Meaño
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Pontevedra | ||||
Capital | As Covas | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.258 (2023) (187,79 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 28 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Carlos Viéitez Fernández (2019–) | ||||
Eleccións municipais en Meaño | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 36967 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 36027 | ||||
Páxina web | concellodemeano.com |
Meaño é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE no ano 2016 tiña unha poboación de 5.341 habitantes, o que representa un descenso con respecto ó ano 2005, cando contaba con 5.475 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «meañés».
Poboación
[editar | editar a fonte]Censo total 2014 | 5.428 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 783 (14.42 %) |
Entre 15 e 64 anos | 3.472 (63.96 %) |
Maiores de 65 anos | 1.173 (21.61 %) |
Evolución da poboación de Meaño Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4.149 | 4.519 | 5.048 | 5.801 | 5.489 | 5.465 | 5.444 | 5.453 | 5.421 | 5.428 | 5.382 | 5.341 | |||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Situación
[editar | editar a fonte]O concello está encravado en pleno corazón da comarca do Salnés, aberto na súa parte baixa á ría de Arousa. Limita ó norte co concello de Ribadumia, ó sur con Sanxenxo, ó leste con Meis e Poio, e ó oeste con Sanxenxo, Cambados e a Ría de Arousa.
Os seus 28 km² de extensión albergan unha poboación de 5.475 habitantes, distribuídos en pequenos núcleos que configuran as sete parroquias que forman o concello, sendo Dena a máis densamente poboada (con 2.248 habitantes, a metade da poboación do concello) e a única en contacto co mar.
O concello está atravesado pola Autovía do Salnés, AG -41 (antes Vía Rápida VG-4.1), pola estrada comarcal C-550, de Vilagarcía – O Grove, e polo enlace desta con Sanxenxo, estrada Noalla - Caldas de Reis e outras estradas locais.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O relevo está configurado por dúas unidades: unha pequena dorsal montañosa, que se estende ao leste do concello, prolongación surocidental do Castrove, onde se alcanzan altitudes non superiores aos 400 metros (Fontefría 396, Montemaior 280 e Chan de Lores 271); e ampla chaira salpicada dalgúns soutos ou outeiros duns 100 metros de altitude. O reborde montañoso elevado é un bloque levantado pola tectónica, ao mesmo tempo que a parte máis baixa e chá, unha depresión formada a consecuencia do afundimento deste sector respecto ao primeiro. Este amplo val foi posteriormente recuberto por fértiles depósitos aluviais, sobre os que se instalou, sen apenas encaixarse, a rede fluvial. Son pequenos cursos de auga, destacando o río da Chanca, que nace nas fontes de Fontefría e Montemaior.
A ausencia de barreiras topográficas aos ventos húmidos dominantes do SO, propicia que se recollan importantes precipitacións, que presentan un acusado máximo a finais do outono e principios do inverno e un mínimo estival. As temperaturas medias invernais son suaves, en torno aos 10 °C, e as estivais cálidas (20 °C).
A principal actividade económica de Meaño é a agricultura. As condicións climáticas, litolóxicas e topográficas determinan o enorme potencial e fertilidade dos seus solos, sobre todo para cultivos intensivos de horta cunha clara orientación comercial; neste senso nos últimos anos aumentou moito a superficie cultivada baixo teito (invernadoiros), así como as hectáreas dedicadas a cultivos como o kiwi. Mención á parte merece o viñedo, que experimentou unha profunda transformación, tanto na mellora das variedades de vide (hoxe dominan amplamente as de albariño e caíño), como nas técnicas de enmarcado e manexo das explotacións vitivinícolas, que propiciou a aparición de importantes empresas no sector. A variedade de Albariño, encadrada na Denominación de Orixe Rías Baixas, logrou varios premios internacionais, dando fama e renome aos brancos aromáticos, afrutados e xoves caldos do val do Salnés. No concello formouse a Agrupación de Colleiteiros do Salnés.
Turismo
[editar | editar a fonte]Meaño permite gozar da tranquilidade e o descanso a poucos quilómetros dos restantes concellos da bisbarra. Cara ao interior atopamos os concellos de Ribadumia e Meis, onde se sitúa o campo de golf e o Mosteiro da Armenteira.
Seguindo a costa da Ría de Arousa cara ao norte pode visitarse Cambados, magnífica mostra da arquitectura señorial galega, Vilanova, A Illa e Vilagarcía.
Cara ao sur, na Ría de Pontevedra, o concello de Sanxenxo reúne un gran número de arenais a poucos minutos de Meaño. Entrambas rías, a través do istmo da Lanzada, entramos no concello do Grove, co monte Siradella, San Vicente do Mar e a Illa da Toxa.
