Auditorio de Galicia
Aparencia
Auditorio de Galicia | |
---|---|
Edificio | |
Localización | Santiago de Compostela |
Coordenadas | 42°53′22″N 8°32′40″O / 42.889555, -8.544446 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Auditorio de Galicia é un edificio situado en Santiago de Compostela, deseñado por Julio Cano Lasso e Diego Cano Pintos. Inaugurouse o 20 de outubro de 1989.
Encadrado no Programa nacional de auditorios, a obra foi financiada polo Ministerio de Cultura, a Xunta de Galicia e o concello de Compostela, coa colaboración de entidades privadas.
Desde 1996 é a sede permanente da Real Filharmonía de Galicia.
Salas
[editar | editar a fonte]O Auditorio de Galicia conta con catro salas:
- Sala Ángel Brage
- É a sala principal do auditorio. Trátase dun espazo con capacidade para 1.002 espectadores[1] acondicionado para acoller representacións teatrais, ballet e ópera, así como concertos de música sinfónica e para a organización de congresos.
- Sala Mozart
- É unha pequena sala con capacidade para 260 espectadores[1] destinada entre outras actividades a concertos, conferencias e ensaios teatrais. Como é unha sala independente pódese usar á vez que as outras salas.
- Sala Isaac Díaz Pardo
- Sala Circular
- É a máis pequena das salas. Ten capacidade para 50 persoas[1], está destinada á celebración de coloquios, conferencias de prensa ou presentacións.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |