Peregrino
Aparencia


Un peregrino é aquel que emprende unha peregrinación, é dicir, que se encamiña a facer unha visita a un lugar de significación, xa relixiosa ou histórica; decote estas camiñadas son longas.
Características
[editar | editar a fonte]Algúns exemplos poden ser os católicos que visitan Fátima, ou os cristiáns ou xudeus que visitan Xerusalén, ou un musulmán que visita a Meca. Nos Estados Unidos o termo "peregrino" normalmente refírese aos novos asentamentos de europeos en Nova Inglaterra, quen celebraron o primeiro Día de Acción de Grazas cos americanos nativos no ano 1621.
En Galiza, a palabra peregrino é ben coñecida, pois véñense facendo peregrinacións a Santiago de Compostela por parte dos católicos dende a Idade Media.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Peregrinación
- Peregrinación a Fátima, Portugal
- Peregrinación a Santiago de Compostela
- The Pilgrim
- The Pilgrim's Progress
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Peregrinos de Fátima – Páxina oficial (en castelán)