A parroquia máis turística é Dena e tamén a máis importante do concello de Meaño, pois ela soa ten máis habitantes que as outras seis parroquias xuntas. Conta cunha boa e desenvolvida industria e boa conectividade para o resto das parroquias limítrofes. Tamén é a única parroquia do concello que dá ao mar, e dálle nome á entrada de auga que fai a desembocadura do río da Chanca, diante da illa da Toxa, entrada que se coñece co nome de Ría de Dena; esta pecualiaridade fai a Dena moi distinta do resto do concello, onde normalmente a economía está concentrada na agricultura. Dena xa tiña, en tempos antigos, outra forma de sustentación dos seus poboadores, con telleiras, serradoiros, fábricas de ladrillos e outras actividades, como a pesca, o marisqueo etc. Hoxe, Dena vive moito do turismo pero a súa principal actividade é sen dúbida a industria de materiais de construción e unha imparábel oferta inmobiliaria
Patrimonio histórico e artístico
[editar | editar a fonte]- Igrexa Parroquial de Santa Cristina de Covas.
- Igrexa Parroquial de Santa María de Simes
- Igrexa Parroquial de Santa Eulalia de Dena
- Igrexa Parroquial de San Miguel de Lores
- Igrexa Parroquial de San Martiño de Padrenda
- Igrexa Parroquial de Santa Eulalia de Xil
Patrimonio etnográfico
[editar | editar a fonte]Itinerarios e rutas
[editar | editar a fonte]- Ruta monumental: ruta turística visitando os principais monumentos arquitectónicos: igrexas, capelas e pazos.
- Ruta dos miradoiros: visitando o miradoiro de San Cibrán de Covas, admirando as paisaxes desde o Chan de Lores, desde Monte Castrove e desde Fontefría.
- Ruta dos muíños: Meaño conta cunha gran cantidade de muíños de auga, algúns restaurados. Esta ruta propón un percorrido por gran parte deles, gozando das paisaxes naturais que os arrodean. É unha ruta de sendeirismo.
- Ruta do Viño: ruta pola bisbarra do Salnés, visitando cada un dos municipios que o conforman, nos que se pode degustar o viño da denominación de orixe Albariño.
- Ruta Marítima Xacobea: ruta en barco polos municipios da Ría de Arousa ata chegar a Pontecesures, onde enlaza co Camiño Portugués cara Santiago de Compostela.
Calendario de festas e romarías
[editar | editar a fonte]- Santo Amaro (Meaño): 15 de xaneiro
- Romería de San Brais (Simes): 3 de febreiro
- San Bieito (Lores): 11 de xullo
- San Bieito de Palermo (Covas): martes de Pascua
- Santo Isidro Labrador (Meaño): 15 de maio
- San Xoán (Meaño): 24 de xuño
- Santa Cristina (Covas): 24 de xullo
- Santa María (Simes): 15 de agosto
- Nosa Señora dos Milagres (Meaño): 2º domingo de setembro
- Nosa Señora das Angustias (Xil): 3º domingo de setembro
- San Martiño (Padrenda): 11 de novembro
- Santa Eulalia (Xil): 10 de decembro
- Santa Lucía (Dena): 13 de decembro
- Santa Eulalia (Dena): 14 de decembro
Eventos populares
[editar | editar a fonte]- Festival de Bandas de Música (Meaño): último domingo de abril
- Carreira Popular (Meaño): 2º domingo de setembro
- Carreira de camas sobre rodas (Meaño): 2º domingo de setembro
- Festival de Baile Rexional (Meaño): 2º domingo de setembro
Meaño na literatura popular
[editar | editar a fonte]- Lévame de eiquí pra Goubes,/ miña cariña de rosa;/ lévame de eiquí pra Covas/ que esta terra non é nosa [1].
- San Vicente de Padrenda/ ten unha rosa na man/ que lla mandou de regalo/ San Clemenzo de Sisán [2].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Meaño.
-
Cruceiro de Dena
-
Quinta de San Amaro
Parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Meaño
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Meaño vexa: Lugares de Meaño.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fermín Bouza Brey 1929, 193. No orixinal: Cobas. Santa Cristina de Covas é parroquia de Meaño pero Goubes (nin Gouves) non consta no Nomenclátor. A cantiga foi recollida en Meis.
- ↑ Fermín Bouza-Brey 1929, 183. Padrenda é parroquia de Meaño pero con advocación a San Martiño. San Clemenzo de Sisán é parroquia de Ribadumia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Meaño |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bouza Brey, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II].