cronolóxica | |
---|---|
ca. 1070 | Data de nacemento descoñecida. Parte da súa infancia transcorre na corte leonesa de Afonso VI. |
1088 | Casamento con Urraca Froilaz de Traba. |
1091 | Falece seu pai Froila Bermúdez, ascendendo ao liderado do clan familiar. |
ca.1091 | Vasalo de Raimundo de Borgoña "Totius Gallecie Princeps" |
1094 | Expedición militar a Lisboa ás ordes do conde Raimundo de Borgoña. |
1095 | Afonso VI divide o reino galego ao conceder a Henrique de Borgoña e á súa filla Tareixa o Condado Portucalense. |
1105 | Casamento con dona Maior Rodríguez |
1105 | Nacemento do príncipe Afonso Raimúndez. A súa crianza é confiada a Pedro Froilaz e á súa esposa. |
1107 | Morte de Raimundo de Borgoña. Pedro Froilaz asume o goberno de Galiza. |
1107 | Xuramento de León: Pedro xura defender os dereitos ao trono do infante Afonso Raimúndez. |
ca. 1109 | Viaxa a Roma para defender diante do Papa a propiedade da súa familia do Mosteiro de Cis. |
1109 | Proclamacion de Afonso Raimúndez como rei de Galiza. |
1111 | Coroación de Afonso VII en Compostela. Pedro Froilaz mordomo maior. |
1111 | Batalla de Viadangos. |
1112 | Campaña militar contra Afonso de Aragón. Asedio e acordo de Carrión. |
1113 | Campaña militar contra Afonso de Aragón. Conquista de Burgos. |
1114 | Pacto de amizade con Diego Xelmírez. |
1115 | Pedro Froilaz leva o seu pupilo Afonso á fronteira almorábide onde se inicia unha campaña militar. |
1116 | Afonso Raimúndez é ratificado como rei de Galiza en Compostela. Guerra entre os seus partidarios e os da súa nai Urraca. |
1116 | Pedro e Tareixa de Portugal derrotan a Urraca en Sobroso. |
1116 | Urraca cede ao seu fillo Afonso os reinos de Galiza e Toledo. |
1117 | Afonso Raimundez é recibido como rei en Toledo a instancias de Pedro Froilaz. |
1121 | Urraca invade Galiza. Pedro Froilaz e Xelmírez confrontan o seu exército no Pico Sacro. |
1123 | Urraca encarcera a Pedro Froilaz, xunto á súa esposa e fillos. |
1126 | Morte de Urraca I. Coroación de Afonso VII como rei en León. |
1126 | Morte de Pedro Froilaz. Soterramento no cemiterio da Catedral de Compostela. |
A familia paterna de Pedro Froilaz, os Petriz[7], aparece vinculada ao señorío da Terra de Trasancos desde, cando menos, o século X. Alí posuíron extensas posesións patrimoniais[8], entre elas o mosteiro e panteón familiar de San Martiño de Xuvia[9]. Desde este espazo territorial inicial foron ampliando os seus señoríos ao longo dos anos mediante compras, permutas, doazóns rexias, pola presión sobre as comunidades campesiñas ou mediante alianzas matrimoniais[10]. Unha delas, a dos pais do conde Pedro: Froila Petriz Bermúdez e Elvira Méndez de Faro, permitiu á familia incorporar aos seus dominios o Castelo de Aranga[11] e diversas propiedades nas Terras de Faro[12].
A importancia da parentela propiciou que tamén algúns do irmáns de Pedro ocupasen lugares destacados na sociedade do seu tempo, como Gonzalo, o irmán máis vello, que chegou a ser bispo de Mondoñedo; Rodrigo, que herdou o señorío de Trasancos, foi almirante das costas galegas[13] e alférez de Afonso VII[14]; ou Munia, fundadora do mosteiro de Pedroso[15].
O matrimonio de Pedro Froilaz coa súa primeira esposa, Urraca Froilaz de Traba, herdeira de extensos señoríos nas bisbarras máis occidentais do reino[4], conformou un extenso dominio que abranguía desde o río Tambre até o río Sor[a] e desde as terras de Aranga até o océano Atlántico, practicamente a extensión da actual provincia da Coruña. Este territorio foi denominado máis adiante Condado de Trastámara, sendo Pedro Froilaz o seu primeiro posuidor ("in Trastamar comite Petrus Froyle")[5].
Mosteiros familiares
[editar | editar a fonte]Para garantir a continuidade indivisa do patrimonio familiar, a estratexia empregada pola aristocracia laica altomedieval era a creación de mosteiros familiares (“monasterios nostros”[17]), estes cenobios permitían vincular grandes propiedades a unha determinada liñaxe[18]. Os nobres, nunha doazón aparente, cedían os seus bens raíces aos mosteiros recibindo destes as rendas xeradas[19]. No remate do contrato, tres xeracións e vinte e nove anos no caso galego[20], toda a propiedade revertía de novo no clan, ou no seu último membro supervivente (postremeiro)[21], momento no que voltaban a aforarse as propiedades.
Unha mostra do importantísimo patrimonio herdado e ampliado polo conde Pedro é o feito de que sexa imposíbel estudar as fundacións e historia dos mosteiros de Monfero, Sobrado, Caaveiro, Moraime, Cambre, Cis, Toxos Outos, Bergondo, Xanrozo, Dormeá, Nogueirosa, Pedroso, Sabardes, Xuvia e outros, sen atopar continuadas referencias á súa familia[22].
Un incidente nun destes mosteiros, o Mosteiro de Cis, permite ilustrar o dominio nobiliar sobre eles e a relevancia do conde Pedro na súa época. No ano 1108, debido á política auspiciada por Roma de rematar cos mosteiros dúplices[23], o abade do mosteiro expulsou a comunidade feminina. Enterado o conde Pedro, expulsou á súa vez o abade do cenobio e dirixiuse a Roma onde foi recibido polo propio papa Pascual II quen tivo que recoñecer os seus dereitos sobre o cenobio[24].
Territorios e castelos
[editar | editar a fonte]O extenso patrimonio territorial do conde Pedro pode tamén ser analizado seguindo as mencións aos seus dominios na diplomatura conservada da súa época.
- Castelo de Ferreira: no ano 1090 subscribe Pedro o seu primeiro documento rexio e faino como señor de Ferreira (dominator Ferrarie)[26]. No 1096 nunha doazón do conde Raimundo de Borgoña á Catedral de Mondoñedo confirma como "Petrus Froylaz comes de Ferraria"[27]. O castelo de Ferreira e a súa xurisdición son situados por algúns estudosos na zona de Coristanco[28], se ben o castelo non se acha identificado totalmente. A súa localización pode ser outra Ferreira, na comarca trasanquesa, dominio familiar do conde Pedro e no que contaba con propiedades ben documentadas[29][30], ou mesmo unha mudanza no nome do castelo de Penafiel próximo ao de San Xurxo[31].
- Bezoucos: no ano 1092 no Tombo de Caaveiro cítase a Bermudo Ataniz, administrador deste territorio baixo o señorío do conde Pedro: “Veremudus Ataniz, qui reget terram Bisaquis sub manun comi-te domnus Petrus”[32].
- Castelo de Traba: No ano 1098 aparece o conde Pedro na lista de confirmantes dun documento do Mosteiro de San Martiño Pinario: "Petrus Froila de Sancto Giorgio et de Traua conf."[33]. O condado de Traba[4] foi incorporado ao patrimonio do conde polo seu casamento con Urraca Froilaz, e co paso do tempo asociou o seu nome ao dos membros do seu grupo aristocrático. O castelo foi unha fortificación costeira que os estudosos sitúan na freguesía de Santiago de Traba en Laxe[34], acaso no alto da Torre da Moa[35].
- Castelo de San Xurxo: referenciado por primeira vez no 1098, no mesmo documento do Mosteiro de San Martiño que o de Traba[33], o castelo situábase na serra do Pindo. Foi reconstruído no século X polo bispo Sisnando para a defensa da costa galega[36] e pertenceu inicialmente á igrexa de Iria-Compostela. En tempos de Raimundo de Borgoña foi deslindado deste dominio e confiado a Pedro Froilaz[37]. Desde alí eran administradas as terras de Carnota, Céltigos e Montaos[38].
- Conde de Trastámara: No ano 1099 figura no Tombo de Caaveiro como señor das terras entre o Tambre e o Sor, isto é o condado de Trastámara: "terra Sancti Iacobi de finibus Tamar usque in finem Sauri, imperavit comite dompnus Petrus"[39]. Esta demarcación transmitida polo conde aos seus descendentes remataría co tempo por abranguer as demais. Cómpre considerar, no entanto, que segundo o historiador Pena Graña os documentos no cales aparece Pedro Froilaz como conde de Trastámara estarían interpolados e que sería, na realidade, o seu fillo Fernán Pérez de Traba o primeiro en empregar o título.[40]
- Conde de Galiza: no 1104, o conde comeza a figurar nos documentos como conde de Galiza nos momentos de ausencia de Raimundo de Borgoña[41] para asumir plenamento o título após a súa morte no ano 1107[6].
- Presaras - Sobrado: no 1109 o conde ostenta o dominio das terras de Sobrado: "dux domnus Petrus Froile, qui territorio citerio Superaddo imperanti"[42], algúns autores estiman que este documento fai referencia ao anterior comisso altomedieval de Présaras e non ao propio mosteiro cisterciense de Sobrado[43].
- Castelo de Leiro: no ano 1112, a raíña Urraca, necesitada do apoio do conde Pedro na súa guerra con Afonso o Batallador, cedeulle o Castelo de Leiro na Terra de Nendos (Abegondo)[44].
- Caamouco: o conde Pedro aparece no ano 1114 no Tombo de Caaveiro como: "Comes domnus Petrus in Calamouquo"[45]. Señorío de reguengo cuxa tenencia pasou trala súa morte ao seu fillo Bermudo[46].
