Saltar ao contido

Praza da Quintana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Vista da Praza: ó fondo a escalinata.

A praza da Quintana é unha praza simbólica de Santiago de Compostela, formada pola confluencia da fachada sur da catedral de Santiago, a casa da Parra, o Convento de San Paio de Antealtares e a casa da Conga.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Está dividida por unhas escalinatas, que separan a chamada Quintana de Vivos -a un nivel superior- da Quintana de Mortos. Foi construída no século XVI trala decisión do cabido compostelán de converter o cemiterio medieval da Quintana de Mortos en praza pública, cara 1611, polo mestre Francisco Fernández de Araújo e por encargo co cóengo fabriqueiro da Catedral José Vega y Verdugo. Nas mesmas obras aproveitouse para pechar a fachada oriental da catedral cun muro corrido, a modo de pantalla, que cubría a cabeceira e as capelas absidais.

É moi utilizada en eventos públicos de carácter reivindicativo (manifestacións do día das letras galegas, día da Patria, manifestacións ou conmemoracións de Nunca Máis etc) ou lúdico, especialmente grandes concertos populares.

Placa na praza da Quintana.

Nos canzorros do alto da Casa da Parra hai unha cámara web da CRTVG, que renova a imaxe cada dous segundos e abrangue aproximadamente un ángulo de visión de 90º.[1]

Nela unha placa lembra a xesta do Batallón Literario durante a Guerra da Independencia Española co seguinte texto:[2]

A LOS HÉROES
DEL BATALLÓN LITERARIO
DE 1808
LOS ESCOLARES COMPOSTELANOS DE 1896
Y LOS AYUNTAMIENTOS
DE 1822, 1865 Y 1896.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. "Páxina que alberga a cámara web". 
  2. Tettamancy Gastón, Francisco (1911). Galos y Britanos, Batallón Literario de Santiago [Gauls and Britons, Literary Battalion of Santiago]. Diario de Campaña, años 1808 al 1812 (en castelán) (Impr. y fotograbado de Ferrer). 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]