Saltar ao contido

Praza de Cervantes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Busto de Cervantes na praza.

A Praza de Cervantes é unha praza da zona vella de Santiago de Compostela, o seu primeiro nome foi Praza do Campo, cara ao século XII pasou a ser coñecida como Praza do Foro, e posteriormente Praza do Pan.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

O seu actual nome débese á localización dun monumento dedicado da Miguel de Cervantes sobre a fonte da praza.

Nela celebrábase o mercado da cidade durante a Idade Media e era o lugar onde o pregoeiro oficial lía as ordenanzas arcebispais e do concello. Ata 1782 a Casa do Concello estivo nesta praza, no edificio que alberga na actualidade a Concellaría de Rehabilitación e Cidade Histórica[1], e nela tamén está a Igrexa de San Bieito do Campo.

  1. "Páxina do concello". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2010. Consultado o 04 de marzo de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]