Zona de especial protección dos valores naturais
As zonas de especial protección dos valores naturais (ZEPVN) foron unha categoría de espazo natural protexido dentro dentro da lexislación galega cunha finalidade de conservación e protección ambiental.[1][2] Esa categoría introduciuse coa da Lei 9/2001 de conservación da natureza para acoller a espazos como os da rede Rede Natura 2000.[3] Porén, retirouse coa revisión desa lei, trala aprobación da Lei 5/2019 do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia, por coincidir todos os ZEPVN cos espazos da rede natura aprobados.[4] Isto é, todos os espazos naturais galegos da Rede Natura 2000, que son as zonas especial de conservación e as zonas de especial protección para as aves, foron ata ese ano zonas de especial protección dos valores naturais.[1]
Esa categoría amparaba aos espazos naturais, culturais e de interese científico que non gozan dunha categoría superior na lexislación estatal. Nas áreas nomeadas como ZEPVN podíanse seguir levándose a cabo actividades tradicionais sempre e cando non poñan en risco o espazo natural ou patrimonio cultural protexido.[1]
Espazos ZEPVN
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Zonas especiais de conservación en Galicia.
- Artigo principal: Lugares de importancia comunitaria en Galicia.
O decreto 72/2004 galego supuxo a declaración das zonas especial de conservación e as zonas de especial protección para as aves galegas e outorgoulles a categoría de ZEPVN. O decreto 131/2008 sumou á lista a ZEPA de Pena Trevinca e o decreto 411/2009 a da Limia.
Coa Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia retírase a categoría de ZEPVN e só se consideran ZECs ou ZEPAs.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN)". Consultado o 4 de outubro de 2017.
- ↑ Eionet European Topic Centre on Biological Diversity. European Union. (eds.). "Building the Natura 2000 network. Chapter 3. Reference Portal for Natura 2000". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2017. Consultado o 04 de outubro de 2017.
Véxase '13) Nature conservation designation types (SDF field: 5.1)'
- ↑ Presidencia da Xunta de Galicia (Martes, 04 de setembro de 2001). Xunta de Galicia, eds. "LEI 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza." (DOG Núm. 171): 11.754.
- ↑ 4,0 4,1 Presidencia da Xunta de Galicia (Martes, 04 de setembro de 2001). Xunta de Galicia, eds. "LEI 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia." (DOG Núm. 171): 11.754.