Manzaneda
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital | Manzaneda | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 832 (2023) (7,26 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 114,6 km² | ||||
Altitude | 657 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | David Rodríguez Estévez (2016–2020) | ||||
Eleccións municipais en Manzaneda | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32... | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32044 | ||||
Páxina web | concellodemanzaneda.es |
Manzaneda é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives. Segundo o padrón municipal (INE 2018) conta con 890 habitantes (435 homes e 455 mulleres) (1.150 en 2004).
Toponimia
[editar | editar a fonte]Manzaneda é un dos poucos topónimos castelanizados en Galicia aceptado coma forma oficial. Gonzalo Navaza, investigador especializado na onomástica galega, considerou que a forma Manzaneda apareceu a partir do século XVIII. O nome tradicional é Maceda, e proponse Maceda de Trives como topónimo oficial ao haber xa outro municipio ourensán homónimo, pola alta abundancia de maceiras na zona[1].
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situado na parte nororiental da provincia, limita ao norte co concello da Pobra de Trives, ao leste co concello do Bolo, ao sur co concello de Vilariño de Conso e ao oeste co concello de Chandrexa de Queixa. A súa capital, Manzaneda, destaca polo seu conxunto histórico medieval, do que se conservan importantes vestixios.
Poboación
[editar | editar a fonte]Con trazos da Galicia de montaña, con escasa poboación nova e unha ampla capa de maiores de 65 anos, en 2022 o concello de Manzaneda aglutinaba 838 habitantes.
Evolución da poboación de Manzaneda Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
3.283 | 3.437 | 2.973 | 1.954 | 1.150 | 994 | 1.006 | 1.001 | 971 | 973 | 975 | 947 | 906 | ||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Censo total | 890 (2018) |
---|---|
Menores de 15 anos | 44 (4.94 %) |
Entre 15 e 64 anos | 447 (50.22 %) |
Maiores de 65 anos | 399 (44.83 %) |
Estranxeiros | 14 (1.57 %) |
Turismo
[editar | editar a fonte]Enclavado no Macizo Central ourensán, o concello de Manzaneda conta con diversos recursos de alto valor paisaxístico e natural. Comparte a estación de esquí de Manzaneda co concello da Pobra de Trives. No Souto de Rozavales está o castiñeiro de Pumbariños, de máis de 1000 anos de idade e 13,85 metros de perímetro. Está incluído no catálogo de árbores senlleiras.
A igrexa parroquial de San Miguel de Bidueira é coñecida como a catedral das terras de Manzaneda, ou a catedral da montaña, pola súa gran maxestade. Así mesmo, a capital do concello destaca por ser unha vila medieval, da que se conservan numerosos vestixios do seu glorioso pasado.
O abano turístico complétase con rutas de sendeirismo, coñecidas popularmente como a ruta do Val Glaciar de Prada e a ruta dos Soutos de Cesurís. A primeira percorre a plataforma de abrasión dun glaciar que erosionou o val que percorre a ruta hai máis de 10.000 anos. Chega ata o núcleo abandonado de Prada, situado nunha paisaxe de gran beleza. A segunda ruta percorre os amplos soutos da parroquia de Cesuris.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Manzaneda.
-
Neve no bosque
-
Castiñeiro de Pumbariños situado no Souto de Rozavales
Parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Manzaneda
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Manzaneda vexa: Lugares de Manzaneda.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lorenzo Gil, César (20/10/2015). "Manzaneda". Dúbidas de galego. Consultado o 3/07/2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manzaneda |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |