Rúa das Casas Reais (Santiago de Compostela)
A rúa das Casas Reais é unha rúa do centro histórico da cidade de Santiago de Compostela, que vai desde a Porta do Camiño, unha das sete portas da antiga muralla, ao final da rúa de San Pedro, até a confluencia das rúas da Algalia de Arriba e da Algalia de Abaixo, preto da Praza de Cervantes. Por ela subían os peregrinos do Camiño Francés para achegarse á Catedral. A súa denominación que recorda que nela había un complexo de edificacións que pertencían á Real Audiencia de Galicia en Santiago, institución baixo o poder e o control da Coroa Real. A impresión de nobreza austera que presenta esta rúa, que debe o seu nome aos varios edificios que alí existían, onde residía o alto clero de Santiago. Na actualidade, desas casas de nobres, ademais do barroco pazo de Fondevila, só queda o Palacio Vello do Conde de Aranda, no que funcionou a primeira oficina do notariado de España.[1] Nela, diante do pazo de Fondevila, encóntrase a neoclásica Capela de Ánimas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pazo de Fondevila, en Centro Virtual Cervantes. Instituto Cervantes. Consultado o 4 de xuño de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bonet Correa, Antonio (1984). La arquitectura en Galicia durante el siglo XVII. Santiago de Compostela: CSIC. Instituto Padre Sarmiento. ISBN 84-000-2646-2.
- Vicente López, Simón (2012). Vega y Verdugo, Peña de Toro y la introducción del barroco en Compostela. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago / Teófilo Edicións. ISBN 978-84-9407-572-8.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|