Glaciar
O glaciar (do latín glacies) é unha grosa masa de xeo que se orixina na superficie terrestre por compactación e recristalización da neve, mostrando evidencias de fluxo no pasado ou na actualidade. A súa existencia é posíbel cando a precipitación anual de neve supera a evaporada en verán, polo cal a maioría se atopa en zonas próximas aos polos, aínda que existen noutras zonas montañosas, como por exemplo no territorio suízo. O proceso do crecemento e estabelecemento do glaciar chámase tamén glaciación.
Estrutura
[editar | editar a fonte]Un glaciar consta de tres partes: cabeceira, lingua e val. Ó rematar no mar, fractúranse por acción de diversas causas, en particular, as mareas, producindo os iceberg.
O xeo vai movéndose por gravidade, podendo acadar, en determinadas circunstancias, velocidades estables de máis de 1 m/día.[1]
Distribución
[editar | editar a fonte]Os glaciares atópanse en todos os continentes, a excepción de Australia.[2]
Na Antártida está o maior glaciar do mundo, o Thwaites, do que se descubriu que ten unha rede de lagos por baixo que axuda á súa drenaxe, provocando un fluxo de auga que pode acadar os 500 m3/s, unhas oito veces o caudal medio do Támese.[3]
En Islandia atópase o maior maior glaciar de Europa, o Vatnajökull, cuns 8400 km2 e un grosor medio do xeo duns 900 m.[4]
Un 10% da Terra está cuberta de glaciares, que almacenan uns 33 millóns de km3 de auga doce, namentres que durante as glaciacións se estendían por zonas de baixa altitude e en todas latitudes.
Diminución dos glaciares
[editar | editar a fonte]Debido ó cambio climático, os glaciares está a sufrir unha diminución xeral no seu volume, retraendo a súa cabeceira e diminuíndo o seu grosor. Con datos de CryoSat, calcúlase que entre 2010 e 2020 os glaciares sufriron, a nivel mundial, unha perda de 2720 Xigatoneladas de xeo[2], equivalentes a un manto de 1 km de alto sobre a metade da superficie da provincia da Coruña.
Nos Slpes tense observado a desaparición de diversos glaciares, estando outros en risco.

Importancia dos glaciares
[editar | editar a fonte]Os glaciares actúan de diversos xeitos. Entre eles, como reserva de auga doce para poboacións. Así, calcúlase que só os glaciares do Himalaia subminstran auga potable para 1300 millóns de persoas. Asemade, a conversión do seu xeo en auga remata nun maior volume mariño, e polo tanto, nun incremento do nivel do mar.[2] De aí a importancia da súa conservación para a humanidade.
A Organización das Nacións Unidas acordou dedicar o ano 2025 como o Ano Internacional da Preservación dos Glaciares[5], e celebrar a partir deste ano o 21 de marzo como Día Mundial dos Glaciares.[6]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Glaciar de Taconnaz.
-
Glaciar de Grindelwald, Suíza.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copernicus Sentinel-2 monitors glacier icefall, helping climbers ascend Mount Everest - News - Sentinel Online". sentinels.copernicus.eu (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2020. Consultado o 2020-09-17.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "CryoSat reveals ice loss from glaciers". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2023-05-13.
- ↑ "CryoSat reveals surprising ebb and flow of subglacial lakes". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2021-01-21.
- ↑ "Cloud-free Iceland". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-08-30.
- ↑ "2025 Año Internacional de la Conservación de los Glaciares" (en castelán). Consultado o 27.02.2025.
- ↑ "Día Mundial de los Glaciares. 21 de marzo" (en castelán). Consultado o 27.02.2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Glaciar |