Saltar ao contido

Río Corgo, río Sarela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Corgo, río Sarela
Imaxe
Río Corgo baixo a Ponte Mantible.
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaEspaña Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónO Meixonfrío Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónRío Sarela Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°54′N 8°32′O / 42.9, -8.53
Características
Dimensións5 (lonxitude) km

O Río Corgo, tamén coñecido como Río Corvo[1], é un pequeno río que nace no concello de Santiago de Compostela e desemboca no río Sarela. O río nace en Meixonfrío, ó norte da cidade, nun manancial á beira da rúa do Corgo. O seu percorrido é duns 5 quilómetros e discorre por algúns dos parques da cidade compostelá. Tamén hai treitos nos que o río foi artificialmente canalizado baixo a terra ó seu paso por zonas urbanas como interseccións de rúas ou a antiga feira do gando en Salgueiriños.

Características

[editar | editar a fonte]
Nacemento do río Corgo en Meixonfrío, Santiago de Compostela.

Ao pouco de nacer, o río ocúltase para reaparecer pouco despois en Salgueiriños. Ese treito do río forma parte dunha rede de parques e xardíns da cidade destinados ó lecer e ó paseo.[2][3]

O río Corgo penetra na propia cidade de Santiago de Compostela por un conxunto de parques: o Parque da Ponte Mantible, o Parque da Música e mais o Parque de Galeras.

No Parque da Ponte Mantible, o río Corgo pasa por debaixo da Ponte Mantible, un acueduto da Idade Media que levaba auga á catedral e ás fontes da zona vella da cidade. No Parque da Música, o río Corgo é retido para formar un lago artificial fronte ó Auditorio de Galicia, e a continuación percorre o resto do parque entre árbores e pontes.

Uns centos de metros despois de deixar o Parque da Música, as augas do río Corgo son canalizadas de novo, ata chegar ó Parque de Galeras, preto do vello Hospital Xeral de Galicia, e ó pé do Monte Pío (a residencia oficial da Presidencia da Xunta), onde o Corgo e o Sarela se xuntan.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]