A Historia Compostelá cita ademais outros dous castelos dentro do condado de Trastámara se ben non poden relacionarse directamente coa figura do conde:
- Castelo da Espenuca: situado no monte da Espenuca no actual concello de Coirós, Terra de Nendos, figura en poder do seu fillo Rodrigo no ano 1130, catro despois do seu pasamento[47].
- Castelo de Faro: situado no Monte Xalo, no actual concello de Culleredo. Foi probabelmente patrimonio rexio e da igrexa compostelá. A súa situación dentro dos dominios dos Froilaz foi causa de diversos enfrontamentos entre a familia e o bispo Xelmírez[48].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Descoñécese a data exacta do nacemento de Pedro Froilaz, sendo comunmente aceptado que esta debeu de producirse a finais do terceiro cuarto do século XI[49]. O seu pai foi un dos máis importantes vasalos do rei García II, e loitou a carón del durante o conflito que o enfrontou aos seus irmáns Sancho e Afonso[50]. Cando finalmente García foi capturado e despoxado do seu trono por Afonso, Froila aceptou o novo señor como rexente, non como rei lexítimo[51][52]. É probábel que por causa da dubidosa fidelidade do seu pai ao novo monarca, Pedro Froilaz fose enviado como refén á corte leonesa[53], lugar onde pasou a súa infancia[54].
A súa primeira aparición nas fontes históricas data do ano 1086, momento no que confirma unha doazón do seu pai ao mosteiro familiar de Xuvia[26]. Dous anos máis tarde Pedro casou con Urraca Froilaz, filla do conde Froila Arias de Traba, asumindo no ano 1091, data do falecemento do seu pai, a xefatura do clan familiar. O matrimonio con Urraca durou até o seu falecemento no ano 1102, casando de novo o conde tres anos máis tarde, esta vez coa nobre leonesa Maior Rodríguez, filla do conde Rodrigo Muñoz de Asturias.
Raimundo de Borgoña: Totius Gallecie Princeps (ca. 1091-1107)
[editar | editar a fonte]No ano 1087 unha parte dos nobres galegos, liderados polo bispo de Compostela Diego Páez e polo conde Rodrigo Ovequiz, iniciou un levantamento coa intención de devolver a coroa galega ao seu xenuíno posuidor: García II, prisioneiro na altura do seu irmán Afonso VI. Os exércitos de Afonso asaltaron Lugo facendo fracasar un alzamento soportado desde o exterior por Guillerme de Normandia[55] e ao que non se lle coñecen apoios desde o interior por parte da familia Froilaz. Neste clima de inestabilidade, Afonso VI confiou o goberno e a pacificación do reino ao seu xenro Raimundo de Borgoña, nobre franco casado coa súa filla e herdeira Urraca. Raimundo, apadriñado pola poderosa orde de Cluny e contando desde o inicio coa colaboración dos Froilaz-Traba, exerceu o seu poder en Galiza con prerrogativas case rexias, coa vista sempre posta na sucesión do seu sogro[56].
Durante todo o período de goberno do conde borgoñón, Pedro Froilaz aparece como o seu principal partidario, asumindo o goberno do reino galego durante os períodos nos que este se atopaba ausente[57]. Na curia do conde figuran tamén outros membros da súa parentela como o seu irmán Rodrigo, que asina frecuentemente a carón del[58] e a quen se lle encomendou a defensa das costas galegas[59], o seu xenro Munio Páez, conde de Monterroso, e, xa máis tardiamente, o seu fillo Bermudo Pérez[60].
No ano 1094 o conde Pedro marchou, xunto co resto da nobreza galega (cum optimatibus Gallecie[61]), nunha fracasada tentativa de recuperar Lisboa, conquistada no ano anterior polos almorábides[62]. Esta derrota, unida á indisimulada ambición de Raimundo e ao nacemento dun novo herdeiro rexio fixo que Afonso VI concedese a metade meridional do reino galego a outro nobre franco, Henrique de Borgoña, esposo da súa filla Tareixa. Esta tentativa de dividir os nobres franceses foi rapidamente contrarrestada pola orde de Cluny, que promoveu un acordo[63] entre Henrique e Raimundo preparando un posíbel ascenso do segundo ao trono leonés trala morte de Afonso VI[64].
Son numerosos os diplomas nos que Pedro Froilaz figura como confirmante das decisións de goberno do conde Raimundo. Por exemplo, plasma a súa sinatura na concesión dun salvoconduto aos mercadores de Santiago de Compostela no 1095[65]; nunha concesión do conde Raimundo a prol do bispado de Mondoñedo no 1096; ou, no mesmo ano, nunha permuta de vilas entre Raimundo e o mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro[66]. En 1107, participou nunha escritura de doazón do conde á igrexa de Santiago e na trascendental concesión rexia do dereito a labrar moeda[67].
A preeminencia da súa posición levou a que Raimundo e Urraca lle confiasen, no ano 1105[68], a educación do seu fillo Afonso Raimúndez[b], futuro rei de Galiza segundo compromiso de Afonso VI[70].
Sucesión de Afonso VI (1107-1109)
[editar | editar a fonte]Raimundo de Borgoña finou inesperadamente en outubro do ano 1107. A consecuencia do seu pasamento, Pedro Froilaz, Diego Xelmírez, Guido de Borgoña (irmán de Raimundo e futuro papa) e outros magnates galegos foron convocados a León para aclarar a situación sucesoria. Afonso VI resolveu alí conceder o señorío do reino galego á súa filla Urraca co seu neto de dous anos como herdeiro[c], reservando o resto dos seus dominios para o seu herdeiro Sancho Afónsez. O rei puxo como condición que Urraca non volvese casar e tomou xuramento aos nobres galegos de que farían respectar esta decisión "incluso contra min mesmo"[73][74]. Porén, a morte no ano 1108 do príncipe Sancho fixo que se celebrase unha nova curia na que Afonso decidiu que Urraca desposase con Afonso I de Aragón e Navarra[75]. Esta decisión, que relegaba a Afonso Raimúndez na liña sucesoria, por detrás do rei consorte e dos posíbeis descendentes do matrimonio, causou a contrariedade dos seus partidarios franco-galegos. A xuntanza foi significativamente abandonada antes da súa conclusión por Henrique de Borgoña, "ayrado del rei"[76][77].
Cando no 1109 faleceu tamén Afonso VI e Urraca, a nova raíña, casou con Afonso o Batallador, Pedro Froilaz, fiel ao seu xuramento, proclamou rei o seu protexido[68]. Para garantir o máximo apoio á súa causa na guerra que se aproximaba, puxo fin a unha longa disputa territorial que enfrontaba a súa familia con Diego Xelmírez[78] e tentou convencer os nobres reticentes a acatar o xuramento prestado en León[79]. Porén, algúns destes nobres segundóns, opostos á alta aristocracia representada polos Traba, tomaron partido pola raíña Urraca[80]. Así o fixeron tamén outros sectores sociais, como os burgueses da cidade de Lugo, ou o conde de Sarria-Lemos Rodrigo Vélaz cuxos dominios permitiron a entrada en Galiza dos exércitos de Urraca e Afonso de Aragón na primavera do ano 1110.
O primeiro enfrontamento entre os contendentes tivo lugar nas terras da Ulloa. Alí, foi asediado e asaltado o castelo de Monterroso, ordenando o rei aragonés pasar a coitelo todos os defensores. Este cruel comportamento provocou a súa primeira separación da raíña Urraca que regresou á corte leonesa[d]. O rei de Aragón proseguiu co seu exército asolando facendas, igrexas e mosteiros polos dominios dos Traba. Pedro Froilaz agachou o infante Afonso no apartado mosteiro de Moraime en Muxía e iniciou unha campaña militar que, após tres meses de combates, forzou a retirada da hoste aragonesa con "gran deshonra"[81][82].
Meses máis tarde, nese mesmo ano de 1110, o conde Pedro recibiu unha misiva da raíña Urraca solicitando o seu auxilio polo que iniciou camiño cara a León acompañado do rei Afonso e das súas mesnadas feudais. Ao chegaren á corte, a raíña xa tiña mudado os seus plans por acharse na altura novamente reconciliada co seu home e en ruta cara a Aragón. Aconsellado por Henrique de Borgoña, o desenganado Pedro procedeu a capturar varios dos nobres que non acataran o xuramento de León e fíxose co control do castelo de Castro do Miño. A este lugar, próximo aos dominios do seu aliado Henrique, trasladou o neno-rei baixo o coidado da súa muller Guntroda e dos seus fillos[83]. Alí, foron asediados e capturados pola irmandade (germanitas) de nobres galegos opostos a Afonso Raimúndez e encarcerados no próximo castelo de Pena Corneira[84]. Pedro Froilaz, coa ambigua mediación do bispo Xelmírez[85], viuse obrigado a negociar a liberación dos reféns e, neste proceso, chegou tamén a un acordo coa propia Urraca. A raíña, de novo separada e en conflito co seu home, consentiu na coroación do seu fillo como rei de Galiza a carón dela, a cambio da axuda dos nobres galegos na súa guerra contra Afonso de Aragón[86]. A percepción territorial da época[87] concibía aínda a proxección de Galiza polo espazo leonés[88][89], por iso a secuencia lóxica era coroar a Afonso tamén na capital leonesa[90][91][92], como viñan facendo os monarcas do reino até a súa división en tres partes á morte de Fernando I[88][93].
Afonso Raimúndez, ANFUS REX (1111)
[editar | editar a fonte]Así pois, unha vez conseguida a liberación do infante, Pedro Froilaz e Xelmírez procederon a coroalo o 17 de setembro de 1111 como rei de Galiza na catedral de Compostela[94]. Na cerimonia, o bispo Xelmírez conduciu o novo rei ante o altar de Santiago onde o unxiu relixiosamente, entregoulle a espada, o cetro e coroouno con diadema de ouro. Finalizada a cerimonia celebrouse un banquete no que Pedro Froilaz actuou como dapífero real (correu cos gastos do evento); o seu irmán Rodrigo exerceu de alférez do rei (armiger regis) sostendo a súa espada, escudo e lanza[e]; o seu xenro Munio Páez presentou os manxares ao rei; e o seu fillo máis vello Bermudo mandaba servilos nas mesas[95].
