Penedo dos Tres Reinos
Tipo | montaña | |||
---|---|---|---|---|
| ||||
Cordilleira | Serra da Culebra | |||
Características | ||||
Altitude | 1.025 m | |||
O Penedo dos Tres Reinos (ou Fragua dos Tres Reinos) é unha elevación de 1025 metros de altitude, integrada no sistema montañoso da serra de Marabón. Toma o seu nome por ser na Idade Media fronteira entre os reinos de Portugal, León, e Galiza.
O Penedo sitúase na fronteira entre a freguesía de Moimenta e Montouto, no concello portugués de Vinhais, a parroquia de Cádavos, do concello galego da Mezquita e a localidade de Castromil no concello zamorano de Hermisende.
A pesar de que hoxe en día os tres reinos a que o nome da fraga alude xa non existan (Portugal tornouse unha república, e Galiza e León foron integrados no reino de España), a súa vella e secular designación mantívose inalterada. Coa aprobación do Tratado de Lisboa en 1864 estableceuse a fronteira actual entre Portugal e España (A Raia), que mantivo a fronteira de séculos nesta rexión.
Toponimia
[editar | editar a fonte]Como corresponde aos dialectos galego-surorientais o vocábulo fraga é un equivalente de penedo, rocha, con correlatos no trasmontano fraga. Fragua semella unha deformación popular.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A. Rodríguez (6 de novembro de 2012). "A Mezquita pierde el dominio sobre el Penedo dos Tres Reinos". La Región (en castelán).
- Eire Valcárcel (2 de agosto de 2011). "O Penedo dos Tres Reinos, uno de los lugares imprescindibles de A Mezquita". Faro de Vigo (en castelán).