Saltar ao contido

Xunqueira de Ambía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaXunqueira de Ambía
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°12′15″N 7°44′06″O / 42.204292, -7.734986
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense Editar o valor en Wikidata
CapitalXunqueira de Ambía Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.368 (2023) Editar o valor en Wikidata (22,72 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie60,21 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude534 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJosé Luis Gavilanes Losada Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Xunqueira de Ambía Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32670 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE32036 Editar o valor en Wikidata

Páxina webxunqueiradeambia.org Editar o valor en Wikidata

Xunqueira de Ambía é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Allariz - Maceda. Segundo o IGE en 2020 tiña 1.374 habitantes (1.863 no 2006, 1.901 no 2005, 1.934 no 2004, 1.997 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é xunqueirao.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situación

[editar | editar a fonte]

O concello, de 60,21 km²[1], abrangue seis parroquias. Limita ó norte con Baños de Molgas, ó sur con Sandiás, ó leste con Vilar de Barrio e Sarreaus, e ó oeste con Allariz e Paderne de Allariz.

Hidrografía

[editar | editar a fonte]

O municipio está atravesado polo río Arnoia. No Baniño hai augas termais que nacen a 18 °C, e no Porteiro están a poza de Santa Lucía e a poza do Malladoiro.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Padrón municipal 2020 Habitantes[1] Homes Mulleres
Menores de 15 anos 95 (6,91 %) 45 50
Entre 16 e 64 anos 677 (49,27 %) 373 304
Maiores de 65 anos 602 (43,81 %) 277 325
Total 1.374 695 679
Evolución da poboación de Xunqueira de Ambía   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4.208 4.369 4.981 3.031 1.934 1.789 1.697 1.649 1.620 1.546 1.498 1.461 1.438 1.418 1.375 1.374
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Fonte: IGE[2] e INE[3].

Hai restos megalíticos. Da cultura castrexa consérvanse os poboados de Cerdeira e A Medorra. Trala romanización de Galicia construíuse a Vía Nova (vía XVIII no itinerario de Antonino) entre Braga e Astorga que atravesaba a zona. Dela consérvase un miliario, trasladado a carón da casa consistorial.

Segundo a tradición, no século IV apareceuse a Virxe María nunha xunqueira (de onde procedería o nome a poboación), e no lugar construíuse unha ermida. Entre os séculos VIII e X naceu o Mosteiro de Santa María, e en 1164, por orde do rei Fernando II de León, comezou a construírse a colexiata de Santa María a Real, de arquitectura románica, declarada Ben de Interese Cultural en 1931. Foi no século XII, co mosteiro estivo a cargo da Orde de Santo Agostiño, cando acadou o seu maior esplendor. O claustro actual é do século XVI.

A calzada romana deu pé a unha variante da Vía da Prata do Camiño de Santiago, que entra no concello pola aldea de Bobadela parroquia de Bobadela a Pinta) e percorre os lugares de Padroso, Cima de Vila (parroquia da Abeleda), Quintela, Xunqueira de Ambía (na rúa Asdrúbal Ferreiro hai un albergue de peregrinos de 24 prazas)[4], San Xillao (parroquia de Xunqueira de Ambía), A Pousa, Salgueiros e Os Casares (parroquia de Armariz). En 1541 o prior do mosteiro, Alonso de Piña, fundou un hospital de peregrinos.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Amais da xa mencionada colexiata, en Salgueiros hai un peto de ánimas de comezos do s. XIX.[5]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Xunqueira de Ambía

A Abeleda (San Vicente) | Armariz (San Salvador) | Bobadela a Pinta (Santa Mariña) | A Graña (Santiago) | Sobradelo (San Román) | Xunqueira de Ambía (Santa María a Real)

Lugares de Xunqueira de Ambía

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Xunqueira de Ambía vexa: Lugares de Xunqueira de Ambía.

  1. 1,0 1,1 "IGE - Información municipal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-27. 
  2. "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-27. 
  3. "Instituto Nacional de Estadística. (National Statistics Institute)". ine.es. Consultado o 2021-05-27. 
  4. Albergue de peregrinos de Xunqueira de Ambía en Turgalicia.
  5. Peto de Ánimas de Salgueiros en Turgalicia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]