Conforme ao acordado coa raíña Urraca, Pedro Froilaz, Xelmírez e o resto dos nobres presentes na coroación puxéronse á fronte das súas mesnadas feudais para levar o seu protexido á cidade de León coa intención de coroalo tamén xunto a súa nai. Marchando polas antigas vías romanas, a expedición recuperou primeiramente o control da cidade de Lugo[96], para continuar posteriormente cara a León. A vinte quilómetros do destino, a altura da vila de Viadangos, a expedición foi sorprendida e derrotada polo exército de Afonso o Batallador. O conde Pedro foi feito prisioneiro, mentres que Diego Xelmírez conseguiu fuxir co rei Afonso e poñelo a salvo no castelo de Orcellón[97], na castela ourensá[98].
Campañas militares contra Afonso de Aragón (1112-1113)
[editar | editar a fonte]"Transcorridos os quince días estipulados, os aragoneses entregan o castelo á raíña. Oh!, canta e que preclara gloria militar lles proporcionou aos galegos aquel día en que o Batallador aragonés se retirou ante eles! Pero moito máis preclaro e máis xubiloso foi cando a valorosa forza de Galiza protexeu a Castela e aos seus cabaleiros do ataque dos inimigos e obrigou a entregar o castelo do aragonés. Oh, vergoña! Os casteláns precisan de forzas alleas e son protexidos pola audacia dos galegos! Que será deses covardes cabaleiros cando o exército de Galiza, o seu escudo e amparo, se teña ido?". —Historia Compostelá - Libro I- Capítulo XC[99]
|
A comezos do 1112 Urraca perdera a fidelidade de Castela e da maior parte de León, e en Galiza tiña que compartir o poder con Pedro Froilaz e o resto da nobreza defensora do seu fillo. A dependencia de Urraca dos reforzos galegos obrigouna a emprender unha intensa campaña de vendas e concesións do patrimonio rexio[101]. Nunha destas "doazóns" outorgou ao conde Pedro, xa liberado do seu breve cativerio[102], e á súa esposa dona Maior Rodríguez o castelo de Leiro na Terra de Nendos (Abegondo), as vilas de Barcia e San Sadurniño coas súas igrexas, e outras propiedade[44][103].
Na primavera, Pedro Froilaz e o resto dos nobres galegos baixaron dos Alpes de Galiza[104] para combateren as forzas de Afonso de Aragón que cercaban Astorga. O monarca aragonés preferiu levantar o campo a combater e refuxiouse en Carrión, onde foi posto baixo asedio. O cerco durou varios meses, e a finais de ano resolveuse cun pacto e unha nova reconciliación entre Urraca e Afonso. Este desenlace deixou amolados o conde de Galiza e o resto dos seguidores de Afonso Raimúndez pois, após soportaren o máis duro da campaña[105], o seu rei volvía a ser relegado na liña sucesoria.
Porén, a comezos do ano seguinte, volveu a estalar a guerra entre os esposos e, novamente, Urraca tivo que solicitar o auxilio do conde Pedro. O 30 de maio do 1113[106] marchou outra vez á cabeza do exército galego cara a guerra na terra de foris[107], se ben esta vez a expedición estivo envolta nas protestas e mesmo a piques de regresar[108]. O encontro co exército do rei de Aragón produciuse nos arredores de Burgos, e ao igual que no ano anterior, os aragoneses refusaron dar combate permitindo poñer baixo sitio a cidade e rendela quince días despois[109].
Resentido polos fracasos militares, Afonso de Aragón enviou unha embaixada para negociar unha nova reconciliación coa raíña Urraca. Na recepción da embaixada, Xelmírez, contando coa aprobación do conde Pedro[110], falou amosando a súa oposición radical ao tratado. Na xuntanza predominaban os partidarios do acordo entre os cónxuxes, particularmente a burguesía vilega[111], polo que o bispo viuse obrigado a fuxir da reunión escoltado polos seus soldados.
Xa preparaba o conde de Traba a retirada cando a raíña Urraca lle solicitou socorro para o castelo de Berlanga, cercado polos almorábides. Até alí desprazou o conde as súas forzas para comprobar na súa chegada que os musulmáns xa se retiraran. Iniciaron entón por fin os galegos o regreso á súa terra, mais agora, unha vez consolidado un novo pacto de reconciliación entre Urraca e Afonso, facíano por terra hostil, coa vangarda e a retagarda do exército preparada para todo evento[112]. A expedición mesmo se viu obrigada a negociar o seu acceso aos pasos do Cebreiro, pois o castelo de Antares[113], que os custodiaba, atopábase en poder dun nobre oposto aos condes galegos[114].
Pacto de alianza con Diego Xelmírez (1114-1116)
[editar | editar a fonte]Eu, o conde D. Pedro Froilaz xunto cos abaixo nomeados xuro a vós, D. Diego II, bispo, que, salvo a fidelidade debida ao infante D. Afonso, ou a calquera outro señor ao que de común acordo decidísemos recibir como rei, serei o voso leal amigo, sen fraude nin mala fe, e gardarei e defenderei a vosa vida, a vosa persoa e os vosos señoríos (...) Canto á entronización do infante D. Afonso, e a distribución das dignidades e cargos da súa Casa, xuro obrar con vós de común acordo mentres o tivésemos no noso poder —Historia Compostelá - Libro I- Capítulo C[115]
|
A nova mudanza de Urraca, resolta a gobernar sen o seu fillo, impulsou a decisión do conde Pedro de asegurar e ampliar as alianzas do seu partido[116]. Este contexto explica as copiosas doazóns á igrexa compostelá de novembro do 1113 por parte da súa familia[117] e a entrega á orde de Cluny do mosteiro familiar de Xuvia no 14 de decembro de 1113[118].
A mediados do 1114, os Froilaz oficializaron a súa alianza con Diego Xelmírez. O documento leva a rúbrica do conde Pedro, da súa muller Guntroda, dos seus fillos Bermudo e Fernando e doutros relevantes membros do clan familiar. No acordo proxectábase a entronización de Afonso Raimúndez á marxe da súa nai, separando pois Galiza de León e Castela e apuntando cara a reunificación das dúas beiras do Miño baixo un mesmo soberano[119]. A só vinte anos da concesión a Tareixa e Henrique de Borgoña dos condados de Portucale e Coímbra existía unha xustificación máis fundamentada que para a creación dun novo reino portugués[120].
Unha das frases do acordo: "ou a calquera outro señor ao que de común acordo decidísemos recibir como rei" deixa mesmo entrever a posibilidade de escoller como rei outro candidato, quizais Afonso Henriques, o fillo do xa defunto Henrique de Borgoña ou a mesma Tareixa, a súa viúva[121].
Con todo, a mudanza na política da raíña, quen procura neste período mellorar as relacións con Pedro Froilaz e Xelmírez, fai que decidan adiar o seu proxecto soberanista[122]. O conde Pedro mesmo aceptou partir, a petición de Urraca, co seu rexio pupilo cara a fronteira musulmá[123] onde, desde xaneiro do 1115, os cristiáns inician unha ofensiva contra os almorábides[124].
Porén, a comezos do ano 1116 Urraca regresou novamente a Galiza decidida a romper a alianza entre os próceres galegos. Nesta xeira, a súa intención era a de prender o bispo e apoderarse do señorío da igrexa compostelá[125]. Mais, a raíña "nin podía nin se atrevía"[126] a levar a cabo os seus plans sen o beneplácito do conde de Galiza, e por este motivo ofreceulle mediante emisarios parte das terras e castelos da terra de Santiago en troco do seu consentimento. O conde Pedro, sempre fiel ás súas promesas, rexeitou participar na traizón e enviou á súa vez un emisario a Xelmírez advertíndolle dos propósitos da raíña[127]. O bispo acudiu entón a Compostela rodeándose dunha forte escolta de soldados, polo que Urraca, descuberta a súa intriga, optou por abaixarse e xurar a Xelmírez a súa inocencia até conseguir negociar con el un acordo de amizade e concordia. Con todo, este pacto non puido ser asinado pois a raíña non conseguiu atopar nobres que actuasen como fiadores da súa palabra[128].
Revolta contra Urraca (1116)
[editar | editar a fonte]"O referido rapaz regresou co seu aio Pedro Froilaz desde Estremadura a Galiza e foi recibido con grandes honores polo bispo en Iria. Despois, con xeral ledicia e gran gozo foi levado por el a Compostela. Alí, todos os habitantes cheos de xúbilo saíron ao encontro do rei neno ao entrar na cidade e, saudándoo segundo o costume de Galiza, aledáronse coa chegada do seu señor. Todos os varóns saíron armados a recibilo para tributarlle honores de rei. Eran moi agradábeis de ver as carreiras de rápidos corceis, as falanxes de xente armada a pé, os coros de mulleres bailando. Mentres, o bispo adiantouse á catedral cos cóengos que estaban con el e preparou a comitiva para acoller o rei que viña." —Historia Compostelá - Libro I- Capítulo CIX[130]
|
Cando Pedro Froilaz, novamente en campaña na Estremadura (as terras alén do Texo), coñeceu a ruptura das relacións entre Xelmírez e Urraca enviou unha misiva ao bispo, asinada polo rei Afonso, lembrándolle o xuramento de León e solicitando a súa axuda para apartar a raíña e colocar o territorio galego baixo o unívoco señorío do seu pupilo[131]. Procuraba o conde a secesión de Galiza e a restauración do antigo reino de García II na persoa de Afonso Raimúndez[132] e contaba, para a consecución do seu obxectivo, co apoio da maioría dos grandes condes galegos da época[133], algúns ligados a el por alianzas matrimoniais: Goterre Bermúdez de Montenegro, Afonso Núnez da Limia, Gómez Núnez de Toroño e a condesa Tareixa, señora dos condados de Portucale e Coímbra[134]. Conseguida a anuencia de Xelmírez, o conde Pedro e o rei Afonso abandonaron a fronteira musulmá, e regresaron a Galiza onde, nunha multitudinaria cerimonia na basílica compostelá, Afonso tomou posesión do reino[135].
