A Mezquita
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital | A Mezquita | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.007 (2023) (9,66 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 104,26 km² | ||||
Altitude | 984 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde da Mezquita | Rafael Pérez Vázquez (2019–) | ||||
Eleccións municipais na Mezquita | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32... | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32048 | ||||
Sitio web | amezquita.gal | ||||
A Mezquita é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana. Segundo o Padrón municipal, en 2018 tiña 1039 habitantes (1468 en 2003).
Toponimia
[editar | editar a fonte]O seu nome ten unha orixe incerta. Para Benito Xerónimo Feijoo deriva de mesquita, un sinónimo de xibarda, en tanto para Gonzalo Navaza sería unha denominación burlesca para referirse ao lugar de San Pedro de Ecclesiola (forma medieval de Grixoa).[1]
Poboación
[editar | editar a fonte]Censo total | 1039 (2018) |
---|---|
Menores de 15 anos | 57 (5.49 %) |
Entre 15 e 64 anos | 563 (54.18 %) |
Maiores de 65 anos | 419 (40.33 %) |
Evolución da poboación de A Mezquita Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
3033 | 2635 | 2651 | 2098 | 1406 | 1865 | 1828 | 1804 | 1669 | 1655 | 1109 | 1570 | 1034 | 1039 | 1023 | 1013 | 1006 | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello limita ao oeste coa Gudiña, ao norte con Viana do Bolo, ao nordeste e leste coa provincia de Zamora, e ao sur co distrito de Braganza (Portugal). A súa altitude media supera os 800 metros, o que dificultou historicamente un maior poboamento. Entre os seus cumios destacan os Altos de Aguallal (1664 m), Chao do Porco (1469 m), Valdeinfantes (1440 m), Portela da Canda (1262 m), o Alto de Marabón (1493 m), Castelo (1362 m), Zureira (1390 m), e a serra Esculqueira (1149 m) e o Penedo dos Tres Reinos (1.025 m), estes dous na fronteira con Portugal.
Ten un clima de montaña, moi rigoroso en inverno, con constantes xeadas e baixas temperaturas. Por esta razón a zona é coñecida como Terra das Frieiras.
Historia
[editar | editar a fonte]A historia da Mezquita estivo vinculada desde o megalítico á do norte de Portugal (Trás-os-Montes) e á de Seabra, cos que compartiu a cultura predominante de vida pastoril.
Durante o período romano o territorio foi administrado polo goberno do Conventus Bracarensis, con capital en Bracara Augusta (actual Braga), agás un anaco da zona noroeste do concello, baixo a administración do Conventus Asturicensis, con capital en Asturica Augusta (actual Astorga).
Na época medieval, A Mezquita foi parte das terras do Condado de Monterrei e dos Pimentel de Benavente. Xunto con Cádavos, A Esculqueira, Manzalvos, O Pereiro e Santigoso, pasou a formar parte dun señorío real do cal a vila de Vilavella foi a cabeceira. A parroquia de Chaguazoso era señorío do conde de Amarante, en tanto que a igrexa e a casa-pazo da Mezquita estaban entre as posesións dos marqueses de Láncara.
Durante a idade contemporánea a emigración afectou fortemente á zona. En Santiago de Chile hai unha colonia de descendentes de habitantes da parroquia de Chaguazoso de preto de 400 persoas.
Administración local e eleccións
[editar | editar a fonte]O alcalde actual é Rafael Pérez Vázquez do BNG. Sucedeu a José Luis Santamarina Ferro, do PSdeG, que gobernou en coalición co BNG tralas eleccións municipais de 2007. Este sucedeu no cargo a Francisco José Montesinos Rodríguez, que estivo na alcaldía entre 1995 e 2007.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes da Mezquita.
-
Solpor na Mezquita
Parroquias
[editar | editar a fonte]
Lugares da Mezquita
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Mezquita vexa: Lugares da Mezquita.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Real Academia Galega (Vicente Feijoo) (25/11/2021). O Seminario de Onomástica responde: A Mezquita (Youtube).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Mezquita |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |