Facultade de Medicina e Odontoloxía de Santiago de Compostela
Aparencia
Facultade de Medicina e Odontoloxía de Santiago de Compostela | |
---|---|
Coordenadas | 42°52′58″N 8°32′59″O / 42.8827507, -8.549606 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Facultade de Medicina e Odontoloxía de Santiago de Compostela é unha institución docente da Universidade de Santiago de Compostela situada en tres localizacións: na rúa de San Francisco, s/n, onde se imparte Medicina (e onde está a Biblioteca da Facultade); na rúa Entrerríos, s/n, onde se cursa Odontoloxía, e na rúa da Choupana, s/n, onde está o Edificio Docente Roberto Novoa Santos.
Estudos impartidos
[editar | editar a fonte]Na Facultade de Medicina e Odontoloxía impártense as seguintes titulacións:[1]
- Grao en Medicina.
- Grao en Odontoloxía.
- Mestrado Universitario en Investigación Biomédica.
- Mestrado Universitario en Condicionantes Xenéticos, Nutricionais e Ambientais do Crecemento e Desenvolvemento.
- Mestrado Universitario en Investigación en Ciencias da Visión.
- Mestrado Universitario en Saúde Pública.
Equipo de goberno
[editar | editar a fonte]O equipo de goberno da Facultade está integrado por:[2]
- Decano: Julián Álvarez Escudero.
- Vicedecano: José Martín Carreira Villamor.
- Vicedecana: Ángela María Torres Iglesias.
- Vicedecano: Jacobo Limeses Posse
- Secretaria: María Teresa Castaño Oreja
Departamentos
[editar | editar a fonte]Na Facultade imparten docencia os seguintes Departamentos da USC:[3]
- Bioloxía Funcional
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Ciencias Morfolóxicas
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Filosofía e Antropoloxía
- Física Aplicada
- Fisioloxía
- Fundamentos da Análise Económica
- Historia
- Matemática Aplicada
- Matemáticas
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Organización de Empresas e Comercialización
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Química Física
- Química Orgánica
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]