Praia da Lanzada
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Lanzada.
Praia da Lanzada | |
---|---|
A praia da Lanzada | |
Características xerais | |
Localización | |
Lonxitude | 2700 m |
Largo medio | 20 m |
Grao de ocupación | Alto |
Grao de urbanización | Ningún |
Paseo marítimo | Si |
Características específicas | |
Tipo de area | Grosa |
Aspectos medioambientais | |
Zona protexida | Si |
Bandeira Azul | Si |
Seguridade | |
Equipo de vixilancia | Si |
Sinalización do perigo | Si |
Equipo de salvamento | Si |
Accesibilidade | |
Accesible a discapacitados | Si |
Tipo de acceso | Ramplas de madeira |
A praia da Lanzada é un dos areais galegos máis coñecidos. Pertencente á parroquia San Vicente do Grove, está situada no tramo de costa entre os concellos de Sanxenxo e O Grove.
É unha praia aberta con máis de 2.700 m de lonxitude, sendo a sétima máis longa de toda Galicia.[1] Tivo concedida a Bandeira Azul pero, en 2017, o concello do Grove renunciou ás bandeiras azuis en todo o seu termo, manténdose o galardón para o tramo de Sanxenxo.[2][3] Dispón de multitude de servizos.
Nas proximidades atópanse a Torre da Lanzada, o Castro da Lanzada e a ermida da Nosa Señora da Lanzada, todos eles xa en terreos do concello de Sanxenxo.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Castro da Lanzada.
-
Panorámica da Lanzada dende Punta Lapa
-
Solpor desde a beira de Sanxenxo
-
Solpor desde a beira de Sanxenxo
-
Solpor desde a beira de Sanxenxo
Notas
- ↑ García, Thalia (2022-08-13). "Estas son las 15 playas más largas de Galicia". Quincemil (en castelán). Consultado o 2023-08-23.
- ↑ "O Grove rexeita as bandeiras azuis como sinal de protesta". Pontevedra Viva. 2016-06-01. Consultado o 2023-08-23.
- ↑ "O Grove cumple su amenaza y rechaza las banderas azules como señal de protesta". Faro de Vigo (en castelán). 2016-06-01. Consultado o 2023-08-23.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Praia da Lanzada |