Rodrigo de Castro Osorio
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de marzo de 1523 Valladolid, España |
Morte | 20 de setembro de 1600 (77 anos) Sevilla, España |
Cardeal | |
12 de decembro de 1583 – | |
Arcebispo de Sevilla | |
20 de outubro de 1581 – 20 de setembro de 1600 ← Cristóbal Rojas Sandoval (pt) – Fernando Niño de Guevara → | |
Bispo de Cuenca | |
13 de xuño de 1578 – ← Diego de Covarrubias y Leyva – Gómez Zapata (en) → Diocese: diocese de Cuenca | |
Bishop of Zamora (en) | |
30 de agosto de 1574 – 13 de xuño de 1578 ← Juan Manuel de la Cerda (en) – Diego de Simancas Simancas (pt) → Diocese: Diocese de Samora (pt) | |
Bispo | |
30 de agosto de 1574 – 20 de setembro de 1600 | |
Rector of the University of Salamanca (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico (1559 (Gregoriano)–1600) |
Consagración | Gaspar de Quiroga y Vela (pt) |
Familia | |
Pais | Álvaro Osorio e Beatriz de Castro |
Rodrigo de Castro Osorio, coñecido popularmente coma "Cardenal Rodrigo de Castro, nado en Valladolid[1] en 1523 e finado en Sevilla en 1600, foi Cardeal, Arcebispo de Sevilla e membro do Consello de Estado durante o reinado de Filipe II. Tío de Pedro Fernández de Castro y Andrade, sétimo Conde de Lemos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación
[editar | editar a fonte]Estuda dereito canónico en Salamanca, onde o seu irmán é bispo. O seu espírito inquedo condúceo a viaxar; Flandres, Portugal, Francia, Italia, Alemaña; viaxes nas que se fai cun importante patrimonio artístico, a maior parte do cal vai entesourando na cidade de Monforte de Lemos, á que o vencella unha forte predilección. Adquire un importante papel na corte de Filipe II, onde se lle encomendan importantes misións diplomáticas, ademais de formar parte do Consello de Estado e do Supremo Consello da Inquisición.
Personalidade
[editar | editar a fonte]O cardeal é moi criticado polo seu gusto polo boato e a suntuosidade. Sente unha grande afección pola Cetrería, da que queda constancia polo tratado de Pero López de Ayala que aínda se conserva no museo de Nosa Señora da Antiga, e que pertencía á súa colección persoal. Custosas partidas de caza e gran número de serventes e criados, ademais do gusto polo luxo e mailas obras de arte.
O seu outro aspecto era a súa xenerosidade e humanismo; crea unha residencia para rapazas en situación difícil, loita pola humanización do trato nas prisións, axuda ó clero empobrecido e axuda a construción e mellora de templos, hospitais e asilos, ademais de exercer de mecenas das artes. De el diría Lope de Vega nun popular soneto;
(Lope de Vega)
- "Príncipe glorioso
- que ya de mejor púrpura vestido
- rayos ciñe de luz, estellas pisa"
Colexio de Nosa Señora da Antiga
[editar | editar a fonte]É durante a convalecencia dunha grave enfermidade cando decide comeza-la monumental obra do Colexio de Nosa Señora da Antiga, o seu maior legado a Monforte de Lemos. O colexio, a única mostra de Estilo herreriano en Galicia, leva o nome da virxe sobre a que recaía a devoción do cardeal. Sobre esta mesma época instaura na cidade unha festa en honor das reliquias que foi atesourando, e que se conservan no museo do convento de Santa Clara (coñecido como as clarisas), de Monforte. A escritura de dotación do colexio outórgase en Madrid, estando presente o seu sobriño Pedro Fernández de Castro y Andrade, aínda moi novo, e que desenvolvería durante a súa vida moitos dos trazos do humanismo e paixón polas artes do seu tío.
Nunca a verá rematada, xa que falece en Sevilla no 1600. Deixa disposto no testamento o traslado dos seus restos a Monforte de Lemos, onde xacen, no Colexio de Nosa Señora da Antiga, baixo unha estatua realizada por Giambologna que o presenta en posición de rezo e enfrontado a unha pintura da virxe que acaparaba as súas devocións, Nosa Señora da Antiga, pintura que agacha tras de si o sepulcro da súa nai, Beatriz de Castro "A Fermosa".
Consideración
[editar | editar a fonte]Foi un auténtico home renacentista, tido por moitos autores coma o último gran príncipe eclesiástico, nado en Valladolid en 1523, por atoparse alí casualmente a súa nai, Beatriz de Castro, "A fermosa", III Condesa de Lemos, muller dunha beleza tal que deu en inspirar o popular verso:
De las carnes, el carnero/De los pescados, el mero/ De las aves, la perdiz/
De las mujeres, la Beatriz
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O seu nacemento en Valladolid é discutido por autores coma Germán Vázquez, dado que nunca se puido atopa-la partida de nacemento. Non obstante , a opinión maioritaria, obtida a través de documentos secundarios e terceiras persoas, é a do seu nacemento en Salamanca. Xermán Vázquez esgrime o seu testamento, no que, falando de Monforte de Lemos, dí; "por bien y utilidad de mi patria". Este argumento, si que serve, en troques, para que outros autores establezan a súa indiscutida "Galeguidade"; así dí Cotarelo; "Lonxe da patria, xamáis a olvida" "Dichosos serían para Don Rodrigo os días pasados na patria, xamáis olvidada"; en este orden de cousas, é moi criticado por rodearse, no seu Azebispado Hispalense, dunha corte de funcionarios Galegos, cos que, según Cotarelo, consultaba no seu idioma nativo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo. Los señores de Galicia. ISBN 84-98748-71-3.
- Hermida Balado. VII Conde de Lemos. ISBN.
- Vázquez, Germán. Historia de Monforte. ISBN.