Saltar ao contido

Bieito de Palermo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBieito de Palermo

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(it) Benedetto il Moro Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de marzo de 1526 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
San Fratello, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte4 de abril de 1589 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Palermo, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSicilia Editar o valor en Wikidata
Abade
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfrade Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Freires Menores Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa4 de abril Editar o valor en Wikidata

Find a Grave: 15052767 Editar o valor en Wikidata

Benito Manasseri, chamado San Bieito de Palermo e tamén coñecido como San Bieito, o Africano, foi un relixioso italiano, canonizado tras un longo proceso en 1807.[1] Naceu en 1526 na localidade italiana de San Fratello, en Messina (Sicilia) e morreu o 4 de abril de 1589 no seu convento de Palermo (Sicilia). [1]

Biografía

[editar | editar a fonte]

De orixe africana, era fillo de escravos. Crese que os seus pais puideron traballar nunha plantación próxima a Messina onde foran traídos como escravos de Etiopía. Recibiu a liberdade dos seus amos tras o seu nacemento e nos seus primeiros anos gañouse a vida como pastor. Sufriu discriminación pola súa condición.[1]

Cando tiña sobre vinte anos, coñeceu a un grupo de ermitáns que seguían a Regra de san Francisco aos que se uniu atraído polas ideas do santo. Tamén se adoita explicar o seu achegamento grazas a un ermitán que se fixou na súa paciencia fronte ás burlas e críticas.[1]

Igrexa de Santa Cristina de Covas, onde se venera a San Bieito de Palermo.

En 1564, tras a abolición papal das comunidades de ermitáns, o grupo disolveuse. Bieito ingresou no convento de Santa María de Palermo. Debido ao seu analfabetismo, foi relegado á cociña do convento. Desde a cociña a súa piedade, a súa humildade e os milagres que se lle atribuíron, sobre todo curacións, déronlle gran fama, o que lle levou a ser elixido prior en 1578. Posteriormente foi mestre de novizos, para despois volver á cociña. A súa festa celébrase o 4 de abril.[1]

Canonización

[editar | editar a fonte]

Bieito de Palermo foi beatificado polo papa Bieito XIV en 1743 e canonizado en 1807 por Pío VII. Tamén se di que o seu corpo foi atopado incorrupto cando foi exhumado poucos anos despois. Santo patrón dos afroamericanos, Bieito é lembrado pola súa paciencia e entendemento cando se enfrontaba a prexuízos raciais. Existen polo menos cinco parroquias católicas negras que levan o seu nome en Estados Unidos, en Queens, Nova York, Chicago, Illinois, Pittsburgh, Omaha, Nebraska, Columbus, Xeorxia, e en Savannah, Xeorxia.[1]

Devoción

[editar | editar a fonte]

A devoción a San Bieito de Palermo está espallada ao longo de América Latina, desde México até a Arxentina. Tamén recibe culto especial en Sicilia.[2]

En Galicia venérase en Santa Cristina de Covas (Meaño), onde se introduciu a principios do século XIX. Alí celébrase o martes de Pascua.[3] É avogoso das dores de cabeza, dos ollos, dos peitos e do cancro.[2]

Tamén se venera en Angoares (Ponteareas).[2]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Abad, Xoán C. (2022). In hac lacrimarum valle. Guía ilustrada para recoñecer os santos patróns dos templos da provincia de Pontevedra. Instituto de Estudos Vigueses. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Ferro Ruibal, Xesús; et alii (1992). Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo. 
  3. Hermida, Tino (2023-04-12). "San Benito de Palermo, el santo negro, cautiva a los fieles de Cobas". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-09-14.