Saltar ao contido

Sisnando II de Iria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sisnando Menéndez»)
Modelo:BiografíaSisnando II de Iria
Biografía
Morte29 de marzo de 968 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Bispo de Iria Flavia
952 –
Mordomo real Ramiro II
949 – 951 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar, sacerdote católico, bispo, bispo católico Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoBatalla de Fornelos Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisHermenexildo Aloitez Editar o valor en Wikidata  e Paterna Gundesindiz Editar o valor en Wikidata
IrmánsRodrigo Menéndez
Afonso Menéndez Editar o valor en Wikidata

BUSC: menendez-sisnando-bispo-de-santiago-de-compostela-m-968

Sisnando Méndez (m. 29 de marzo de 968), máis coñecido como Sisnando II de Iria, foi un nobre e bispo galego da Idade Media, que se fixo cargo dos enclaves militares para a defensa da costa galega contra os ataques de piratas viquingos e sarracenos. No ano 968 liderou a defensa de Santiago de Compostela ante os ataques das tropas de Gunrod, falecendo en combate por un frechazo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dos condes de Présaras Hermenexildo Aloitez e Paterna Gundesindez (fundadores do mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes), foi bispo de Iria de xeito case ininterrompido entre 951 e 968.[1] A diferenza da maior parte da nobreza galega, deu o seu apoio aos nobres casteláns.[1] En novembro do 956 coroou na Catedral de Santiago de Compostela como rei de Galicia a Sancho II, e nos seguintes anos tivo un papel importante na tutela e formación do fillo deste, Ramiro III.[1]

Sobre o ano 960 levantou un castelo sobre o castro de Cedofeita, restaurou as torres da Lanzada (no Grove) e San Sadurniño (en Cambados), que xunto con outros puntos, como o miradoiro de Lobeira, o Facho de Donón (en Cangas) e o campanario de San Cibrán de Cálago (en Vilanova de Arousa), compoñían un sistema de vixilancia e defensa costeira contra ataques tanto por mar coma polo interior.

O bispo Sisnando conseguiu do rei Sancho II o permiso para amurallar a cidade de Compostela, que dotou de novas torres grandes e fosos reforzando a catedral, pero finalmente Sisnando rebelouse contra o rei e foi encarcerado. No seu lugar foi nomeado san Rosendo como bispo de Iria Flavia, pero á morte de Sancho I, Sisnando fuxiu do cárcere e expulsou a san Rosendo pola forza de Compostela. O deposto Rosendo profetizoulle que «Aquel que a espada fere, a espada morrerá» cando foi violentado no seu apousento a noite de Nadal do ano 966.

No ano 968 entran en Galiza os viquingos de Gunrod e aproveitando a desorde avanzan por estes territorios sen apenas resistencia. Ramiro III sucedera a Sancho I no trono de León con tan só cinco anos e parte da nobreza galega, inimiga de Ramiro III, non apoiou as mulleres rexentes (a súa nai Tareixa e a súa tía Elvira), que non puideron organizar un exército para facer fronte aos escandinavos. Os campesiños fuxiron dos campos e os viquingos cometeron todo tipo de desmandos; o exército de Gunrod arrasou as igrexas de Boente e de Santa Olalla de Curtis, e os seus monxes foron feitos prisioneiros.

En marzo de 968 Gunrod chega ás portas de Compostela, onde acampa á espera de poder entrar, con promesas que logo non cumprirían, para saquear a cidade. Mais Sisnando II encargárase da súa fortificación e organizou un exército que o 29 de marzo do ano 968 se enfrontou aos viquingos na batalla de Fornelos, parroquia de Rarís. En terras de Teo, o bispo Sisnando púxose á fronte das súas tropas de cabalaría, pero a súa temeridade levouno ao medio do campo de batalla sen maior defensa que o seu valor e morreu dun frechazo inimigo. As súas tropas foron derrotadas e os viquingos entraron en Compostela.

  1. 1,0 1,1 1,2 Torna, Cilia (29 de marzo de 2024). "Sisnando, un arcebispo compostelán do século X ao servizo de Castela". Nós Diario. Consultado o 20 de outubro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]