Ancares-Courel
Tipo | Zona de especial conservación espazo natural protexido Zonas de especial protección dos valores naturais Lugar de interese xeolóxico Reserva da biosfera | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Navia de Suarna, España, Cervantes, España, Becerreá, España, As Nogais, España, Triacastela, España, Pedrafita do Cebreiro, España, Samos, España, O Incio, España, Folgoso do Courel, España, A Pobra do Brollón, España, Quiroga, España e Ribas de Sil, España | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 102.755,37011 ha | |||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 389030 | |||
Área protexida da rede Natura 2000 | ||||
Identificador | ES1120001 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | decembro de 2004 | |||
O espazo natural dos Ancares-Courel é un contorno catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que protexe a maior reserva forestal de Galicia, de árbores como carballos ou bidueiros, e que a ten unha ampla variedade de hábitats. Atópase na serra máis oriental galega, de altitudes medias e altas, e que ten un alto valor xeolóxico por afloramentos calcarios. Os Ancares-Courel teñen unha zona de protección do oso pardo, son unha zona de protección de aves e para a conservación de varias especies de mamíferos. Conta con varias áreas declaradas de interese cultural e etnográfico.[1][2][3][4][5][6]
Os Ancares lucenses están dentro dunha Reserva da Biosfera, máis ampla e que inclúe outros espazos naturais limítrofes mais non o Courel.[4][7][8]
Xeoloxía e hábitats
[editar | editar a fonte]Os Ancares-Courel están nun clima atlántico case na súa totalidade, agás un 8% de superficie que mostra un clima mediterráneo. A rexión da serra dos Ancares ten o patrón característico de áreas de montaña atlánticas, de media a atlas elevacións. A serra do Courel, pola contra, é máis meridional co que mostra un hábitats máis variados.[6]
As augas deste espazo son fluviais, como as do río Navia ou río Sil e outros afluentes menores, ou estancadas e con moita achega orgánica, como é o caso do Pozo do Lago Maior, que é un lago glacial de entre 100 e 25 m de longo. As biocenoses de vexetación destas augas son Littorelletea uniflorae e Isoeto-Nanojuncetea. Os ríos nas súas área basal poden ter vexetacións Chenopodion rubri p.p. e Bidention p.p. e na súa parte de montaña biocenoses de Ranunculion fluitantis ou Callitricho-Batrachion.[6]
As encostas das montañas son de bases calcícolas e silíceas. Estas últimas teñen vexetación pioneira dos tipos Sedo-Scleranthion e Sedo albi-Veronicion dillenii. Adoita haber pavimentos de base calcárea. Nestes espazos da montaña hai fontes e mananciais, ricos en musgos e hepáticas, que teñen augas ricas en carbonatos e onde precipitacións calcáreas. As covas sen explotar son habituais.[6]
En zonas altas de montaña existen turbeiras activas ou xa boscosas, e mires de transición. Un caso son as existentes entre a serra das Maseiras e o monte de Camporredondo ou na serra de Villous. Outro elemento característico son as depresións do terreo entre solos de substratos de turbeira.[6]
A variedade de prados deste espazo é ampla. Hai prados en substratos silíceos, en solos calcáreos alpinos e subalpinos, case secos e onde aparecen tamén as matogueiras, e solos de turbeira ou ricos en arxila e limo, prados de sega ou sega de montaña. Hai estepas de gramíneas e prados de Nardus en zonas de solos silíceos.[6]
As matogueiras de Laurus nobilis e queirogais en solos húmidos de Erica ciliaris e Erica tetralix, en solos secos ou de montaña.[6]
Os bosques do espazo natural son fundamentalmente de carballeiras de Quercus robur e Quercus pyrenaica. Nas zonas de ribeira abundan os amieiros, Alnus glutinosa, e os freixos, Fraxinus excelsior. Outros bosques son de faiais e neles aparecen acivros, Ilex, e algunha vez teixos, como Taxus baccata. Os soutos de castaño, os bidueiros, as abeleiras, os teixos e sorbeiras.[6]
Dobramento de Campodola-Leixazós