A reacción de Urraca foi inmediata, na compaña do exército dos condes casteláns que lle eran fieis e dos bispos de León e Palencia marchou contra Compostela. Ao chegar a Triacastela uníronselle os seus partidarios galegos, Rodrigo Vélaz de Sarria-Lemos e Munio Páez de Monterroso, xenro de Pedro Froilaz, que nesta ocasión tomou partido por Urraca. Polas terras destes dous nobres avanzaron as forzas de Urraca seguindo o Camiño Francés até chegar a Melide[136]. Alí, Urraca enviou emisarios a Xelmírez suplicándolle que "non a privase do seu reino" e ofrecéndolle novas posesións para o seu señorío para que abandonase a súa alianza co conde Pedro: o castelo de Ferreira, a terra de Montaos e o castelo de Lobeira[137]. Todas elas achábanse case en poder dos Traba naquel momento pois Montaos e a fortaleza de Ferreira situábanse dentro do condado de Trastámara e o castelo de Lobeira soportaba na altura un asedio do exército de Fernán Pérez.
O conde Pedro reuniu tamén o seu exército e acudiu a Compostela disposto a presentar batalla. No interior da cidade o rei Afonso, ao coidado da súa esposa e dun continxente de soldados, fortificaba as torres, o pazo do bispo e a igrexa de Santiago. Porén, o decidido apoio dos burgueses da cidade á raíña Urraca, fixo que Xelmírez solicitase ao conde que retirase as súas forzas[138]. Urraca entrou entón na cidade e iniciou novas negociacións cun asediado Xelmírez, quen abandonou as posicións políticas do conde de Traba contentándose desde entón coa ampliación dos señoríos da súa diocese[139].
Unha vez acadado o acordo co bispo, Urraca marchou militarmente contra o conde Gómez Núnez de Toroño, co exército de Pedro Froilaz seguindo os seus pasos na distancia. A raíña conseguiu render o castelo de Sobroso, mais unha vez dentro da fortaleza, as forzas conxuntas do conde Pedro e Tareixa de Portugal puxeron sitio á fortaleza, encerrándoa dentro. A oportuna chegada de reforzos permitiu finalmente a fuxida de Urraca e o seu regreso a Compostela e, pouco despois a León[140]. A retirada da raíña deixou a Xelmírez nunha posición crítica, pois non só enfrontaba agora á oposición dos burgueses composteláns, que gobernaban a cidade mediante un concilium á marxe do seu señor[141], senón tamén ao exército de Pedro Froilaz que non perdoaba ao bispo a ruptura do seu pacto de alianza. A Historia Compostelá refire dous enfrontamentos da milicia compostelá co conde de Traba nas fronteiras da Terra de Santiago, en Ponte Maceira e camiño do castelo de Pena Corneira[142].
Pacto do Tambre (1117-1120)
[editar | editar a fonte]Así as cousas, Xelmírez acudiu á corte da raíña para mediar nun acordo que finalizase o conflito e evitase que se perdese "o reino de España e de Galiza"[146][f], sendo acollido con ledicia por Urraca, necesitada do apoio galego no seu cíclico conflito co rei de Aragón. Produciuse entón un intercambio de emisarios: Pedro Froilaz enviou o seu fillo Fernando e o seu xenro Guterre Bermúdez; Urraca o seu amante o conde Pedro González de Lara. O pacto, impulsado pola alta nobreza galega e castelá, asinouse nas marxes do río Tambre e establecía unha división do poder na que Afonso obtiña o goberno de Galiza e Toledo e Urraca o do resto dos territorios[149]. A partir deste convenio, Afonso Raimúndez comeza a asinar sen mencionar á súa nai nos diplomas da época[150], acompañado na maioría deles polo seu aio o conde Pedro[151].
Urraca acudiu a Galiza no ano seguinte para ratificar o tratado e para restaurar no señorío da cidade de Compostela o seu agora aliado Xelmírez. A furibunda reacción dos composteláns ao comprobar que se lles privaba do reguengo atrapou a raíña e o bispo na cidade. Xelmírez tivo que fuxir disfrazado e a propia Urraca foi prendida e aldraxada tendo que finxir ceder ás peticións dos burgueses. Os exércitos de Pedro Froilaz, co rei Afonso, os seus fillos, xenros[g] e os do resto dos grandes nobres galegos salvaron a situación ao poñeren baixo asedio a cidade até conseguir a rendición dos sublevados[152].
A finais do 1117 Pedro Froilaz levou novamente o seu rei, que contaba xa 12 anos de idade, á cidade de Toledo. Alí fixo que fose recibido como soberano nunha solemne cerimonia celebrada o 16 de novembro[153]. Na primavera do ano seguinte marchou á cabeza das mesnadas galegas outra vez contra Afonso de Aragón. Nesta ocasión, significativamente, Xelmírez levou as súas milicias da Terra de Santiago xunto á raíña Urraca, mentres que Pedro Froilaz acompañaba o rei Afonso xunto co resto dos seus partidarios[154]. Finalmente o exército non chegou a combater as tropas do Batallador, limitándose a asentar o poder dos monarcas galaicos nas fronteiras con Aragón[155]. A colaboración entre Urraca e o seu fillo Afonso, isto é Pedro Froilaz, continuou durante todo o ano 1118, facéndose cada vez máis independente o goberno de Afonso Raimúndez. No 15 de novembro confirmou os foros da cidade de Toledo estendéndoos aos moradores de Talavera e Magerit. Entre os poboadores destas vilas aparecen o propio Pedro Froilaz e o conde Gómez Núnez de Toroño[156].
No 1119 Urraca sufriu unha violenta rebelión e chegou a ser sitiada no seu propio pazo[157], por parte da nobreza galaico-leonesa anoxada pola súa viraxe política cara aos intereses casteláns. A raíña atopábase unida sentimentalmente ao conde Pedro González de Lara e iniciara unha claudicante aproximación ao rei de Aragón. Nesta conxura estivo implicado Xelmírez[157] e seguramente tamén Pedro Froilaz, quen desaparece dos diplomas emitidos pola corte de Urraca aparecendo só nos de Afonso Raimúndez[158]. Os problemas da raíña contribuíron ao reforzamento da autoridade de Afonso Raimúndez quen chega mesmo a conceder, en outubro do 1119, permiso para cuñar moeda ao mosteiro leonés de Sahagún[159].
Conflitos finais con Urraca (1120-1123)
[editar | editar a fonte]Na primavera do ano 1120, pasados tres anos da tregua pactada nos acordos do Tambre, Urraca acode a Galiza para tentar afirmar de vez o seu poder sobre o reino. Necesitada do apoio de Xelmírez para os seus propósitos, a raíña efectuou unha copiosa doazón á sé compostelá, asinou con el un novo pacto de amizade[160], outorgoulle o señorío de Galiza e procedeu a destruír unha serie de castelos edificados polos Traba arredor da Terra de Santiago[161]. Asentada a alianza con Xelmírez avanzou contra a súa irmá Tareixa de Portugal, a quen puxo baixo asedio no castelo de Lanhoso, obrigándoa a someterse ao seu goberno. O éxito da ofensiva deixaba ao conde de Traba sen a posibilidade da axuda portuguesa por primeira vez desde 1109[162]. Porén, no regreso da campaña a raíña, rachando os acordos previos, prendeu a Xelmírez e apoderouse por fin da ambicionada Terra de Santiago. Esta traizón provocou unha revolta xeneralizada entre os vasalos do bispo que obrigou a raíña a poñelo en liberdade. Xelmírez, privado das súas terras e castelos, regresou á alianza co conde Pedro co fin de recuperalos en canto lle fose posíbel[163].
Advertidos da ruptura do pacto do Tambre, probabelmente polo propio Pedro Froilaz[164], os poderosos familiares de Afonso Raimúndez comezaron a amosar a súa preocupación polos seus dereitos dinásticos. Neste sentido consérvanse cartas do abade Poncio de Cluny; da condesa Clemenza de Flandres, tía de Afonso; do duque de Aquitania Guillermo de Poitiers; ou do mesmo papa Calixto II, tío de Afonso. Nestas misivas diplomáticas, algunhas incluídas na Historia Compostelá, amosan a inquietude polo futuro do neno-rei e instan a Xelmírez á alianza co conde de Traba[165].
A acosada Urraca, incapaz de chegar a acordos co reforzado partido do seu fillo, invadiu novamente Galiza no ano seguinte, 1121. O seu exército ocupou o Pico Sacro, elevación que dominaba a area de Compostela, e comezou a edificar nel unha fortaleza coa que asediar a cidade. Pedro Froilaz e Xelmírez uniron as súas mesnadas e situáronse nas abas do monte cun exército que duplicaba o da raíña. Desde o momento da súa chegada comezaron as primeiras escaramuzas: o superior exército dos magnates galegos tentaba desaloxar as forzas de Urraca da cima do monte compensando estas a súa inferioridade cunha mellor posición estratéxica[166]. Á vista do custoso que se presentaba o combate para ambas as partes, foi alcanzada unha tregua e deseguida un novo tratado de paz. Urraca devolveu o seu señorío a Xelmírez e aceptou o regreso ao repartimento de poderes acadado no 1117[167].
Esta derrota de Urraca relanzou a alianza do conde de Traba coa condesa Tareixa, unida agora sentimentalmente ao seu fillo Fernando, quen comeza a figurar nesta altura nos diplomas portugueses como señor de Portucale e Coímbra[168]. É plausíbel que o conde Pedro apostase nestes momentos pola condesa Tareixa para a consecución dos seus obxectivos políticos[169]. A unión da condesa cos Froilaz propiciou o seu recoñecemento como soberana polos condes de Toroño e da Limia, ambos casados con fillas do conde Pedro, e polos bipos de Tui e Ourense[170], pasando deste xeito toda a metade sur do reino ás mans de Tareixa e Fernando. A alianza de Tareixa cos Froilaz foi aínda robustecida co casamento doutro dos fillos de conde, Bermudo, con Urraca Henriques, filla de Tareixa en xullo do 1122[171].
