Complexo Intermareal Umia-O Grove
Tipo | espazo natural protexido Zonas de especial protección dos valores naturais zona húmida protexida | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Sanxenxo, España, O Grove, España, Meaño, España, Cambados, España e A Illa de Arousa, España | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 2.724,87901 ha | |||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 349318 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | xuño de 2004 | |||
O Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira é un espazo natural terrestre e mariño declarado como zona de protección de aves e zona húmida protexida.[1][2][3][4][5] [6][7] É tamén a zona Ramsar Complexo intermareal Umia-O Grove.[5][8] Está situado na ría de Arousa e esténdese polos concellos de Cambados, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Ribadumia e a Illa de Arousa, cunha extensión total de 2.813 hectáreas.[5]
Destaca pola súa flora e fauna da marisma e, especialmente, pola súa abundante e variada poboación de aves acuáticas invernantes e nidificantes. Ocupan a marisma da ría durante os seus pasos migratorios ou aniñan.[5]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Os límites da ZEPA e Ramsar "Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira" abranguen varios espazos[5]:
- A enseada do Umia e do Vao, que están formadas pola desembocadura do río Umia na ría de Arousa, ata o istmo que une O Grove con Sanxenxo e o esteiro interior deste límite.
- O istmo que forman as dunas e praia da Lanzada. É a barreira que se abre á ría de Arousa ó leste e ó mar aberto do Atlántico ó oeste. Está formado por dunas sedimentarias fixadas pola vexetación sobre un fondo de arxila.
- Os cantís da costa de San Vicente do Grove: a costa oeste da península do Grove presenta formacións xeolóxicas con grandes cons, furnas, cantís e algunhas praias.
- O sur da Illa de Arousa e outras illas e illotes achegadas a esta, como os illotes da Rúa, Guidoiro Areoso e Guidoiro Pedregoso.
- A lagoa Bodeira, que é a única lagoa litoral de auga doce pontevedresa. Esta atópase á beira da praia da Mexilloeira no Grove.
Flora e fauna
[editar | editar a fonte]Flora
[editar | editar a fonte]Neste espazo atópanse varios endemismos de flora, como Cistanche phelypaea.[8] As especies da flora deste espazo en risco de extinción deste espazo natural son[5]:
Fauna
[editar | editar a fonte]Aves
[editar | editar a fonte]Por esta ZEPA migran un amplo número de aves migratorias e aniñan. De feito, durante o período invernal poden contabilizarse ata 13.000 a 16.000 aves acuáticas co cal é o principal punto de aves acuáticas galego e o segundo das costas cantábrico-galaicas.[5] Abundan en número as especies limícolas e anáticas, ora invernantes ou non, e as ardeidas que invernan.[8] Algunhas especies a destacar están a píllara papuda (Charadrius alexandrinus), a gabita (Haematopus ostralegus), o mazarico rabipinto (Limosa lapponica), a píllara cincenta (Pluvialis squatarola) e o furabuchos balear (Puffinus mauretanicus).[5]
As especies de aves en risco de extinción deste espazo natural son[5] :
Especie |
---|
Charadrius alexandrinus |
Circus cyaneus |
Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica |
Haematopus ostralegus |
Hydrobates pelagicus |
Phalacrocorax aristotelis |
Puffinus mauretanicus |
Lexislación
[editar | editar a fonte]O "Complexo intermareal Umia - O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira" está amparado baixo as figuras de protección[5] :
- Zona de Especial Protección para Aves (ZEPA) “Complexo intermareal Umia-O Grove-A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira", declarada o 2 de xaneiro de 1990, modificada o 19 de abril de 2001 e regulada pola plan director da Rede Natura 2000 establecido no Decreto 37/2014.[1][5]
- Zona húmida protexida “Complexo intermareal Umia-O Grove-A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira", que conta con 2.813 ha., que foi declarada o 7 de xuño de 2004 co Decreto 110/2004, do 27 de maio.[6][7]
- Zona húmida de Importancia Internacional (Convenión de Ramsar) “Complexo intermareal Umia-O Grove", cunha extensión de 2.561 ha., que foi declarado o 5 de decembro de 1989 pola comisión do convenio Ramsar.[6][8]
Ademais, a súa totalidade está amparada por outra figuras de protección da Rede Natura 2000, a Zona Especial de Conservación (ZEC) “Complexo Ons-O Grove”[9]. Este espazo natural inclúe ademais ás illas Ons.[5][9] Esta área tamén cadra parcialmente co IBA 003 "Ría de Arousa (O Grove)" do inventario de 1998 da SEO/BirdLife.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Consellería de medio ambiente (10/05/1990). DOG - Xunta de Galicia, eds. "Orde pola que se inclúe a zona denominada Complexo Intermareal do Grove-Umia, A Lanzada, Lagoa Bodeira e Punta Carreirón no rexistro xeral de e espazos naturais de Galicia." (90).
- ↑ Consellería de medio ambiente (05/07/1990). DOG - Xunta de Galicia, eds. "Corrección de erros. Orde do 9 de abril pola que se inclúe a zona denominada complexo intermareal do Grove - Umia, A Lanzada, Lagoa Bodeira e Punta Carreirón no Rexistro Xeral e Espacios Naturais de Galicia." (PDF) (131).
- ↑ Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "Decreto 157/1995, do 3 de xuño, polo que se inclúen as zonas denominadas Umia-O Grove, A Lanzada, lagoa Bodeira e punta Carreirón; ría de Ortigueira; lagoa e areal de Valdoviño e ría do Eo no Rexistro Xeral de Espacios Naturais de Galicia." (106).
- ↑ Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427.
- ↑ 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 5,11 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia. (eds.). "Código ZEPA ES0000087 - Complexo intermareal Umia - O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira".
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia. (eds.). "Humidais protexidos: Complexo intermareal Umia - O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira".
- ↑ 7,0 7,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (PDF) (69): 5–046–5.048.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 Ramsar sites information services, The Ramsar Convention Secretariat (eds.). "Ramsar Sites Information Service: Complexo intermareal Umia-Grove". Consultado o 2/4/2020.
- ↑ 9,0 9,1 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Complexo Ons-O Grove". Consultado o 01/04/2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Leiro, Adela; Daporta, Mon; e Caamaño Rivas, Victor M.: Espazos naturais. Provincia de Pontevedra. A Nosa Terra, Vigo 2003.
- La Voz de Galicia: “O Salnés amplía su ámbito de protección con la Red Natura 2000”, en La Voz de Galicia 3.03.2002.
- Varios: A enseada do Umia-O Grove. Asociación de Ensinantes do Salnés, 1991.
- Varios: “Complexo Ons-O Grove”, en O Bugallo nº 23, agosto 2002.