[editar | editar a fonte]O dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós é un proceso xeolóxico catalogado como monumento natural que está entre os lugares de Campodola (O Hospital) e Leixazós (Leixazós) en Quiroga de 90 hectáreas. Consiste nunha gran dobramento sinclinal que ten o seu corte transversal exposto á superficie debido aos procesos de erosión e de encaixe do río Ferreiriño e que se conserva desde o Carbonífero Inferior. O dobramento está deitada, é un pregamento tombado, que se orienta cara ao norte e que ten uns flancos de entre 10 e 12 km. Adscríbese á zona centroibérica, que é o dominio do ollo de sapo.[9][10] O perfil exposto mostra a evolución dun sinclinal a un pregamento tombado.[11]
Fauna e flora
[editar | editar a fonte]Flora
[editar | editar a fonte]As importantes masas de carballeiras dos Ancares e do Courel fórmanas Quercus robur e Quercus pyrenaica. Outras especies que abundan nestes bosques son os bidueiros, as abeleiras, os castaños, os teixos e sorbeiras. No espazo tamén hai queirogais de áreas húmidas no sur do espazo, de Erica ciliaris e Erica tetralix, e en zonas máis secas. Namentres nos Ancares dominan as carballeiras coas queiroas, no Courel hai bosques máis mixtos. Alí a canda os carballos atópanse faias, abeleiras, teixos con gamallas (o sotobosque) de queiroas, con Cistus e arandeiras.[5][6]
As especies da flora que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[6]
Fauna
[editar | editar a fonte]A variedade de bosques destes espazo natural ofrécelle diferentes hábitats aos vertebrados, converténdose nun refuxio de fauna. Destaca a presenza de lobos, londras, pitas do monte, cóbregas europeas e de osos. Os Ancares son unha zona que adoita ocupar por tempadas o oso. A presenza do oso fixo que se incluísen os Ancares como lugar dentro do plan de recuperación desta especie, e que se estea a valorar a posibilidade de incluír tamén o Courel.[5][6]
As especies de aves e mamíferos que hai no espazo natural fan que teñan un interese para a caza.[5][6]
Invertebrados
[editar | editar a fonte]As especies da invertebrados que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[6]
Especie |
---|
Aricia morronensis |
Austropotamobius pallipes |
Cerambyx cerdo |
Elona quimperiana |
Geomalacus maculosus |
Ameixa perlífera de río (Margaritifera margaritifera) |
Bolboreta arlequín (Zerynthia rumina) |
Anfibios
[editar | editar a fonte]As especies de anfibios que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[6]
Especie |
---|
Chioglossa lusitanica |
Hyla arborea |
Rana iberica |
Rana temporaria subsp. parvipalmata |
Réptiles
[editar | editar a fonte]As especies de réptiles que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[6]
Especie |
---|
Lacerta vivipara |
Aves
[editar | editar a fonte]A Serra dos Ancares unha área de especial interese de conservación para aves, e está catalogada por SEO/BirdLife.[12]
Malia a ser escasas, os Ancares son o límite máis meridional de cría e residencia dalgunhas aves eurosiberianas propias de montaña. É o caso da pita de monte, o peto mediano ou o ferreiriño palustre. Ademais hai un número de aves rapaces e que aniñan: o miñato abelleiro, a aguia albela, gatafornela, a tartaraña cincenta, a aguia calzada, o falcón peregrino e o bufo real. Outra ave rapaz presente no espazo é a aguia real, mais non aniña alí. Outras aves propias de pastos, rochas ou matogueiras de interese que hai no espazo natural son a charrela ou o merlo rubio.[12][13]
As especies de aves que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[6]
Especie |
---|
Aquila chrysaetos |
Bubo bubo |
Circus cyaneus |
Circus pygargus |
Perdix perdix subsp. hispaniensis |
Scolopax rusticola |
Tetrao urogallus |
Mamíferos
[editar | editar a fonte]As especies de mamíferos que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[6]
Especie |
---|
Galemys pyrenaicus |
Miniopterus schreibersii |
Myotis emarginata |
Myotis myotis |
Myotis mystacina |
Rhinolophus euryale |
Rhinolophus ferrumequinum |
Rhinolophus hipposideros |
Ursus arctos |
Lexislación
[editar | editar a fonte]A serra dos Ancares e o Courel están amparados por diferentes leis, como son as de aplicación para os LIC e ZEP, que amparan e protexen diferentes áreas. A reserva de Ancares-Courel:
- Ten unha área que se corresponde parcialmente coa IBA 009 Serra dos Ancares, incluída no inventario de SEO/BirdLife de 1998 e actualizado no 2012.[14]
- Ten unha área catalogada como Zona de especial protección para as aves, ZEPA ES0000374 Ancares, e que protexe de 12.656 ha.[12][13] declarado polo Decreto 72/2004, o 2 de abril de 2004.
