Saltar ao contido

Casa de Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Familia Castro»)
Casa de Castro
caption
TítulosConde de Lemos
Marqués de Sarria
Conde de Andrade
Conde de Vilalba
Conde de Castro
Grande de España
Duque de Taurisano
FundadorFernando García de Hita

A Casa de Castro é unha liñaxe da nobreza ibérica, principalmente nos reinos de Galicia, Castela e Portugal. Aínda que a súa orixe é disputada, a Casa de Castro converteuse en unha das familias máis poderosas da nobreza ibérica.

O primeiro membro claramente identificado da familia foi o conde de principios do século XII, Fernando García de Hita, parente e vasalo de Orraca de Galicia, León e Castela. Este parentesco, xunto co seu patronímico, levouno a ser considerado un fillo ilexítimo do tío de Urraca García II de Galicia.[1] Máis recentemente, suxeriuse que era fillo do conde García Ordóñez pola infanta Urraca Garcés de Navarra, e quizais vasalo do clan Banu Gómez.[2]

Durante o reinado de Afonso VIII, a familia Castro, baixo Gutierre Fernández, rivalizaba con unha gran familia castelá, a Casa de Lara, polo poder no reino de Castela.

A falta de herdeiros na liña castelá provocou o ascenso dunha rama asentada en Galicia. Esta rama converteuse na máis poderosa da nobreza galega, e unha das máis poderosas de España. Tradicionalmente ligados á comarca de Lemos, os representantes máis ilustres foron o "Gran Conde de Lemos"[3] e o seu tío, o cardeal Rodrigo de Castro Osorio. Outro, Pedro Antonio Fernández de Castro aínda é moi recordado no Perú.

A Casa dos Castro converteuse nunha das familias máis poderosas da nobreza española e portuguesa. A Casa de Castro entrou en decadencia pola falta de descendencia, pasando a comarca de Lemos á Casa de Alba. O escudo da rama galega da Casa do Castro eran seis roundels azuis sobre un campo de prata. A rama portuguesa utilizaba unha variante que incluía trece roundels sobre ouro.

  1. Vázquez, Germán. Historia de Monforte y su Tierra de Lemos. ISBN 84-241-9865-4. 
  2. Salazar Acha, Jaime de (1991). El linaje castellano de Castro en el siglo XII: consideraciones e hipótesis sobre su origen. Anales de la Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía. ISSN 1133-1240. 
  3. Martinez García, Mónica (2005). O Gran Conde de Lemos, Santiago de Compostela. ISBN 84-453-3763-7.