Na primavera de 1123 regresou Urraca novamente a Galiza disposta a neutralizar a casa de Traba e a combater a expansión da súa irmá Tareixa polo val do Miño. Nesta xeira, non só procurou anovar os seus pactos con Xelmírez senón tamén co propio Afonso Raimúndez[172], quen xa contaba dezaoito anos e comezaba a actúar con independencia do seu aio, para conseguir a continuación prender o mesmo Pedro Froilaz xunto coa súa muller e algúns dos seus fillos. Esta detención do conde de Galiza iniciou unha revolta por toda a xeografía galega entre os seus partidarios que motivou que Urraca tivese que liberar os seus reféns sen conseguir apoderarse dos seus dominios[173].
Derradeiros anos (1124-1126)
[editar | editar a fonte]As aparicións documentais do conde Pedro reducíronse moito desde o seu cativerio. O primeiro diploma no que reaparece é de xullo do 1124. No 1125, doa xunto á súa muller Maior Rodríguez, abondosos bens ao mosteiro de Xuvia[176]. No mesmo ano, a Historia Compostelá adica un dos seus capítulos a narrar como o conde bateu no seu xenro Afonso Núnez, conde de Limia, ás portas da catedral de Santiago[177].
No 8 de marzo do 1126 faleceu a raíña Urraca, facéndose cargo Afonso Raimúndez do poder tamén en León, con Castela aínda baixo o dominio da coroa aragonesa. Máis adiante, no 1135, o neno galego a quen Pedro Froilaz criara, sería recoñecido como emperador de Galiza, un dos tres imperios da Europa da época[178][h].
O derradeiro diploma conservado que referenda o conde é do 25 de marzo de 1126[180]. No 3 de maio, a súa esposa Maior Rodríguez doa unha vila ao mosteiro de Sahagún "pola alma do seu esposo, o conde Pedro de Galiza, e pola súa propia"[181]. Entre estas dúas datas, probabelmente en abril, o conde caeu enfermo en Compostela, lugar no que fixo testamento na presenza de Xelmírez, a súa esposa e os seus fillos. O conde cedeu un copiosísimo patrimonio á igrexa de Santiago, tan importante que a Historia Compostelá renuncia a enumeralo todo e o propio Xelmírez optou por cedelo ás súas dioceses de procedencia[182]. A probábel intención do conde era a de fixar a catedral como novo espazo de enterramento da súa estirpe familiar[183], sustituíndo o mosteiro de Xubia[184] recentemente cedido á orde de Cluny[118]. Alí foron soterrados tamén a súa muller Guntroda no ano 1129 e o seu fillo Fernando no 1155[185], se ben este último foi posteriormente trasladado, cumprindo a súa vontade, ao mosteiro de Sobrado dos Monxes[186].
O corpo do conde Pedro foi soterrado no cemiterio da catedral de Santiago (hoxe praza da Quintana) nun sarcófago a carón do muro da igrexa, no lugar no que estaba a capela de Santa Cruz. Posteriormente pasou á capela das Reliquias e arredor do ano 1900 o seu féretro foi trasladado á capela do Salvador. No ano 1926, encargóuselle ao tallista compostelán Maximino Magariños a factura dun sartego co cal incorporar os restos de Pedro Froilaz de Traba ao Panteón Real da Catedral, lugar onde hoxe se encontran,[187] O deseño do mesmo, que inclúe a coroa mailas sete cruces do escudo de Galicia, foi obra do arcebispo galeguista Manuel Lago González.[188] É a única persoa de orixe non rexia soterrada no Panteón Real.[189]
Legado e descendencia
[editar | editar a fonte]Malia ter sido Pedro Froilaz o grande persoeiro político da súa época e o home máis poderoso do reino de Galiza do seu tempo, a súa figura histórica viuse eclipsada pola de Diego Xelmírez, de quen a historiografía tradicional, incluídos galeguistas como Murguía ou Otero Pedrayo, fai eixo dos feitos acaecidos na Galiza do século XII[190]. Esta perspectiva ideoloxizada proxecta o espazo compostelán na corte de León negando a realidade dun reino de Galiza de seu[191].
O conde Pedro mantivo sempre o reino galego do tempo do rei García II, polo que loitou seu pai, como ámbito do seu proxecto político[119]. Un reino que foi encomendado a Raimundo de Borgoña na súa mocidade e que incluía naturalmente Coímbra e o condado Portucalense.[192] Ao trono deste reino, no que tan galego era Porto como Lugo e tan portugués Fernán Pérez de Traba como Afonso Henriques[193], tentou elevar o seu protexido Afonso Raimúndez[194] ou, como figura no texto do seu pacto con Xelmírez, "calquera outro señor ao que de común acordo decidísemos recibir como rei"[195]. De feito, é probábel que na etapa final da súa vida, o conde apostase por facer rei o seu propio fillo Fernando como consorte de Tareixa de Portucale[196], algo que puido ter acontecido de non mediar a derrota de San Mamede.
O conde deixou quince descendentes dos seus dous casamentos. Nunha etapa histórica no que as alianzas matrimoniais entre aristócratas equivalían a alianzas políticas, Pedro Froilaz utilizou os seus fillos para ampliar o seu poder e o da súa casa nobiliaria. As súas vodas ligaron a meirande parte da alta nobreza galega coa súa estirpe, conseguindo emparentar con até seis dos sete grandes condados galegos[133] da época: Monterroso, Montenegro, Toroño, LImia, Portucale e Coímbra.
Conde de Caamouco e de Ferreira, de Trastámara a Traba, a vella edade non veu máis prestixiosa dinidade, máis limpo corazón, man máis enteira. Núa e invencibre espada cabaleira, soupo soster dun neno a maxestade en cen loitas, levando a lealdade por brasón, por escudo e por bandeira. Cando deixou no trono ó rei sentado, volveu, tranquío, ó seu solar gallego, do máis craro linaxe berce honrado. E dos eidos nativos no sosego, empuñando a manceira dun arado, o que puido reinar, morreu labrego. —Ramón Cabanillas - Camiños no tempo[197]
|
Dos cincos fillos nados do seu primeiro matrimonio con Urraca Froilaz de Traba:
- Froila Pérez de Traba, morreu moi novo, no ano 1102.
- Bermudo Perez de Traba (-- †1168). Casou con Urraca Henríques, filla de Henrique de Borgoña e Tareixa de Portugal.
- Fernán Pérez de Traba (-- †1161). Casou con Sancha González, nobre da que se separou para unirse á raíña Tareixa, señora de Portucale e Coímbra.
- Ximena Pérez de Traba, sen referencias.
- Lupa Pérez de Traba. Casou con Munio Páez, conde de Monterroso.
Dos dez nados do segundo con Maior Guntroda Rodríguez, filla do conde Rodrigo Muñoz de Asturias:
- Rodrigo Pérez de Traba (-- †1170). Casou coa nobre Fronilde Fernández.
- García Pérez de Traba (-- †1138). Casou con Elvira Pérez, filla da raíña Urraca e o conde Pedro González de Lara.
- Vasco Pérez de Traba. Foi tenente do condado da Limia.
- Eva Pérez de Traba. Casou con García Garzés de Cabreira.
- Toda Pérez de Traba (-- †1155). Casou con Guterre Bermúdez, conde Montenegro.
- Urraca Pérez de Traba, sen referencias.
- Sancha Pérez de Traba, sen referencias.
- Estefanía Pérez de Traba. Casou con Rodrigo Fernández de Castro.
- Elvira Pérez de Traba. Casou con Gómez Núnez, conde de Tui e Toroño.
- Aldara Pérez de Traba. Casou con Arias Pérez, señor das terras do Deza.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Terra Sanct Iacobi (Terra de Santiago) de finibus Tamar (río Tambre) usque in finem Sauri (río Sor) imperavit comité dompnus Petrus [16].
- ↑ Era habitual no período medieval que a máis importante familia do reino criase na súa casa o herdeiro ao trono. Esta práctica, denominada fosterage[69], será repetida no futuro polo propio Afonso Raimúndez (Afonso VII), que confiará a crianza do seu fillo Fernando (Fernando II) a Fernán Pérez de Traba, fillo de Pedro Froilaz. O propio Fernando II confiou tamén ao seu fillo Afonso (Afonso VIII) aos Traba. Foi criado por unha filla de Fernán Pérez, Urraca e o seu marido Xoán Ares de Nóvoa
- ↑ Os analistas discuten se Afonso VI deixaba ao seu neto Galiza en calidade de reino independente[71], "para min mesmo non pido de este día en diante ningunha deferencia" di o rei[72], ou só a tenencia do territorio galego.
- ↑ Estas separacións entre Urraca e Afonso son frecuentes durante todo este período histórico. O historiador Antonio López Ferreiro enumera cinco entre os anos 1109 e 1114.
- ↑ A Historia Compostelá adxudica tal función a Rodrigo Pérez, fillo de Pedro Froilaz e Maior Rodríguez. O conde Pedro e dona Maior casaron no 6 de maio do ano 1105 polo que Rodrigo Pérez (sexto fillo de Pedro) contaría na altura cuns 6 anos, idade na que carecería dunha relevancia suficiente para ocupar tan importante papel, na que sería imposíbel que desempeñase as funcións de comandante do exército real propia dun alférez e na que ademais resulta difícil crer que fose quen de soster a espada,o escudo e a lanza do rei.