- É a Zona de especial protección dos valores naturais (ZEPVN) Os Ancares-O Courel, e que ocupa 102.562 ha, declarado polo Decreto 72/2004, o 2 de abril de 2004.
- Contén o Monumento natural Pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós, que ocupa 90 ha. en Quiroga.[9]
- É un espazo no que a súa parte dos Ancares se corresponde con esa mesma parte da Reserva da Biosfera Os Ancares lucenses e montes de Navia, Cervantes e Becerreá, e que ten unha extensión de 53.664 ha. e que foi declarada o 27 de outubro de 2006.
- Parte dela pertence á Reserva Nacional de Caza dos Ancares de Lugo, de 8.286 ha.
- É unha Zona de protección do oso pardo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032]. «DOUE» núm. 387, de 29 de diciembre de 2004". pp. 1 a 96 (96 páxs.) DOUE–L–2004–83030. Consultado o 7-7-2017.
- ↑ "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia. Decreto do DOG nº 62 do 2014/3/31 - Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Xunta de Galicia". Consultado o 7-7-2017.
- ↑ "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais. Consellería de medio ambiente, Xunta de Galicia". Consultado o 7-7-2017.
- ↑ 4,0 4,1 "Ancares-Courel. Rede galega de espazos protexidos. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia.". Consultado o 5 de xullo de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 "LIC de Galicia, Rede Natura 2000, Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente". Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2017. Consultado o 5 de xullo de 2017.
- ↑ 6,00 6,01 6,02 6,03 6,04 6,05 6,06 6,07 6,08 6,09 6,10 6,11 6,12 6,13 6,14 6,15 6,16 "Información ambiental, valoración e zonificación do espazo natural. Anexo VI: Espazos das Áreas de Montaña. 2.3 LIC Os Ancares - O Courel. Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia." (PDF). Consultado o 7-7-2017.
- ↑ "Os Ancares Lucenses, e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá - CMAOT". Consultado o 8-7-2017.
- ↑ "Ficha de la Reserva". Consultado o 8-7-2017.
- ↑ 9,0 9,1 "Pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós - CMAOT". Consultado o 8-7-2017.
- ↑ "DECRETO 120/2012, do 26 de abril, polo que se declara monumento natural o pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós (Quiroga). Decreto do DOG nº 86 do 2012/5/7 - Xunta de Galicia". Consultado o 8-7-2017.
- ↑ "Pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós". Patrimonio Galego. Consultado o 8-7-2017.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 "Galicia - Red Natura 2000 - Espacios protegidos - Biodiversidad - mapama.es". Consultado o 8-7-2017.
- ↑ 13,0 13,1 "Seccion feitos vitais - CMAOT". Consultado o 8-7-2017.
- ↑ "Ancares Código ZEPA ES0000374. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia.". Consultado o 10-7-2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Os Ancares - Courel, Turgalicia. Arquivado 30 de xuño de 2017 en Wayback Machine.
- Reserva da Biosfera dos Ancares Licenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá. Deputación de Lugo. Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine.