Pazo de Fondevila
Pazo de Fondevila | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | pazo e edificio ![]() | |||
Parte de | Camiño de Santiago francés na provincia da Coruña ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | Santiago de Compostela ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | ? | |||
Identificador | 669-908 | |||
[ Wikidata ] |


O pazo de Fondevila é un pazo urbano situado no número 14 da rúa das Casas Reais de Santiago de Compostela, fronte da Capela de Ánimas.
Características
[editar | editar a fonte]A impresión de nobreza austera que presenta está acentuada polo lugar onde se ergue, na rúa das Casas Reais, que debe o seu nome aos varios edificios que alí existían, onde residía o alto clero de Santiago. Na actualidade, desas casas de nobres, ademais do pazo de Fondevila, só queda o Palacio Vello do Conde de Aranda, no que funcionou a primeira oficina do notariado de España.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O pazo foi construído inicialmente en 1660 pola familia Sánchez Boado para a esposa do alcalde Pedro Varela Fondevila.[2] Pero o seu aspecto actual débese ao arquitecto Clemente Fernández Sarela, que o reconstruíu no ano 1760. O nome do pazo débese, pois, a Pedro Varela Fondevila que, ademais de alcalde, era irmán de Xoán Varela Fondevila, bispo auxiliar da arquidiocese compostelá e cuxo corpo repousa na Catedral.[3]
A estrutura do edificio responde á típica arquitectura palaciana do barroco compostelán.[2] É de planta rectangular e consta de tres andares. Destacan nel os seus dous balcóns, un no frontón superior, e o clásico balcón nobiliario da segunda planta. No nivel inferior hai tres posíbeis accesos ao interior do edificio. A decoración céntrase na esquina en chafrán do edificio, na que se pode ver baixo un frontón circular, un ostentoso escudo coas armas do seu primeiro propietario. Tamén é notábel o encadramento das fiestras e os balcóns voados.[4][5][6]
O pazo de Fondevila foi unha das residencias da nobreza que residía no centro histórico compostelán, de aí o propio nome da rúa na que está situado, aínda que co paso dos anos esta zona centro da cidade acabou quedando en desuso por parte da nobleza debido a que a zona se converteu en punto comercial preferente para os santiagueses. O seu último uso coñecido foi o de albergar a biblioteca da fundación dunha entidade financeira, a extinta Caja Madrid.[5][6]
Na actualidade
[editar | editar a fonte]Na actualidade o edificio non é visitábel, sendo de propiedade privada desde que foi comprado, en decembro de 2019, polo grupo de restauración "La Penela", polo que pronto volverá a recobrar a vida no seu interior, posto este grupo investidor presentou xa o proxecto ao Concello de Santiago de Compostela para abrir un restaurante de cociña galega neste espazo. «Encontramos o pazo en bastante bo estado, porque xa fora rehabilitado para os seus anteriores usos», dixo o xerente do grupo, que espera abrir este mesmo ano de 2021 para aproveitar o tirón do Xacobeo.[5][6][7][8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pazo de Fondevila, en Centro Virtual Cervantes. Instituto Cervantes. Consultado o 4 de xuño de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 Alonso Ruiz, Begoña (1993): Arquitectura señorial en el norte de España. Oviedo: Universidade de Oviedo. ISBN 978-84-7468-780-4, pp. 55-56.
- ↑ Pazo de Fondevila en Artehistoria.
- ↑ Pazo de Fondevila en santiagoturismo.com.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Compostela, de pazo en pazo". El Correo Gallego. 19 de febreiro de 2018. Consultado o 4 de xuño de 2021.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Pazo de Fondevila en paxinasgalegas.es.
- ↑ Calveiro, Patricia (26 de febreiro de 2021). "Avanza el proyecto del grupo La Penela para abrir un restaurante en el santiagués pazo de Fondevila". La Voz de Galicia. Consultado o 4 de xuño de 2021.
- ↑ García, David García (4 de xuño de 2021). "La historia del éxito empresarial de La Penela: de Coirós a París, pasando por A Coruña, con la tortilla de Betanzos". La Voz de Galicia. Consultado o 4 de xuño de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pazo de Fondevila |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Pazo de Fondevila en Facebook.
- Pazo de Fondevila. Web Oficial de Turismo de Santiago de Compostela y sus alrededores.
- Pazo de Fondevila. En portalviajar.com.