Área Central
Área Central | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | centro comercial ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | Santiago de Compostela ![]() | |||
Datas | ||||
Inauguración | 20 de outubro de 1993 ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Premios | ||||
Contacto | ||||
Páxina WEB | areacentral.es ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Área Central é un complexo cívico comercial de Santiago de Compostela, sito no barrio de Fontiñas. Inaugurado o 20 de outubro de 1993, foi o primeiro centro comercial da capital de Galicia.
Descrición
[editar | editar a fonte]A superficie comercial de Área Central é de 30.500 m², en dous andares e un semisoto. O edificio ten planta cadrada, e nel hai unha rúa comercial de 658 metros de longo co teito acristalado, 656 vivendas, 50 oficinas, 160 tendas, un hotel, garderías, bares, e diversos locais de xogo. No centro do edificio hai unha praza central descuberta de 10.000 m².
Algúns dos locais que se poden atopar no centro comercial son Alcampo, Pizza Móvil, Gasthof, Abanca, Movistar, Orange, Yoigo, Alfonso Joyeros, Atempo, Óptica Val, Blu:sens, La Caja de Pandora, Purificación García, Roberto Verino, Dayaday, Garrote, Fiuncho Floristerías, Clean & Clean, Foto Sistema, Loterías etc.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- IV Edición Premio San Martiño de normalización lingüística (1994), no Concello da Estrada.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Exterior de Área Central.
-
Tellado acristalado.
-
Escultura Gran Nai de Ramón Conde.