Saltar ao contido

Batalla de Fornelos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Fornelos
Tipobatalla Editar o valor en Wikidata
Causainvasión viquinga
Resultadovitoria viquinga
Belixerantes
Reino de Galicia Viquingos noruegueses
Líderes
Sisnando II de Iria Gunrod
Wikidata ]

A batalla de Fornelos foi unha batalla librada o 29 de marzo de 968,[1] probablemente preto do río Louro, entre os viquingos noruegueses de Gunrod (ou Gunderedo), que proviñan das súas bases no Loira,[2] e as tropas reunidas polo bispo de Iria Flavia, Sisnando Méndez.

A batalla

[editar | editar a fonte]

Os viquingos asaltaban as costas galegas dende había décadas, pois xa realizaran campañas no 844 e no 859[3] e, de novo, na terceira vaga de invasións no 968 desembarcaron nas Rías Baixas, segundo o Cronicón Iriense,[4] con 100 drakkars para saquear Galicia na súa totalidade, liderados polo caudillo noruegués Gunrod.[5] Entraron até o fondo da ría de Arousa e desembarcaron na Bacariza e dende alí marcharon cara Iria Flavia.[6]

O bispo de Iria Flavia, Sisnando II, organizou un exército para enfrontalos preto do Louro, en Fornelos,[6] onde logrou cercalos, pero non puido facer nada fronte aos invasores unha vez iniciado o enfrontamento. O bispo morreu[7] dun frechazo[8] e os viquingos seguiron coas súas incursións até o ano 970.

Consecuencias

[editar | editar a fonte]

Os viquingos pretendían establecer un reino coma o de Normandía e fóronse esparexendo por toda Galicia, permanecendo durante un ano[9] até que foron derrotados por Rosendo de Celanova e expulsados definitivamente de Galicia, contra o 970, por Sancho III cando ía en peregrinación a Santiago de Compostela.

Localización

[editar | editar a fonte]

O lugar no que ocorreu a batalla non está claro. Enrique Chao Espina situouna nas proximidades do río Louro,[8] algunhas fontes sitúana no lugar de Fornelos, na parroquia de Rarís, en Teo.[4]

  1. Ferreiro, Francisco. Historia compostelana, tomo IV, p. 9
  2. Forte, Oram, and Pedersen (2005), p. 60
  3. Scheen (1996), p. 69 e 71
  4. 4,0 4,1 "Patrimonio de Teo". www.concellodeteo.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2014. Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  5. Scheen (1999), p. 72
  6. 6,0 6,1 Almazán (1986), p. 100
  7. "Sancho, envenenado en Portugal". www.saber.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  8. 8,0 8,1 Sánchez Pardo, José Carlos (2010). "Los ataques vikingos y su influencia en laGalicia de los siglos IX-XI" (PDF). www.anuariobrigantino.betanzos.net. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de marzo de 2016. Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  9. Morales (1997)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Almazán, Vicente (1986). Gallaecia scandinavica: introducción ó estudio das relacións galaico-escandinavas durante a Idade Media. Colección: Ensaio e investigación. Vigo: Galaxia. ISBN 84-7154-524-1. 
  • Morales Romero, Eduardo (1997). Os vikingos en Galicia. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 9788481216615. 
  • Scheen, Rolf (1996). "Vikings raids on the Spanish Peninsula". Militaria: revista de cultura militar, (en inglés) (Madrid: Universidad Complutense de Madrid) (8): 67–88. ISSN 0214-8765. 
  • Velasco, Manuel (2005). Breve historia de los vikingos (en castelán). Ediciones Nowtilus. ISBN 84-9763-198-6. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]