Saltar ao contido

Mercado de Abastos de Santiago de Compostela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mercado de Abastos de Santiago de Compostela
Acceso central ao mercado
Coordenadas42°52′48″N 8°32′28″O / 42.87999, -8.54124
editar datos en Wikidata ]

O Mercado de Abastos ou Praza de Abastos de Santiago de Compostela é unha obra mestra da arquitectura europea do século XX localizada no centro histórico da capital galega. É o único mercado público da cidade e destaca especialmente pola calidade dos seus produtos de proximidade e pola presenza de produtores locais e paisanas, sendo ademais un dos lugares máis queridos de Compostela.[1]

Historia e características

[editar | editar a fonte]
Tres fotografías da Praza un sábado de abril de 2018.

O mercado actual, ideado polo arquitecto Joaquín Vaquero Palacios[2] (1900-1998) é un proxecto visionario que posúe como idea reitora "a integración da aldea e o campo da cidade"[1]. É unha obra [3]que, pola época na que foi realizada, foi incomprendida por algúns historiadores que defenderon que seguía “os gustos estéticos neorrománicos do novo réxime”[4]. Porén, o crítico Enrique Muga advertía no ano 1983 sobre esta confusión e sobre os valores arquitectónicos do mercado[5]. As instalacións actuais substituíron o desaparecido Mercado da Cidade, que se derrubou catro anos antes, en 1937[6]. A función mercantil da zona remóntase ao século XVIII. A construción do mercado primitivo proxectouse en 1870 e concluíu en 1874, namentres que as obras do actual (conformado por un total de oito naves) comezaron en 1938 e remataron en 1945[7]. Está localizado entre a igrexa de San Agostiño e a igrexa de San Fiz de Solovio.

É o lugar máis visitado da cidade despois da catedral de Santiago[8].

Os mellores produtos frescos de temporada tales como queixo, chacina, peixe, marisco, verdura ou carne están á venda tanto nos locais habilitados nas distintas naves coma nos arredores.

  1. "Mercado de Abastos de Santiago". www.mercadodeabastosdesantiago.com. Consultado o 2024-09-27. 
  2. Mercado de Abastos. Santiago de Compostela Arquivado 31 de decembro de 2017 en Wayback Machine., por Juan Ignacio Robles, profesor de Antropoloxía Social na Universidade Autónoma de Madrid (en castelán).
  3. "Os segredos do Mercado de Abastos de Santiago de Compostela". 
  4. VVAA. Historia de la ciudad de Santiago de Compostela. 2003. Ed. Universidade Santiago de Compostela. coord. Ermelindo Portela Silva, páx. 576.
  5. Muga, Enrique (1983). "El interés de una obra de los años cuarenta". Composición arquitectónica. 
  6. Historia do Mercado na páxina web Santiagoturismo.com.
  7. Historia e futuro da Praza de Abastos Arquivado 31 de decembro de 2017 en Wayback Machine., nova en El Correo Gallego o 24 de decembro de 2014.
  8. Información Arquivado 31 de decembro de 2017 en Wayback Machine. sobre a Praza no sitio web do Concello de Santiago..

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]