Pontedeva
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital | Aldea de Deva | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 468 (2023) (46,8 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 10 km² | ||||
Altitude | 150 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Juan Carlos González Carbajales | ||||
Eleccións municipais en Pontedeva | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32235 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32064 | ||||
Pontedeva é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o padrón municipal, en 2020 tiña 494 habitantes (664 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é pontedevés - pontedevense.
Demografía
[editar | editar a fonte]Ao longo do ano 2006 Pontedeva gañou 102 habitantes, rompéndose a racha decrecente de anos anteriores. Porén, a comezos do 2008 o número de habitantes baixou de novo un total de 19 persoas.
Censo total | 554 (2018) |
---|---|
Menores de 15 anos | 34 (6.14 %) |
Entre 15 e 64 anos | 312 (56.32 %) |
Maiores de 65 anos | 208 (37.54 %) |
Evolución da poboación de Pontedeva Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
1.296 | 1.161 | 1.429 | 868 | 647 | 680 | 667 | 654 | 644 | 625 | 600 | 588 | 570 | 554 | 511 | 494 | 491 | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello de Pontedeva abrangue dúas parroquias, e ten 10 km². pertence á comarca da Terra de Celanova, situada no sector suroriental da provincia de Ourense. Limita ao norte co concello de Cortegada, ao sur co de Padrenda; ao oeste co concello pontevedrés de Crecente e ao leste co municipio ourensán de Gomesende.
No referente ao seu relevo, o concello está constituído fundamentalmente por un gran val, formado grazas ao río Deva, que pasa polo concello e que fai de linde polo norte. Varios dos seus afluentes atravesan o municipio. Este val ten terras moi boas para o cultivo. As zonas máis elevadas son as terras situadas na parte máis occidental do concello e nos lindes co municipio de Padrenda, sendo o cumio máis elevado, Penedo do Monte.
O seu clima é oceánico e as árbores máis abundantes son os carballos, piñeiros, eucaliptos e algúns castiñeiros.
Historia
[editar | editar a fonte]Hai evidencias de que estas terras estiveron poboadas antes da chegada dos romanos. Así, unha proba da existencia destas culturas prerromanas son os castros que hai nos lugares de Valiño(Pontedeva) e A Senra(Trado)[1]. Tamén se pensa que por aquí pasou unha vía romana que favorecería os posteriores asentamentos no concello.[2]
Na época medieval, o marqués de Malpica era, ata finais do século XVIII, quen se encargaba de impartir a xustiza ordinaria así como de cobrar os impostos, xa que estas terras pertencían ao seu señorío. Estaban baixo a xurisdición de Milmanda.
Posteriormente formou parte do partido xudicial de Celanova dende o ano 1820, pero no ano 1965 foi incorporado ao partido xudicial de Ourense. Por último, en 1988 rematou pertencendo ao de Ribadavia.
Este concello tamén sufriu as consecuencias da emigración de mediados do século XX. Esta é unha das causas do avellentamento da poboación, pasando dos 60 anos unha gran parte da súa poboación.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]No concello de Pontedeva destacan os seguintes monumentos:
- A ermida de San Xusto, na parroquia de Trado.
- A igrexa de San Breixo, na parroquia de Pontedeva.
- A capela de Xinzo de Deva.
- A igrexa de San Paio, en Trado.
- A capela da Madalena, en Freáns de Deva.
- O antigo cárcere, en Freáns.
- A Ponte de Xinzo.
- O Pazo na Aldea.
- O Pazo en Trado.
Ademais, en Pontedeva pódese gozar dunhas fermosas vistas panorámicas, un dos principais atractivos é a pesca que antigamente era unha actividade bastante popular no río Deva aínda que nos últimos anos diminuíu por mor da construción dunha minicentral hidroeléctrica en Quintela.
Turismo
[editar | editar a fonte]Pontedeva conta con dúas rutas homologadas de sendeirismo: o PR-G 175 "Ruta do Monte San Xusto", e o PR-G 176 "Ruta do Río Deva".[3]
Ambas son rutas circulares e de aproximadamente 7 km. A primeira é unha ruta que ascende ata a Ermida de San Xusto. A segunda discorre polas beiras do río Deva. Ámbalas rutas coinciden na Ponte Ballote.
Hai unha área para autocaravanas no Valiño[4], xunto á entrada do polígono industrial de Trado.
Polo concello tamén transcorre parte dunha etapa do Camiño Miñoto-Ribeiro, unha das rutas do Camiño de Santiago[5].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Pontedeva.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Pontedeva | |
---|---|
Lugares de Pontedeva
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Pontedeva vexa: Lugares de Pontedeva.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Páxina sobre os castros da provincia
- ↑ "Páxina sobre a súa historia na web do concello". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2014. Consultado o 09 de marzo de 2014.
- ↑ "FGM <> Rutas de Pequeno Percorrido – OURENSE". fgmontanismo.es. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2019. Consultado o 2016-12-27.
- ↑ Turismo, Turgalicia/Axencia Galega de (2014-11-12). "GALICIA - MOTORHOME AREAS ÁREA DE O VALIÑO IN PONTEDEVA OURENSE". Turgalicia (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2016. Consultado o 2016-12-27.
- ↑ "Etapa 3: Castro Leboreiro - Cortegada. CAMINO MIÑOTO RIBEIRO". www.caminominotoribeiro.com. Consultado o 2021-11-21.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pontedeva |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ruta sendeirista: PR-G 175 Ruta do Monte San Xusto - SEGATUR
- Ruta sendeirista: PR-G 176 Ruta do Río Deva - SEGATUR
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |