Saltar ao contido

Celanova

Modelo:Xeografía políticaCelanova
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°09′03″N 7°57′24″O / 42.150833333333, -7.9566666666667
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalCelanova Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación5.709 (2023) Editar o valor en Wikidata (84,83 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie67,3 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude530 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataAntonio Puga Rodríguez (2019–) Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Celanova Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32800 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE32024 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webcelanova.gal Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453133

Celanova (do latín cella nova, 'cuarto pequeno, almacén ou santuario recente, de nova construción'[1]) é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 5.533 persoas (6.020 en 2009). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «celanovés».

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situación

[editar | editar a fonte]

O concello de Celanova está situado no oeste da provincia de Ourense, ao sur da capital da provincia. Limita ó norte cos concellos de Cartelle e A Merca, ó sur con Verea, ó leste coa Bola, e ó oeste con Ramirás e Quintela de Leirado. O concello, de 67,3 km², ten 18 parroquias e 133 entidades de poboación.

Á espera da construción da autovía Ourense-Celanova[2], está comunicado coa capital ourensá pola N-540 que no sentido inverso serve de enlace coa fronteira de Portugal. Ademais tamén se comunica con Xinzo de Limia pola OU-531 atravesando o Monte do Furriolo.

Orografía

[editar | editar a fonte]

No que se refire á cunca natural propia do municipio, Celanova identifícase por ser unha zona de media montaña, con dúas unidades morfolóxicas perfectamente diferenciadas que teñen o seu punto de inflexión na capital do concello a uns 525 metros de altitude. A metade suroccidental, por riba desa cota, é a que alcanza as máximas elevacións, coa Casa da Neve como punto álxido. Pola contra, a metade nororiental, máis poboada, raramente supera os 500 metros de altitude o cal xunto co ríos Sorga e Arnoia, dá lugar a un val agrario moi produtivo[3].

Hidrografía

[editar | editar a fonte]

Os ríos máis importantes que regan o concello son o río Tuño polo suroeste e os ríos Sorga e Arnoia polo nordeste. Estes tres ríos nútrense dunha abundante rede de pequenos afluentes e regatos que fai deste concello unha zona rica en auga. Como símbolo desta riqueza a capital do municipio é atravesada por un pequeno regato coñecido co nome de regato da serra o cal baña as antigas terras do Mosteiro de San Salvador.

Chove pouco (772 mm, cun mínimo no verán de 66 mm). A oscilación térmica é grande: 24 °C, entre os 7 °C de xaneiro e os 21 °C de xullo.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa historia a poboación do concello de Celanova sempre estivo relacionada co Mosteiro de San Salvador que preside a vila. No século XX a poboación sufriu variacións constantes xa que a partir da década de 1910 o número de habitantes do concello comezou a aumentar ata conseguir ser, en 1940, o segundo concello da provincia en número de habitantes[4]. Despois deste punto, o número de habitantes empezou a sufrir un descenso pronunciado que aínda se mantén na actualidade.

Censo total 5.533 (2018)
Menores de 15 anos 542 (9.79 %)
Entre 15 e 64 anos 3.058 (55.27 %)
Maiores de 65 anos 1.933 (34.93 %)
Evolución da poboación de Celanova   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4.895 7.314 7.845 8.053 6.079 5.949 5906 5809 5638 5615 5536 5508 5455 5533 5649 5644 5652
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Antes do mosteiro o lugar xa estaba poboado e chamábase Villare pertencendo a un nobre chamado Vitiza[5] que se rebelou contra Afonso III, quen o venceu e lle entregou estas terras ó avó de San Rosendo, Hermenegildo e logo pasaron a seu irmán. En 936 San Rosendo fundou o Mosteiro de San Salvador de Celanova, ao que se lle foron outorgando numerosas doazóns e privilexios. No século XI era o máis poderoso e os seus dominios estendíanse pola Alta Limia, Monterrei e O Ribeiro.

Os irmandiños destruíron as fortalezas de Milmanda e Vilanova dos Infantes. Desde o século XV o mosteiro foi vítima de depredacións por parte dos nobres e tivo que ser recuperado polos Reis Católicos. A partir de 1506, coa adhesión aos mosteiros beneditinos de San Benito El Real de Valladolid, perdeu independencia, se ben foi quen de conservar o seu esplendor.

Celanova sufriu as consecuencias das disputas entre Portugal e España debido á súa proximidade á fronteira. No século XIX, durante o Trienio liberal, o mosteiro foi exclaustrado e, finalmente en 1837, desamortizado.

En 1927 incorporouse ao concello Vilanova dos Infantes e en 1967 Acevedo do Río.

