Zona de especial protección para as aves
As Zonas de especial protección para as aves (ZEPA), son catalogadas polos estados membros da Unión Europea como "zonas naturais de singular relevancia para a conservación da avifauna ameazada de extinción", de acordo co establecido na directiva comunitaria 79/409/CEE e modificacións subseguintes («Directiva das Aves» da UE).[1]
A convención parte do recoñecemento de que as aves do territorio europeo son patrimonio común e han de ser protexidas a través dunha xestión homoxénea que conserve os seus hábitats. Por iso, nas zonas de protección prohíbese ou limítase a caza de aves, regúlase a posíbel comercialización; e asúmese a obriga dos estados de actuar para conservar os hábitats e preservar as condicións ambientais que as aves precisan para o seu descanso, reprodución e alimentación.[1]
España
[editar | editar a fonte]No estado español hai declaradas 647 ZEPAs, que abranguen a 10,16 millóns de ha. terrestres e 5,18 millóns de ha. mariñas.[2]
Galicia
[editar | editar a fonte]As ZEPA galegas inclúen os seguintes espazos[3][4]:
Nome | Concellos ou Comarcas | Superficie (ha.) |
---|---|---|
A Limia | Comarca da Limia e comarca de Allariz - Maceda[5] | 6939 |
Ancares | Cervantes, Navia de Suarna | 12656 |
Baixa Limia - Serra do Xurés | Comarca da Baixa Limia e Terra de Celanova[6] | 31287 |
Complexo intermareal Umia - O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira | Cambados, O Grove, Illa de Arousa, Meaño, Ribadumia, Sanxenxo. | 2813 |
Complexo litoral de Corrubedo | Ribeira | 971 |
Costa de Ferrolterra - Valdoviño | Ferrol, Narón e Valdoviño | 4266 |
Costa da Mariña Occidental | Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo | 2168 |
Costa da Morte (Norte) | Arteixo, A Laracha, Carballo, Malpica | 7962 |
Esteiro do Miño | Guarda, O Rosal | 1688 |
Illa de Ons | Bueu | 924 |
Illas Cíes | Vigo | 990 |
Pena Trevinca | Carballeda de Valdeorras, A Veiga, Viana do Bolo, Manzaneda, O Bolo | 22511 |
Ribadeo | Ribadeo, Trabada | 625 |
Ría de Foz | Foz, Barreiros | 564 |
Ría de Ortigueira e Ladrido | Cariño, Ortigueira | 3025 |
Serra da Enciña da Lastra | Comarca de Valdeorras e comarca leonesa de Ponferrada | 1787 |
Na lexislación galega estes espazos protexidos foron unha categoría dentro das "Zonas de especial protección dos valores naturais" (ZEPVN) ata o 2019, cando se retirou esta categoría da lexislación galega.[7] Todos os espazos da rede natura están integrados dentro da estrutura galega de espazos naturais como tal.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Natura 2000: Sites - Birds Directive". Consultado o 4/9/2019.
- ↑ Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente. Goberno de España (eds.). "Zonas de Especial Protección para las Aves (ZEPA)".
- ↑ "Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN)". Consultado o 18/08/2017.
- ↑ Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente - MAPAMA (eds.). "Red Natura 2000 - ZEPA de Galicia".
- ↑ Abrangue territorio dos concellos de Baños de Molgas, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía.
- ↑ Abrangue territorio dos concellos de Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños, Quintela de Leirado, Verea.
- ↑ 7,0 7,1 Presidencia da Xunta de Galicia (Martes, 04 de setembro de 2001). Xunta de Galicia, eds. "LEI 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia." (DOG Núm. 171): 11.754.