Pena Corneira
Tipo | serra monumento natural de España | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Península Ibérica e Dorsal galega | |||
Localización | ||||
Continente | Europa | |||
División administrativa | provincia de Ourense, España, Carballeda de Avia, España, Leiro, España e Avión, España | |||
| ||||
Cordilleira | Dorsal galega | |||
Características | ||||
Superficie | 998 ha | |||
Pena Corneira é un espazo natural de 998 hectáreas declarado monumento natural da comarca ourensá do Ribeiro, entre Avión, Carballeda de Avia e Leiro, e que se caracteriza por se asentar sobre un vasto macizo granítico senlleiro cun grande interese pola súa singularidade e importancia dos seus valores científicos, culturais e paisaxísticos. Carballeda de Avia o municipio que alberga unha maior superficie, seguido dos concellos de Leiro e Avión, todos na comarca do Ribeiro.[1]
No cumio do monte atópase a Pena Corneira, un penedo vertical de dez metros de altura.
Xeoloxía
[editar | editar a fonte]Trátase dunha prolongación ao noroeste da serra do Suído, entre as concas do río Avia e do Miño. Xeoloxicamente trátase dunha masa plutónica batolítica de 18 quilómetros en sentido meridiano e 7 quilómetros en sentido suroeste-nordés de hai aproximadamente uns 300 millóns de anos. O batólito constitúeno rochas graníticas hercinianas poscinemáticas, de composición xeral calcoalcalina e subalcalina, coa presenza de granitos biotíticos e granodioritas biotítico-anfibólicas, aínda que non todo o macizo presenta facies similares. A diferenciación cristalina deu lugar a diferenzas na evolución xeomorfolóxica que fixeron posíbel a existencia do macizo e as súas formacións asociadas: cristas graníticas, domos alvéolos, corredores deprimidos, caos de bólos, pías (pot holes, gnammas) etc.
Flora e fauna
[editar | editar a fonte]A erosión encheu o outeiro de penedos a xeito de grandes bólas de granito e rochas de estrañas formas (outeiro da campá, outeiro dos forniños, outeiro do lagarto, outeiro da bañeira do demo...), e onde salienta o gran fito do cumio, referente visual, xunto co Faro das Laceiras do val do Avia. O espazo está practicamente cuberto por carballeiras e fragas de interese botánico.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Consellaría de Medio Ambiente, Ordenación e Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Serra de Pena Corneira".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Consellaría de Medio Ambiente, Ordenación e Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Serra de Pena Corneira".
- Concello de Carballeda de Avia: información de rutas e turismo