Triacastela
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Capital | Triacastela | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 622 (2023) (12,15 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 51,18 km² | ||||
Altitude | 665 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Olga Iglesias Fontal | ||||
Eleccións municipais en Triacastela | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27062 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27062 | ||||
Páxina web | concellotriacastela.es | ||||
Triacastela (do latín tria castella, 'tres castros')[1] é un concello da provincia de Lugo en Galicia. Pertence á comarca de Sarria. Segundo o INE en 2018 tiña 643 habitantes (821 no 2006, 820 no 2005, 839 no 2004, 852 no 2003).
Demografía
[editar | editar a fonte]Censo total | 643 (2018) |
---|---|
Menores de 15 anos | 45 (7 %) |
Entre 15 e 64 anos | 377 (58.63 %) |
Maiores de 65 anos | 221 (34.37 %) |
Evolución da poboación de Triacastela Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
2.584 | 1.085 | 1.975 | 1.129 | 839 | 781 | 772 | 756 | 739 | 721 | |||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Patrimonio
[editar | editar a fonte]O concello está atravesado pola ruta francesa do camiño de Santiago.
No concello atópase a Cova de Eirós, que se vén escavando desde 1990 e na que xa se atoparon importantes restos da fauna galega de hai máis de 35.000 anos, entre eles restos de máis de 40 individuos de oso das cavernas (Ursus spelaeus), cérvidos e bóvidos; así como materiais líticos adscritos ao Paleolítico Medio e, polo tanto, a humanos neandertalenses. O 20 de agosto de 2012 fíxose público o descubrimento de mostras de arte rupestre, as primeiras descubertas en Galicia polo de agora.
Toponimia
[editar | editar a fonte]A orixe do topónimo non está clara aínda que no escudo municipal aparezan tres castelos dos que non hai noticia que houbese nunca polos arredores. Algúns interpretan que Triacastela pode derivar de tres castros (castellum) que forman unha especie de triángulo e que son o de Triacastela, o de Tras do Castro (ou o de San Adrián) e o de Lagares.[2]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Triacastela.
-
Albergue de Triacastela.
-
Corredoira en Ramil, parroquia de Santiago de Triacastela.
-
Casa do concello.
Lugares de Triacastela
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Triacastela vexa: Lugares de Triacastela.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Real Academia Galega (Antón Santamarina) (25/11/2021). O Seminario de Onomástica responde: Triacastela (Youtube).
- ↑ Galicia Encantada. "Triacastela, orixe do topónimo".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Triacastela |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- López Pombo, Luis (1993). Concellos de As Nogais, Pedrafita do Cebreiro y Triacastela. Un recorrido por sus parroquias (en castelán). Deputación de Lugo.
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |