Ferreiriño palustre
Ferreiriño palustre | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Poecile palustris' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Parus palustris |
O ferreiriño palustre (Poecile palustris, antes Parus palustris) é unha ave paseriforme da familia dos páridos. É tan semellante a Poecile montanus que non foi descuberto como especie diferente ata 1888.[2]
Morfoloxía e hábitos
[editar | editar a fonte]Ten unha lonxitude duns 11,5 cm e un peso de 11 gramos.[3] Corpo gris con lombo pardo[4] e parte superior da cabeza negra con pico negro; as pata son gris-azuladas.[5]
Hábitat
[editar | editar a fonte]O seu hábitat predilecto son as fragas de monte baixo ou bosques mixtos con coníferas,[5] hortos e montañas ata os 1.400 metros de altitude. Prefire os lugares húmidos e sombríos preto de ríos e arroios.[4] Aliméntase de insectos e sementes.
Reprodución
[editar | editar a fonte]Pon o niño en ocos de árbores. Normalmente as postas son de 7-8 ovos e fanse entre abril e maio. O tempo de incubación é de 12-13 días. Os polos comezan a abandonar o niño ós 17-20 días trala eclosión.
Distribución
[editar | editar a fonte]Presente en toda Europa Occidental e central, agás a Península Ibérica (coa excepción da franxa pirenaica), e na zona oriental de Asia.[5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Parus palustris". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ Mitchel (1976)
- ↑ Robinson, R.A. (2005). "BirdFacts: profiles of birds occurring in Britain & Ireland.". app.bto.org (en inglés). Consultado o 17 de decembro de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 Sanz-Zuasti & Velasco (2005), p. 408
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Sáez-Royuela (1980), p. 976
- ↑ "Poecile palustris". iucnredlist.org (en inglés). 1 de outubro de 2016. Consultado o 17 de decembro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas". C. D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís, Atocha Ramos Martínez. Editado polo Concello do Grove. Depósito Legal: C 2423-2009.
- Mitchel, Alan (1976). Nuestros amigos los pájaros (en castelán). Madrid: Ediciones Mensajero. ISBN 84-271-1133-9.
- Nicolai, Jürgen; Singer, Detlef; Wothe, Konrad (1989). Aves (en castelán). León: Editorial Everest. ISBN 9788424126612.
- Sáez-Royuela, Ramón (1980). Echevarri, Javier, ed. La Guía Incafo de las Aves de la Península Ibérica (en castelán). Madrid: Incafo. ISBN 84-85389-20-4.
- Sanz-Zuasti, Joaquín; Velasco, Tomás (2005). Guía de las Aves de Castilla y León (en castelán). Medina do Campo: Editorial Náyade. ISBN 978-8493373023.
- Svenson, Lars (2010). Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea (en castelán). Barcelona: Editorial Omega. ISBN 9788428215336.