Economía

[editar | editar a fonte]

Celanova constitúese en centro comarcal de servizos, sector que ocupa o 40 % da poboación. A industria (30 %) xira en torno á explotación dos recursos locais (madeira, leite, carne, metalurxia) e á construción. Cultívanse hortalizas, flores, kiwis e legumes. O gando é, sobre todo, porcos e, logo, ovellas, cabras e vacas.

Cada xoves (mércores se o xoves é festivo) celébrase unha feira tradicional na Praza Maior da vila, onde se desenvolve tamén a actividade de elaboración e degustación de polbo á feira.

Patrimonio histórico e artístico

[editar | editar a fonte]

A parte antiga da vila de Celanova está declarada Conxunto Histórico Munumental. O mosteiro de San Salvador de Celanova conta cunha igrexa abacial do século XVI, obra de Melchor de Velasco, dous claustros e as dependencias monacais. A capela de San Miguel é mozárabe.

Moi preto está Vilanova dos Infantes, onde está a torre de Vilanova dos Infantes, torre da homenaxe vestixio do castelo do século XIV derrubado polos irmandiños. Nun outeiro próximo está o castro de Castromao.

En Milmanda, a igrexa parroquial (século XVIII) érguese sobre os restos da torre de Milmanda, castelo do século X.

En Rabal hai unha ermida renacentista. Sobre o río Arnoia, a ponte romana de Freixo conduce ao concello de Cartelle.

[editar | editar a fonte]
  • As mozas de Vilanova/ eu ben sei quen elas son:/ sonche de aquelas lavadas/ que venderon o xabón.[6]
  • Cando te queiras casar/ busca viño de Xeás,/ panciño de Vilanova/ e carneiro de Gaiás.[7]
  • O cantar dos arrieiros/ é un cantar que namora:/ cántano en Ribadavia/ e resoa en Celanova.[8]
  • Vente conmigo, meniña,/ camiño de Celanova,/ i eu che direi, queridiña,/ que o teu aire me namora.[9]
  • Vilanova é do rei,/ Salvaterra da raíña;/ se eu fora filla do rei/ Vilanova érache miña.[10]

Irmandada

[editar | editar a fonte]

Celanova está irmandada coas cidades de[11]:

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Celanova.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Celanova

Acevedo do Río (San Xurxo) | Alcázar de Milmanda (Santa María) | Amoroce (Santiago) | Ansemil (Santa María) | Barxa (San Tomé) | Bobadela (Santa María) | Cañón (San Lourenzo) | Casardeita (Santiago) | Castromao (Santa María) | Celanova (San Rosendo) | Fechas (Santa María) | Freixo (Santa Cristina) | Milmanda (Santa Eufemia) | Mourillós (San Pedro) | Orga (San Miguel) | Rabal (San Salvador) | A Veiga (San Paio) | Vilanova dos Infantes (San Salvador) | Viveiro (San Xoán)

Lugares de Celanova

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Celanova vexa: Lugares de Celanova.

  1. Esta voz ten un paralelo en Cillanueva no concello leonés de Ardón. Tanto na Cillanueva leonesa como na Celanova ourensá existen importantes asentamentos monacais que testemuñan a presenza de "mosteiros novos" na súa época e mesmo primitivas CELLAE de anacoretas (persoas que viven en soidade facendo penitencia) Cabeza Quiles, F: Toponimia de Galicia. Vigo. Editorial Galaxia. pp. 182-183 2008, 703 páxs. ISBN 978-84-9865-892-1
  2. Está en construción, segundo o proxecto estará rematada en Maio de 2012 [1]
  3. "Datos tomados de Celanova Virtual". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2009. Consultado o 15 de abril de 2011. 
  4. "Datos publicados no INE". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2010. Consultado o 15 de abril de 2011. 
  5. Estrategias territoriales de un poder monástico en la Galicia medieval: Celanova (siglos X-XII), J C Sanchez Pardo.
  6. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 49. No orixinal: quén. San Salvador de Vilanova dos Infantes é parroquia do concello de Celanova.
  7. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 56. Xeás é lugar de San Salvador de Torno, concello de Lobios; Gaiás é lugar da parroquia de Santa Cruz de Grou, no concello de Lobeira; e San Salvador de Vilanova dos Infantes é parroquia do concello de Celanova.
  8. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 115.
  9. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 161.
  10. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 161. San Salvador de Vilanova dos Infantes é parroquia de Celanova; Salvaterra de Miño, concello da provincia de Pontevedra.
  11. Laura Fernández (5 de agosto de 2010). "Arte entre hermanos". La Región (en castelán). 
Vídeos externos
Unha viaxe para contar. Celanova TVG

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.