O Centro Comercial As Cancelas é un recinto de tendas e lecer na cidade de Santiago de Compostela. Foi inaugurado o 15 de novembro de 2012, converténdose no terceiro centro comercial da capital galega, despois de Área Central (1993) e o CC Compostela (1998). O edificio está situado no norte da cidade, na Av. Camiño Francés, a carón da entrada do Camiño de Santiago no núcleo urbano da cidade. Recibe o seu nome por estar construído ó pé do monte das Cancelas.
A superficie comercial total de As Cancelas é de 50.800 metros cadrados, dividida en 3 andares, cun total de 114 locais. No primeiro andar atópase un hipermercado e outros 46 locais de tendas variadas. No segundo andar atópanse principalmente tendas de roupa, calzado e complementos. Pola súa banda, o terceiro andar está enfocado ó lecer e á restauración. No soto hai dous andares de aparcadoiro con capacidade para 2.150 coches.
A construción do recinto foi promovido polas inmobiliarias Carrefour Property España e REALIA ó 50% cada unha, a través da sociedade "As Cancelas Siglo XXI".