- ↑ Na Historia Compostelá o reino é denominado como España cando se fala de todo o patrimonio rexio a consecuencia da expansión polo Al-Andalus (Hispanie) ou como reino de Galiza (Gallaecie) cando se fai referencia ao reino tradicional[147]. O regnum Hispanie aparece en vinte ocasións e o regnum Gallaecie en dezasete. En tres ocasións o regnum Aragoniae e unha o regnum Toleti e o regno Portugalensi[148]. León é considerado na crónica compostelá como a capital do reino, nunca como un reino en si mesmo.
- ↑ Por medio de alianzas matrimoniais, Pedro Froilaz e a súa familia estaban ligados a algúns dos principais condes do seu tempo. O conde de Montenegro Guterre Bermúdez estaba casado coa súa filla Toda; Munio Páez de Monterroso coa súa filla Lupa; Gómez Núnez de Toroño coa súa filla Elvira e a propia Tareixa de Portucale uniuse ao seu fillo Fernando.
- ↑ No 1159 os anais de Cambrai falan de tres imperios: o bizantino, o xermánico e o de Galiza (Santiago de Compostela)[179].
- Referencias
- ↑ Beceiro Pita, Isabel (2000). "La educación: un derecho y un deber del cortesano" (PDF). La enseñanza en la Edad Media: X Semana de Estudios Medievales, Nájera 1999 (en castelán). pp. 175–206, en 180. ISBN 84-89362-80-7.
- ↑ "Nas orixes da lírica trobadoresca galego-portuguesa" (PDF). Consello da Cultura. Consultado o 30 de agosto de 2016.
- ↑ Portela Silva, Ermelindo (2001). García II de Galicia: El rey y el reino (1065-1090). La Olmeda. p. 105.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Tenencias do condado de Traba na monarquía galaico-leonesa". Xenealoxías do Ortegal. Arquivado dende o orixinal o 06/12/2018. Consultado o 12/08/2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Tenentes do condado Trastámara baixo a monarquía galaico-leonesa (1109-1157)". Xenealoxías do Ortegal. Arquivado dende o orixinal o 31/01/2020. Consultado o 12/08/2018.
- ↑ 6,0 6,1 "Táboa de tenentes de condado de Galiza baixo a monarquía galaico-leonesa (1109-1157)". Xenealoxias do Ortegal. Consultado o 12/08/2018.
- ↑ Pena Graña, André (1992). Narón, un concello con historia de seu. 2. Concello de Narón. p. 57. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2019. Consultado o 18 de xuño de 2019.
- ↑ Barón Faraldo, Andrés (2006). "O grupo aristocrático dos Froilaz nas terras do Eume. Implantación territorial e estrutura do dominio durante os séculos XI e XII" (PDF). Cátedra: revista eumesa de estudios 13: 359–361. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xuño de 2013. Consultado o 22 de xullo de 2019.
- ↑ Pena Graña, André (1992). Narón, un concello con historia de seu. 2. Concello de Narón. p. 58. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2019. Consultado o 22 de xullo de 2019.
- ↑ Barón Faraldo, Andrés (2006). "O grupo aristocrático dos Froilaz nas terras do Eume. Implantación territorial e estrutura do dominio durante os séculos XI e XII" (PDF). Cátedra: revista eumesa de estudios 13: 389–406. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xuño de 2013. Consultado o 22 de xullo de 2019.
- ↑ Barros, Carlos (2009). "Origen del castillo y coto de Aranga, siglos X-XII". Cuadernos de Estudios Gallegos (122): 143.
- ↑ González López, Emilio (1978). Grandeza e decadencia do reino de Galicia. Galaxia. pp. 203–204.
- ↑ Barón Faraldo, Andrés (2011). "Magnates y nobiles en la curia del conde Raimundo de Borgoña. Totius Gallecie Princeps (c. 1091-1107)" (PDF). Estudios Mindonienses (27): 551.
- ↑ López Sangil, Jose Luis (2005). A nobreza altomedieval galega. A familia Froilaz-Traba. Toxos Outos. p. 40.
- ↑ Pena Graña, Andrés (1993). Narón, un concello con historia de seu 2. Concello de Narón. p. 69. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2018. Consultado o 22 de xullo de 2019.
- ↑ "Tenencia do condado de Trastámara baixo a monarquía galaico-leonesa (1065-1109)". www.xenealoxiasdoortegal.net. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2019. Consultado o 2019-07-19.
- ↑ "Doazón de Naraío para o mosteiro de Xuvia". www.falamedesansadurnino.org. Consultado o 2018-12-04.
- ↑ Pena Graña, André (2007). Narón, un concello con historia de seu III. Concello de Narón. p. 152. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2018. Consultado o 22 de xullo de 2019.
- ↑ Frez, Amancio Isla (1992). La sociedad gallega en la Alta Edad Media (en castelán). Editorial CSIC - CSIC Press.
- ↑ Pena Graña, André (2007). Narón, un concello con historia de seu III. Concello de Narón. p. 103. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2018. Consultado o 22 de xullo de 2019.
- ↑ Pena Graña, André (2007). Narón, un concello con historia de seu III. Concello de Narón. p. 104. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2018. Consultado o 22 de xullo de 2019.
- ↑ López Sangil, Jose Luis (2007). "La nobleza altomedieval gallega. La familia Froilaz-Traba. Sus fundaciones monacales en Galicia en los siglos XI, XII y XIII" (PDF). Nalgures (4): 261–322.
- ↑ Xosé Antón García González (2012-02-24). "Un mosteiro dúplice". Consultado o 2018-12-04.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 3. pp. 326–328.
- ↑ López Sangil, Jose Luis (2001). "La fundación del monasterio de san salvador de Cines" (PDF). Anuario Brigantino (24): 152–153.
- ↑ 26,0 26,1 Reilly, Bernard F. (1982). The Kingdom of León-Castilla Under Queen Urraca (PDF). Princeton University Press. p. 36.
- ↑ Recuero Astray, Manuel (2002). Documentos medievales del reino de Galicia. Doña Urraca (1095-1126). Xunta de Galicia. doc. 4.
- ↑ Suárez, Manuel; Campelo, Jose, eds. (1950). Historia compostelana, o sea hechos de D. Diego Gelmírez, primer arzobispo de Santiago. Porto y Cía. Editores. op. cit. 215.
- ↑ Barón Faraldo, Andrés (2006). "O grupo aristocrático dos Froilaz nas terras do Eume. Implantación territorial e estrutura do dominio durante os séculos XI e XII" (PDF). Cátedra: revista eumesa de estudios 13: 366. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xuño de 2013. Consultado o 22 de xullo de 2019.
- ↑ "A lenda do Pico de Ferreira". www.falamedesansadurnino.org. Consultado o 2019-07-19.
- ↑ Gago, Manuel (2011). "No corazón do xigante (II): Castelos cardinais". Capítulo cero. Consultado o 2019-07-19.
- ↑ Fernández de Viana y Vieites, José Ignacio (1996). "El Tumbo de Caaveiro". Cátedra. Revista eumesa de estudios (3). doc. 122.
- ↑ 33,0 33,1 Lucas Álvarez, Manuel (2003). El Monasterio de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela en la Edad Media. Edicións O Castro. doc. 13.
- ↑ Martínez Lema, Paulo (2009). "Hidrotoponimia da comarca de Bergantiños na documentación do Tombo de Toxos Outos" (PDF). Ianua. Revista Philologica Romanica (9): 206–207. ISSN 1616-413X.
- ↑ "Hayan restos de ocupación humana en el Castelo de Traba". Anosacosta (en castelán). 2014-05-07. Consultado o 2018-12-12.
- ↑ "San Xurxo, o castelo do olimpo celta que defendía a fin da terra". Historia de Galicia. 2018-10-14. Consultado o 2019-07-19.
- ↑ Barón Faraldo, Andrés (2017). Raimundo de Borgoña, conde de Galicia. Política y relaciones de poder en el occidente peninsular (1093-1107). Glyphos. p. 293.
- ↑ Portela, Ermelindo (2016). El báculo y la ballesta. Diego Gelmírez (c. 1065-1140). Marcial Pons. pp. 290–291.
- ↑ Fernández de Viana y Vieites, José Ignacio (1996). "El Tumbo de Caaveiro". Cátedra. Revista eumesa de estudios (3). doc. 69.
- ↑ Pena Graña, André (2004). Treba y Territorium. Génesis y desarrollo del mobiliario e inmobiliario arqueológico institucional de la Gallaecia (PDF) (Tese) (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. p. 248, nota 574 [p. 257 do PDF]. ISBN 84-9750-450-X. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de maio de 2021. Consultado o 26 de novembro de 2022.
- ↑ Baron Faraldo, Andrés (2011). "Magnates y nobiles en la curia del conde Raimundo de Borgoña" (PDF). Estudios Mindonienses (27): 548.
- ↑ Loscertales, Pilar (1976). Tumbos del Monasterio de Sobrado de los Monjes 1. Dirección General del Patrimonio Artístico y Cultural. doc. 140.
- ↑ Barón Faraldo, Andrés (2017). Raimundo de Borgoña, conde de Galicia. Política y relaciones de poder en el occidente peninsular (1093-1107). Glyphos. p. 293.
- ↑ 44,0 44,1 López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 3. p. 374.
- ↑ Fernández de Viana y Vieites, José Ignacio (1996). "El Tumbo de Caaveiro". Cátedra. Revista eumesa de estudios (3). doc. 88.
- ↑ Freire Camaniel, Jose (2017). "Antiguas instituciones de San Vicente de Caamouco (Condado, Tenencia, Coto y Monasterio)" (PDF). A Tenencia. Revista Cultural de Estudos Locais (5): 18.
- ↑ Veiga Ferreira, Xosé María (2012). "Espenuca:inscrición, edificios e lugares máxicos" (PDF). Anuario Brigantino (35): 87–88.
- ↑ López Sangil, Jose Luis (2009). "Algunas precisiones sobre la antigua demarcaciónde Faro, el castillo de Faro, El Burgo y la fundación de Crunia" (PDF). Nalgures (5): 184–186.
- ↑ Pallares Méndez, María del Carmen (2006). La reina Urraca. Nerea. p. 170.
