Pizza Móvil
Pizza Móvil | |
---|---|
![]() ![]() | |
Tipo | Privada |
Fundación | 1989 |
Localización | Vigo |
Industria | Alimentaria |
Na rede | |
pizzamovil.es ![]() | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |

Pizza Móvil é o nome comercial de Vidisco S.L., unha empresa de comida rápida nacida en Vigo en 1989. Actualmente a empresa pertence ao grupo portugués Ibersol, e conta con 67 locais en toda España, algunhas delas franquiadas, posiciónase como a terceira empresa do sector no estado.
Historia
[editar | editar a fonte]Pizza Móvil é unha empresa de comida rápida e distribución a domicilio, especializada na elaboración de pizzas, nacida en Vigo, onde ten a súa sede operativa. Conta con 2 fábricas no Porriño (provincia de Pontevedra) e en Barcelona. Orixinariamente nace dunha mesma raíz que Telepizza, pero por desencontros de directivos deciden separarse seguindo a súa evolución como empresas separadas.
En Asturias a súa primeira tenda colocárona en Siero, no complexo Parque Principado, para instalarse posteriormente en Xixón, Oviedo e Avilés. Seguindo un plano de expansión abrirán dúas novas tendas en Xixón e Oviedo, así como en La Felguera e Mieres.
As súas masas son frescas e están avaladas polo selo de Galicia Calidade[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Masa fresca para pizzas "Pizza Móvil", artigo en www.galiciacalidade.es.