Ferreiriño
Aparencia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
Co nome de ferreiriño desígnanse popularmente diferentes paxaros da orde Passeriformes, familia Paridae, aínda que tamén se aplica para denominar outros paseriformes doutras familias próximas. Outros nomes comúns a estes paxaros son os de ferreiro ou ferreirolo e, máis locais, ferreira (Dumbría), ferrete (Ares) e filosiña (Cangas) [1].
Pedreira López e Penas Patiño suxiren que o nome común lles vén do canto metálico destas aves, que lembra o golpear dun ferreiro sobre o incre [2].
- Ferreiriño abelleiro (Parus major), hoxe chamado ferreiro real.
- Ferreiriño azul ou ferreiriño bacachís (Cyanistes caeruleus, antes Parus caeruleus).
- Ferreiriño de bigote (Panurus biarmicus, da familia Panuridae pero antes clasificado como da familia Paridae), hoxe chamado rabilongo das canaveiras.
- Ferreiriño de cara negra ou ferreiriño careto (Remiz pendulinus, da familia Remizidae), hoxe chamado pendureiro europeo.
- Ferreiriño cristado (Lophophanes cristatus, antes Parus cristatus).
- Ferreiriño montés (Poecile montana, antes Parus montanus).
- Ferreiriño dos piñeiros, ferreiriño negro ou ferreiriño común (Periparus ater, antes Parus ater).
- Ferreiriño palustre (Poecile palustris, antes Parus palustris).
- Ferreiriño subeliño ou ferreiriño rabilongo (Aegithalos caudatus, da familia Aegithalidae), hoxe chamado subeliño común.
- Ferreiriño da Laponia (Poecile cincta, antes Parus cinctus).
-
Ferreiriño abelleiro
-
Ferreiriño bacachís
-
Ferreiro de bigote
-
Ferreiriño de cara negra
-
Ferreiriño cristado
-
Ferreiriño negro
-
Ferreiriño palustre
-
Ferreiriño subeliño