- ↑ González López, Emilio (1978). Grandeza e decadencia do Reino de Galicia. Galaxia. p. 205.
- ↑ "Froila Bermúdez". Real Academia de la Historia. Consultado o 2019-01-05.
- ↑ López Sangil, Jose Luis (2005). A nobreza altomedieval galega. A familia Froilaz-Traba. Toxos Outos. p. 17.
- ↑ Pena Graña, Andrés (1993). Narón, un concello con historia de seu 2. Concello de Narón. p. 67. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2018. Consultado o 05 de xuño de 2019.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 3. p. 322.
por razóns políticas
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa Apostólica Metropolitana Iglesia de Santiago de Compostela 3. pp. 154–159.
- ↑ Barón Faraldo, Andrés (2011). "Magnates y nobiles en la curia del conde Raimundo de Borgoña. Totius Gallecie Princeps (c. 1091-1107)" (PDF). Estudios Mindonienses 27: 532–536.
- ↑ Barón Faraldo, Andrés (2011). "Magnates y nobiles en la curia del conde Raimundo de Borgoña. Totius Gallecie Princeps (c. 1091-1107)" (PDF). Estudios Mindonienses (27): 548.
- ↑ "Taboa de tenentes do condado de Galiza baixo a mornarquía galaico-leonesa (1065-1109)". www.xenealoxiasdoortegal.net. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2020. Consultado o 2019-06-13.
- ↑ Barón Faraldo, Andrés (2011). "Magnates y nobiles en la curia del conde Raimundo de Borgoña. Totius Gallecie Princeps (c. 1091-1107)" (PDF). Estudios Mindonienses (27): 551.
- ↑ Barón Faraldo, Andrés (2011). "Magnates y nobiles en la curia del conde Raimundo de Borgoña. Totius Gallecie Princeps (c. 1091-1107)" (PDF). Estudios Mindonienses (27): 540–556.
- ↑ Barón Faraldo, Andrés (2011). "Magnates y nobiles en la curia del conde Raimundo de Borgoña. Totius Gallecie Princeps (c. 1091-1107)" (PDF). Estudios Mindonienses (27): 537.
12
- ↑ Eguea Lapina, Henrique. "A expedição de Raimundo a Lisboa". www.terraetempo.gal. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2018. Consultado o 2019-06-07.
- ↑ David, Pierre (1948). "Le pacte successoral entre Raymond de Galice et Henri de Portugal". Bulletin hispanique 50 (3): 275–290. doi:10.3406/hispa.1948.3146.
- ↑ Portela Silva, Ermelindo (2013). Diego Gelmírez y el trono de Hispania. La coronación real del año 1111. (PDF). O Século de Xelmírez (Consello da Cultura Galega). pp. 51–53.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa Apostólica Metropolitana Iglesia de Santiago de Compostela 3. Apéndice VII. pp. 36–38 (apéndices).
- ↑ López Sangil, Jose Luis (2005). A nobreza altomedieval galega. A familia Froilaz-Traba. Toxos Outos. pp. 22–23.
- ↑ López Sangil, Jose Luis (2005). A nobreza altomedieval galega. A familia Froilaz-Traba. Toxos Outos. p. 25.
- ↑ 68,0 68,1 López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa Apostólica Metropolitana Iglesia de Santiago de Compostela 3. p. 329-330.
- ↑ "Fosterage" (en inglés). 2019-03-18.
- ↑ Pena Graña, André (1992). Narón, un concello con historia de seu. Tomo II. Concello de Narón. p. 93. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2019. Consultado o 11 de xuño de 2019.
- ↑ Soldevila, Ferran (1959). Historia de España 1 (1995 ed.). p. 121.
- ↑ Falque Rey, Emma, ed. (1994). Historia Compostelana. Akal. p. 152.
- ↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Toxos Outos. pp. 53–57.
- ↑ Falque Rey, Emma, ed. (1994). Historia Compostelana. Akal. p. 152.
- ↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Toxos Outos. p. 56.
- ↑ Puyol y Alonso, Julio (ed.). Las crónicas anónimas de Sahagún (1920 ed.). p. 41.
- ↑ Pallares, María del Carmen; Portela, Ermelindo (2006). La reina Urraca. Nerea. pp. 85–86.
- ↑ Pena Graña, André (1993). Narón, un concello con historia de seu 2. Concello de Narón. pp. 100–101. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2019. Consultado o 14 de xuño de 2019.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa Apostólica Metropolitana Iglesia de Santiago de Compostela 3. p. 334.
- ↑ Falque Rey, Emma (ed.). Historia Compostelá (1994 ed.). AKAL. pp. 154–155.
- ↑ Puyol y Alonso, Julio (ed.). Las crónicas anónimas de Sahagún (1920 ed.). p. 37.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa Apostólica Metropolitana Iglesia de Santiago de Compostela 3. pp. 336–338.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa Apostólica Metropolitana Iglesia de Santiago de Compostela 3. pp. 343–345.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa Apostólica Metropolitana Iglesia de Santiago de Compostela 3. pp. 345–351.
- ↑ Pena Graña, André (1992). Narón, un concello con historia de seu 2. Concello de Narón. p. 104. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2019. Consultado o 14 de xuño de 2019.
- ↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Toxos Outos. p. 72.
- ↑ "El Reino de Galicia en los mapas medievales". Youtube. Consultado o 2019-08-20.
- ↑ 88,0 88,1 López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Toxos Outos. p. 74.
- ↑ López Carreira, Anselmo (2008). O reino medieval de Galicia. A Nosa Terra. p. 370.
- ↑ Conde, Jose Antonio (1844). Historia de la dominación de los árabes en España. p. 406.
Medina Leionis capital de Galicia
- ↑ Sáez, Emilio (1969). Colección documental del Archivo de la Catedral de león (775-1230):I (785-952). Centro de Estudios e Investigación "San Isidoro".
in Legione de Galletia
- ↑ Risco, Manuel (1784). España Sagrada. p. 429.
in civitate quae vocatur Legio, territorio Gallecie
- ↑ "Breve historia de Galiza (Francisco Carballo)" (PDF). Asociación Cedofeita. Consultado o 01/10/2018.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 3. pp. 360–365.
- ↑ Falque Rey, Emma (ed.). Historia Compostelá (1994 ed.). AKAL. p. 174-175.
- ↑ Falque Rey, Emma, ed. (1994). Historia Compostelana. Akal. p. 175.
- ↑ Región, La. "Un sillar medieval ubica el castillo de Orcellón en Brués". La Región (en castelán). Consultado o 2019-06-18.
- ↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Toxos Outos. p. 75.
- ↑ Falque Rey, Emma (ed.). Historia Compostelana (1994 ed.). AKAL. p. 216.
- ↑ Falque Rey, Emma (ed.). Historia Compostelana (1994 ed.). Akal. p. 171.
...ansiaba con todas as súas forza aniquilalo, considerando que seguramente podería apoderarse do reino se dalgún xeito o neno era asasinado. Por iso, se esforzaba con cruel maquinación en perder ao belicoso conde Pedro, fortísimo pola solidez da súa fidelidade...
- ↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Toxos Outos. p. 77.
- ↑ Reilly, Bernard F. (1982). The Kingdom of León-Castilla under Queen Urraca, 1109-1126 (PDF). Princeton University Press. pp. 81–82.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1900). "Apéndice XXVIII". Historia de la Santa a. m. iglesia de Santiago de Compostela 3. p. 81 (apéndices).
- ↑ Falque Rey, Emma, ed. (1994). Historia Compostelana. Akal. p. 183 (c.479).
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 3. p. 379.
- ↑ Falque Rey, Emma (ed.). Historia Compostelana (1994 ed.). AKAL. pp. 200–203.
- ↑ Sánchez Albornoz, Claudio. Ante a Historia Compostelá (2010 ed.). Trifolium. cap.2.
- ↑ Falque Rey, Emma (ed.). Historia Compostelana (1994 ed.). AKAL. pp. 203–205.
... queren regresar a Galiza e defenderse a si mesmos e ao seu reino (...) Ademáis, despois de que teñan regresado, non pasarán as montañas de Galiza (Galitie Alpes) para vir aqui en expedición.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 3. p. 395-397.
- ↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Toxos Outos. p. 90.
- ↑ López Carreira, Anselmo (2008). O Reino medieval de Galicia. A Nosa Terra. p. 367.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 3. AKAL. pp. 401–403.
- ↑ Uttaris (2011-09-26). "Uttaris: El castillo que hubo en Trabadelo". Uttaris. Consultado o 2019-06-21.
- ↑ Portela, Ermelindo; Pallares, María del Carmén (2013). De la función de los castillos en el tiempo y los espacios de Diego Gelmírez. Universidad de Salamanca. p. 187.
- ↑ Falque Rey, Emma (ed.). Historia Compostelá (1994 ed.). AKAL. p. 237-238.
- ↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Toxos Outos. p. 93.
- ↑ Falque Rey, Emma (ed.). Historia Compostelá (1994 ed.). AKAL. pp. 221–222.
- ↑ 118,0 118,1 Pena Graña, Andrés (1993). Narón, un concello con historia de seu 2. Concello de Narón. p. 84. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2019. Consultado o 26 de xuño de 2019.
- ↑ 119,0 119,1 119,2 Portela, Ermelindo (2016). El báculo y la ballesta. Diego Gelmírez (c.1065-1140). Marcial Pons. p. 40.
- ↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Toxos Outos. p. 167.
- ↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Toxos Outos. pp. 94–97.
- ↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Toxos Outos. pp. 99–100.
- ↑ Reilly, Bernard F. (1982). The Kingdom of León-Castilla under Queen Urraca, 1109-1126 (PDF). Princeton University Press. p. 110.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 3. pp. 447–448.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 3. pp. 412–413.
- ↑ Falque Rey, Emma (ed.). Historia Compostelá (1994 ed.). AKAL. p. 252.
- ↑ Falque Rey, Emma (ed.). Historia Compostelá (1994 ed.). AKAL. pp. 251–254.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 3. pp. 419–421.
- ↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Toxos Outos. pp. 106–107.
- ↑ Falque Rey, Emma (ed.). Historia Compostelá (1994 ed.). AKAL. p. 257.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 3. pp. 448–451.
- ↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Toxos Outos. pp. 106–107.
- ↑ 133,0 133,1 Monteagudo, Henrique (2013). Nas orixes da lírica trobadoresca galego-portuguesa (PDF). O século de Xelmírez (Consello da Cultura Galega). p. 432.
Mapa nº 4
- ↑ LÓPEZ TEIXEIRA 2013. pp. 104-107
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 3. pp. 452–453.
- ↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Toxos Outos. p. 46.
- ↑ Falque Rey, Emma (ed.). Historia Compostelá (1994 ed.). pp. 257–258.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 3. pp. 453–456.
- ↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Toxos Outos. p. 117.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 3. p. 458.
- ↑ López Carreira, Anselmo (1999). A cidade medieval galega. A Nosa Terra. p. 281.
- ↑ Falque Rey, Emma (ed.). Historia Compostelá (1994 ed.). AKAL. pp. 262–264.
- ↑ Castiñeiras, Manuel (2012). Las portadas del crucero de la catedral de Santiago (1101-1111). Alfonso VI y su legado. Actas del Congreso Internacional, Sahagún, 29 de octubre al 1 de noviembre de 2009 : IX Centenario de Alfonso VI (1109-2009) (Diputación de León). p. 217. ISBN 978-84-89410-22-0.
- ↑ Williams, John (2015). "¿España o Toulouse? Observaciones medio siglo después" (PDF). Quintana. Revista de Estudos do Departamento de Historia da Arte (Universidade de Santiago de Compostela ed.) (14): 284. ISSN 1579-7414.
- ↑ López Carreira, Anselmo (2008). O reino medieval de Galicia. A Nosa Terra. p. 370. ISBN 978-84-8341-293-0.
- ↑ Falque Rey, Emma (ed.). Historia Compostelá (1994 ed.). p. 269.
- ↑ Nogueira Román, Camilo. A memoria da nación. O reino da Gallaecia. Xerais. p. 209.
- ↑ Portela, Ermelindo (2016). El báculo y la ballesta. Diego Gelmírez (c.1065-1140). Marcial Pons. p. 82.
- ↑ Nogueira Román, Camilo. A memoria da nación. O reina da Gallaecia. Xerais. p. 209.
- ↑ Recuero Astray, Manuel (1998). Documentos medievales del Reino de Galicia: Alfonso VII (1116-1157). Documento nº 2 (Xunta de Galicia).
- ↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Toxos Outos. p. 130.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 3. pp. 490–492.
- ↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Toxos Outos. p. 122.
- ↑ Falque Rey, Emma (ed.). Historia Compostelá (1994 ed.). AKAL. p. 289.
- ↑ Reilly, Bernard F. (1982). The Kingdom of León-Castilla under Queen Urraca, 1109-1126 (PDF). Princeton University Press. p. 128.
- ↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Toxos Outos. p. 130.
- ↑ 157,0 157,1 Reilly, Bernard F. (1982). The Kingdom of León-Castilla under Queen Urraca, 1109-1126 (PDF). Princeton University Press. pp. 137–138.
- ↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Toxos Outos. p. 135-136.
- ↑ Reilly, Bernard F. (1982). The Kingdom of León-Castilla under Queen Urraca, 1109-1126 (PDF). Princeton University Press. pp. 140–141.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1901). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 4. pp. 12–14.
- ↑ Falque Rey, Emma (ed.). Historia Compostelá (1994 ed.). AKAL. pp. 351–352.
- ↑ Reilly, Bernard F. (1982). The Kingdom of León-Castilla under Queen Urraca, 1109-1126 (PDF). Princeton University Press. pp. 145–146.
- ↑ Falque Rey, Emma (ed.). Historia Compostelá (1994 ed.). AKAL. pp. 369–370.
- ↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Toxos Outos. p. 155.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1901). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 4. pp. 31–33.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1901). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 4. pp. 46–47.
- ↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Toxos Outos. p. 157.
- ↑ Reilly, Bernard F. (1982). The Kingdom of León-Castilla under Queen Urraca, 1109-1126 (PDF). Princeton University Press. p. 153.
- ↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Toxos Outos. p. 162.
- ↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Toxos Outos. p. 163.
- ↑ Reilly, Bernard F. (1982). The Kingdom of León-Castilla under Queen Urraca, 1109-1126 (PDF). Princeton University Press. p. 166.
- ↑ Falque Rey, Emma (ed.). Historia Compostelá (1994 ed.). AKAL. p. 411-414.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1901). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 4. p. 90.
- ↑ Nogueira Román, Camilo. A memoria da nación. O reino da Gallaecia. Xerais. p. 209.
- ↑ Portela, Ermelindo (2016). El báculo y la ballesta. Diego Gelmírez (c.1065-1140). Marcial Pons. p. 82.
- ↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Toxos Outos. pp. 172–173.
- ↑ Falque Rey, Emma (ed.). Historia Compostelá (1994 ed.). AKAL. p. 440.
- ↑ Nogueria Román, Camilo (2001). A memoria da nación. O reino de Gallaecia. Xerais. pp. 210–212.
- ↑ Mundy, John H. (1991). Europe in the High Middle Ages, 1150-1309. Longman.
- ↑ Cal Pardo, Enrique (1984). El monasterio de San Salvador de Pedroso en tierras de Trasancos. Deputación da Coruña. doc. nº 3.
- ↑ Fernández Florez, Jose Antonio, ed. (1991). Colección diplomática del monasterio de Sahagún. Centro de estudios San Isidoro. doc. 1224.
- ↑ Falque Rey, Emma (ed.). Historia Compostelá (1994 ed.). AKAL. pp. 496–498.
- ↑ Barón Faraldo, Andrés (2006). "O grupo aristocrático dos Fróilaz nas terras do Eume. Implantación territorial e estrutura do dominio durante os séculos XI e XII" (PDF). Cátedra: revista eumesa de estudios 13: 367. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xuño de 2013. Consultado o 22 de xullo de 2019.
- ↑ Pena Graña, André (1992). Narón, un concello con historia de seu. 2. Concello de Narón. p. 58. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2019. Consultado o 22 de xullo de 2019.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1885). Don Afonso VII, Rei de Galiza, e o seu aio o Conde de Traba (2006 ed.). Toxosoutos. p. 160.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1901). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 4. p. 269.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1901). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 4. p. 138.
- ↑ Gago Mariño, Manuel. "Adiante cun fío dun gran morto para estas noites de defuntos!". Twitter (fio). Consultado o 01/04/2023.
- ↑ Ferreiro, Xacobe (25 de xullo de 2024). "Un panteón dinástico para un reino de seu". Nós Diario. Consultado o 20 de agosto de 2024.
- ↑ "Entrevista a Xosé Antonio López Teixeira". BiosBardia. 2014-10-27. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2021. Consultado o 2019-07-29.
- ↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Toxos Outos.
contracapa
- ↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Toxos Outos. p. 117.
- ↑ Nogueira Román, Camilo (2001). A memoria da nación. O reino de Gallaecia. Xerais. p. 214, 218.
- ↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Toxos Outos. p. 106.
- ↑ Falque Rey, Emma (ed.). Historia Compostelá (1994 ed.). AKAL. p. 237-238.
- ↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Toxos Outos. p. 162 p. 167.
- ↑ Cabanillas Enríquez, Ramón (1949). Camiños do tempo. Editorial de los Bibliófilos Gallegos. p. 63.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Puyol y Alonso, Julio (Ed.). Las crónicas anónimas de Sahagún. Real Academia de la Historia. (1920)(Ed.).
- Falque Rey, Emma (Ed.): Historia Compostelana. Akal, Clásicos latinos medievales. (1994) (Ed.).
- López Ferreiro, Antonio (1885): D. Afonso VII, rei de Galiza, e o seu aio o conde de Traba. Editorial Toxosoutos. (2006) (Ed.).
- López Ferreiro, Antonio (1900): Historia de la Santa Apostólica Metropolitana Iglesia de Santiago de Compostela. Volume III.
- López Ferreiro, Antonio (1901): Historia de la Santa Apostólica Metropolitana Iglesia de Santiago de Compostela. Volume IV.
- González López, Emilio (1957): Grandeza e decadencia do Reino de Galicia. Editorial Galaxia (1978) (Ed.).
- Reilly, Bernard F. (1982): The Kingdom of León-Castilla under Queen Urraca (1109-1126). Princeton University Press.
- Pena Graña, André (1993): Narón, un concello con historia de seu. Volume 2. Concello de Narón.
- Nogueira Román, Camilo (2001): A memoria da nación. O reino de Gallaecia. Edicións Xerais.
- López Sangil, Jose Luis (2005): A Nobreza altomedieval galega. A familia Froilaz-Traba. Editorial Toxosoutos.
- López Carreira, Anselmo (2008): O Reino Medieval de Galicia. Edicións A Nosa Terra.
- López Teixeira, Xosé Antonio (2013): Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Editorial Toxos Outos.
- Barón Faraldo, Andres (2017): Raimundo de Borgoña, conde de Galicia. Glyphos publicaciones.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sepulcro de Pedro Froilaz. Catálogo dixital da Catedral de Santiago.
- "Nación de Breogán" (2:23 - 7:43) Historias de Galicia. Televisión de Galicia, 4/11/2007.
- Reis de Galicia no Panteón Real da catedral de Santiago Informativos. Televisión de Galicia. 1/7/2019.
Pedro Froilaz de Traba Nacemento: ca.1070 Falecemento: 1126
| ||
Aristocracia galega | ||
---|---|---|
Precedido por ---
|
Conde de Trastámara 1091 – 1126 |
Sucedido por Fernán Pérez de Traba |
Precedido por Raimundo de Borgoña
|
Conde de Galiza 1107-1126 |
Sucedido por Fernán Pérez de Traba |